Feijóo inaugura a depuradora do Carrás e os socialistas adxudicanse o mérito da súa construcción

5, Agosto 2011

A visita institucional do Presidente da Xunta ao Concello do Carballiño, que servíu para inaugurar a nova depuradora de residuais do Carrás, motivou a reacción da Agrupación Local do PSdeG-PSOE, emitindo un comunicado no que afirman "que a inauguración da nova pranta depuradora é un mérito do PSdeG, e máis concretamente do seu secretario xeral, Pachi Vázquez, que promoveu, sendo conselleiro de medio ambiente, o proxecto, a licitación e execución de esta obra esencial para o saneamento integral do Carballiño". Os socialistas tamén se adxudican a consecución de outras actuacións no Carballiño, con investimentos que elevan atá os 9,3 millóns de euros, entre os que estarían  a ampliación da depuradora do Arenteiro, o saneamento do rural ou as urbanizacións ras rúas Marcelino Parrondo ou a urbanización Ben-cho-sei, "ésta é a verdadeira herencia que lle deixamos os socialistas a todos os carballiñeses", afirman.

Alberto Núñez Feijóo foi recibido na casa do concello polo Alcalde Argimiro Marnotes e unha parte da corporación municipal, tras interesarse por algunhos aspectos da vida municipal, o Presidente da Xunta asinou no libro de honra do Concello, para logo trasladarse atá as instalacións da nova EDAR do río Carrás, nas inmediacións do Penedo de Partovia, acompañado do Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, e varios Alcaldes da Comarca que se uniron a este acto celebrado baixo carpa. No mesmo, Feijóo referíuse ó Carballiño "como ún dos poucos lugares de Galicia que levan á natureza no seu propio nome, que naceu ó pé dun carballo...e con este concello que leva a natureza no seu nome, a Xunta de Galicia tiña que ter unha especial sensibilidade co seu medio ambiente, naceu asi un proxecto, o de esta EDAR, alá polo 2007, que mellora a calidade das augas do río Carrás, e polo tanto do Arenteiro, o Avia e o mesmo Miño".  O investimento autonómico desta obra, incluidos os 10 kms. de colectores, ascende a 6.916.252 euros.

O Alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, aprobeitou a súa intervención, para repasar outros proxectos que deberán resolverse durante este mandato, con axuda autonómica, entre os que citou como prioritario a urbanización do entorno da Veracruz, tamén o museo do papel, con serios problemas -dixo- sobre a titularidade legal dos terreos, a posta en marcha do parque intercomarcal de bombeiros e a modificación do Plan Xeral, "no que se planifique unha circunvalación que sexa factible facer por medio dun convenio". Tamén se referíu Marnotes a cosntrucción dunha estación intermodal de transportes e a un novo centro de saúde.