O imperio do absurdo

2, Marzo 2017

Resulta chamativo que unha empresa eminentemente neglixente por deixar prescribir máis de 3 millóns de euros, sexa recompensada cunha renovación de tres anos, e cun incremento importantísimo dos seus honorarios.

Estiven escoitando a comparecencia do voceiro do BNG, e quero felicitalo.

Semellaba que no concello do Carballiño reinaba o auténtico caos. Por unha banda esta absurda licitación. Por outra banda un colaborador necesario para a concreción desta tropelía, un concelleiro desubicado que un día pide a dimisión do alcalde o outro di que hai que baixarlle o soldo, e o anterior día falaba de consenso e de felicidade matrimonial. E por fin podo escoitar unha persoa sensata que fala do hai que falar. Falou do informe de intervención, muy desfavorable con respecto a esta empresa (é o máis lóxico habida conta dunha xestión nefasta). Falou da imposibilidade material de remunicipalizar de inmediato a recadación, porque quenes debían facelo, estaban durmindo e deixaban pasar o tempo. Propuxo alternativas lóxicas e viables, como unha xestión pública temporal por parte da Deputación no período de transición á remunicipalización, e amosou respecto tanto polo alcalde (cando o máis sinxelo sería sumarse a tolemia do das mareas pedindo desconto de soldo), como  polo concelleiro que se atopa nun lío que nin él se aclara.

Sr. Chema Ferreiro: Menos mal que nos queda Portugal, menos mal que ainda hai xente que ten neuronas, sensatez e elegancia, que non é nada común nestes tempos.

Estou de acordo co quee deixou patente o Sr. Chema: O alcalde, xa ten que empezar a sair a decir esta boca é miña, e non esconderse baixo o concelleiro Adolfo. O alcalde debe explicar por qué quere licitar este servizo sin pasar por Pleno, e non estaría de mal que explicase se algo ten que ver o feito de que a súa dona traballe dende hai ben anos nesta empresa, inefizaz, e costosísima para os intereses xerais do Carballiño.