A Consellería de Educación inviste 400 mil euros na ampliación do CEIP de Maside
O Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martinez, mantivo unha reunión co director do CEIP de Maside, Luis Veloso, e o portavoz do Partido Popular en Maside, Casimiro Campo, na que se concretou o proxecto de ampliación do CEIP de Maside, Na actualidade, o centro -no que estudan 220 rapaces dos Concellos de Maside, Punxín e San Amaro- está dividido en dous edficios que distan dun kilómetro de distancia, nun deles están os alumnos e alumnas de infantil e primaria, e no outro os rapaces de secundaria. Será neste último, ónde a Conselleriía de Eduacíón vai acometer a obra de ampliación, coa construcción dun edificio anexo de 300 metros cadrados con capacidade para seis aulas de infantil e primaria. A Consellería vai investir nesta ampliación arredor dos 400 mil euros. Martinez asegurolles tanto ó director do CEIP coma o voceiro do PP, que a Xunta está a facer todo o posible para acelerar os trámites, de tal maneira que "estáse redactando o proxecto, no verán está previsto que comecen as obras e no vindeiro mes de decembro o CEIP de Maside podería estar en funcionamento ó completo". Finalmente, o Delegado Territorial tamén lles trasladou que a Xunta xa está a estudar o posible uso que se lle vai dar o edificio que quedará valeiro, sito nas aforas da vila de Maside, e que está declarado ben de Interese Cultural.