O Concello de Maside crea un servizo de información e xestión catastral
Deste xeito, o Concello facilita a xestión a moitos propietarios interesados en tramitar calquera expediente menos cambios de dominio, todo tipo de trámites, tales como altas, modificacións, agrupacións en rústica urbana, segregación en urbana, e cámbeos de cultivos e aproveitamentos.
O novo servizo enmarcase dentro do convenio asinado entre o Concello de Maside e o Catastro, polo que desta maneira, evitanse desprazamentos e reducense gastos ós interesados. ademaís, redúceselle o tempo de resolución, e poderá procederse dunha forma máis áxil á tramitación de todo tipo de expedientes. O Servizo de Atención para a Xestión Catastral comezará a funcionar o próximo mes de marzo coa seguinte periodización e ubicación:
- Lugar: Antiga Casa Sindical de Maside.-
- Primeiro e último xoves de cada mes, de 10.00 h a 14.00 h (de coincidir algún en festivo, pasaría ó día seguinte, venres).