A vila de Maside recupera a feira do dia 9
A vila de Maside recupera así unha vella tradición, que noutros tempos formaba parte da vida comercial e social masidá, a celebración das feiras, que eran dúas no mes, os dias 9 e 23. O Concello de Maside pretende con esta iniciativa dinamizar o comercio local, e recuperar ademáis o sentido social da feira como punto de encontro e interrelación entre a veciñanza das distintas parroquias masidás e mesmo doutros concellos limítrofes. Asi, desde este 9 de abril, todos os dias 9 de cada mes, Maside recuperará o ambiente de feira, coa colaboración dos vendedores ambulantes, que nun número superior ós 30 xa confirmaron a súa asistencia, intalando os seus postos no entorno da Alameda, en horario de mañá. Ademáis, as casas de comida e restaurantes de Maside ofrecerán cada dia 9 un menú tradicional de feira, a base de richada e carne ó caldeiro. E tampouco faltarán a cita as polbeiras de Arcos. Ademáis, os que se acheguen atá Maside terán ocasión de mercar nos establecementos comerciais de Maside, con recoñecida e merecida sona dalgunhos productos, coma o pan ou os doces, onde as cañas fritas merecen unha mención especial. O Alcalde de Maside, Celso Fernández, salientaba no programa a "A Mañá de Cope" o esforzo que se fai desde o Concello para dar unha nova oportunidade ó comercio e a hostelería local e "para aprobeitar as grandes posiblidades que tén hoxe Maside pola súa privilexiada situación extratéxica no tocante ás infraestructuras de comunicación, que permite a calquera veciño da Comarca estar en Maside en apenas 5 minutos"