Por segundo ano consecutivo: O Arenteiro xogará a final de Copa Deputación no Couto

5, Xuño 2016

Un gol de Vitti nos primeiros compases do partido en Bande igualou a eliminatoria, despois o Arenteiro tivo varias ocasións para sentenciar pero as sensacionais intervencións do meta local Suso levaron a eliminatoria á tanda de penaltis, na que os verdes gañaron 4-5.

Apenas ían 3 minutos de partido cando un centro de Martín Pérez dende a banda dereita é rematado maxistralmente de cabeza por Vitti ao fondo da portería banduense. Logo, tan so unhos minutos despois, á saída dun corner outro impresionante testarazo de Dani Arbo pudo deixar a eliminatoria medio sentenciada, pero o árbitro anula o gol, non se sabe moi ben o por qué.

A partir desa xogada o partido atástase, o Arenteiro parece que aflouxa e o bande tan so se aproxima á portería de Pachi a balón parado. Tras o paso por vestiarios, todo sigue igual, aínda que o bande intenta botar o resto pero con moi pouca bagaxe ofensiva, apenas un par de ocasións que resolve moi atento Pachi.

O Arenteiro gozaría das mellores ocasións do partido para ampliar a renta no marcador, por tres veces, e por medio de Vitti, Sanginés e Pana, pero o meta local Suso -soberbio toda a tarde- consigue que o seu equipo chegue vivo á tanda de penaltis.

E chegaron os momentos máis emocionantes da tarde, dende os 11 metros, marcaron os cinco lanzadores do Arenteiro: Dani Chimpin, Sanginés, Victor Gallego, Dani Arbo e Iván Portos. Pachi desviou o primeiro lanzamento do Bande.

CD Arenteiro: Pachi, Vilachá, Maxi, Arbo, Pana, Bardelás, Victor Gallego, Dani Chimpin, Martín Pérez, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Sanginés, Pol. Esteban e Iván Portos.

A gran final: CD Arenteiro - Polígono San Cibrao, o sábado dia 11 ás 7 da tarde no estadio do Couto

O Arenteiro xogará a segunda final consecutiva da Copa Deputación de Ourense de Fútbol, será desta vez ante o equipo do Polígono San Cibrao, recén ascendido á Preferente Autonómica.

Para comodidade dos afeccionados do Arenteiro, poderán adquirirse as entradas, que teñen un prezo de 7 euros, xoves e venres no Stand de CD Arenteiro na Praza Maior, de 7 a 9 da tarde e tamén o sábado de 12 da mañá a 2 da tarde. Tamén se habilitarán  puntos de venda en Bar Caserío, Bar Soldado e Fútboleros.

Ademáis, tamén se poñen é venda, ao prezo de 5 euros, camisetas conmemorativas, asi como diverso "merchandising" do club.