2-0 do Arenteiro ante o Cortegada en Espiñedo
O mellor que deixou o partido co Cortegada desde logo que foi o resultado, o 2-0 final no marcador que perimite ao Arenteiro sumar a terceira victoria da liga e seguir no liderato da categoria da 1ª autonómica. Foi un mal partido dos locais que xogaron toda a primeira parte moi despistados, sobre todo en defensa, aínda que a falla de acerto nos últimos metros do Cortegada deixaron os 3 puntos en Espiñedo. Nada máis iniciarse o partido o meta Samuel salvou un man a man cun dianteiro visitante no que pudo adiantarse o Cortegada. O gardameta carballiñés protagonizou a xogada polémica do partido cando se víu obrigado a derrubar a un atancante do Cortegada fora da área, e no que os afeccionados do Ribeiro pedían a vermella para Samuel, sen embargo o árbitro interpretou que o xogador visitante non encaraba a porteria e a xogada non supoñía unha ocasión manifesta de gol, polo que ensinou o cartón amarelo ao meta carballiñés. Antes; Iglesias, moi oportuno igual que o dia do Allariz, aproveitou un balón dentro da área marcar o primeiro gol do Arenteiro.
Tralo descanso, Dacosto cambeou a insegura defensal local, deixou no vestiario a César e Pana e no seu lugar entraron Viñas e Igor. Foi no tramo final do partido, tras a incorporación no equipo de Canexón, cando o Arenteiro tivo as mellores oportunidades para incrementar a súa aventaxe no marcador, e sería precisamente Canexón quen faría o 2-0 desde un tiro cruzado desde fora da área, minutos antes o propio Canexón protagonizara a mellor xogada do partido, ao canear a dous rivais e enviar un medido centro que ningúen soubo rematar.
RESULTADOS DA 3ª XORNADA
| CD Velle | 1 - 0 | AT Villarino | |
| SD Nogueira Ramuin | 3 - 1 | Maside CF | |
| A Peroxa CF | 4 - 0 | Ponte Ourense SAD | |
| CD Ramiranes | 0 - 2 | UD Barbadas B | |
| SD Valenza | 0 - 0 | CD Allariz | |
| AD Covadonga | 4 - 2 | CF Monterrey | |
| CD Arenteiro | 2 - 0 | CF Cortegada | |
| SD Melias | 2 - 2 | Poligono San Ciprian | |
| UP Taboadela | 1 - 1 | CD Maceda | 
CLASIFICACIÓN 3ª XORNADA
| Pos | Equipo | Ptos | Ju | Ga | Em | Pe | Gf | Gc | 
| 1 | CD Arenteiro | 9 | 3 | 3 | 0 | 0 | 8 | 2 | 
| 2 | A Peroxa CF | 7 | 3 | 2 | 1 | 0 | 7 | 1 | 
| 3 | SD Nogueira Ramuin | 7 | 3 | 2 | 1 | 0 | 7 | 3 | 
| 4 | AD Covadonga | 6 | 3 | 2 | 0 | 1 | 10 | 6 | 
| 5 | Ponte Ourense SAD | 6 | 3 | 2 | 0 | 1 | 4 | 5 | 
| 6 | CD Velle | 5 | 3 | 1 | 2 | 0 | 5 | 4 | 
| 7 | UP Taboadela | 5 | 3 | 1 | 2 | 0 | 5 | 4 | 
| 8 | SD Valenza | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 2 | 
| 9 | CD Allariz | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 2 | 
| 10 | CF Cortegada | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 4 | 5 | 
| 11 | CD Maceda | 3 | 3 | 0 | 3 | 0 | 4 | 4 | 
| 12 | CD Ramiranes | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 4 | 
| 13 | UD Barbadas B | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 3 | 7 | 
| 14 | Poligono San Ciprian | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 3 | 4 | 
| 15 | SD Melias | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 3 | 4 | 
| 16 | Maside CF | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 1 | 5 | 
| 17 | CF Monterrey | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 4 | 9 | 
| 18 | AT Villarino | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 2 | 7 |