A sesión de fogos de "Pirotecnia Abad", o mellor das festas deste ano

18, Setembro 2011

As sesións de fogos artificiais volveron ser os acontecementos máis seguidos das festas do setembro. Miles de persoas presenciaron as tiradas de "La Gallega" e "Pirotecnia Abad", ésta última congregou na noite do sábado a unha multitude que disfrutou dunha das sesións de fogo voador máis espectáculares dos últimos anos no Carballiño.

A pirotecnia de Leiro estivo a unha gran altura, pola calidade e cantidade do espectáculo ofrecido, que foi despedido ao seu remate cunha gran ovación por parte do público que abarrotaba a Praza do Emigrante e as rúas máis próximas, no evento máis concurrido das festas deste ano.

Unha explosión de colorido apoderouse do ceo do Carballiño durante 20 minutos, cunha perfecta adaptación e orientación ao entorno da Alameda, sen perder en ningún momento o rítmo e cunha cuidada e moi lograda progresión secuencial "Pirotecnia Abad" puxo en escea un magnífico espectáculo. Ao final, unanimidade, o mellor do programa destas festas do setembro 2011.