A Valedora do Pobo admite a queixa de Iago Fariñas contra a actitude do alcalde e require información ao concello do Irixo

14, Setembro 2017

A Valedora do Pobo admitíu a trámite a queixa presentada pola actitude do alcalde do Irixo Manuel Penedo que, ao non facilitar o acceso á información municipal, está obstaculizando a labor fiscalizadora da oposición municipal, actitude do rexedor que podería ser constitutiva dun delito de prevaricación.

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, denunciou a modo de QUEIXA ANTE A VALEDORA DO POBO que dende o mes de febreiro o alcalde do Irixo nin resposta nin lle da acceso a expedientes solicitados.
A queixa presentada fundamentase na seguinte EXPOSICION DE MOTIVOS:

PRIMEIRO.- Que no artigo 77 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, recoñécese o dereito dos membros das Entidades Locais a obter do Alcalde cantos antecedentes, datos ou informacións obren no poder dos servizos da corporación e resulten precisos para o desenrolo da súa función.

SEGUNDO.- Que na condición de concelleiro do concello do Irixo;
1º.- O pasado 16 de febreiro de 2017, se presentou “ACCESO A INFORMACIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE O IRIXO EN RELACIÓN O EXPEDIENTE DO PLAN PROVINCIAL 2017 DA REDE VIARIA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DE OURENSE.” na que se solicitou “Copia/ou acceso de ser o caso o expediente completo do EXPEDIENTE SOBRE O PLAN PROVINCIAL 2017 DA REDE VIARIA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DE OURENSE.”

2º.- O pasado 3 de marzo de 2017, se presentou solicitude de “Copia/ou acceso de ser o caso o expediente completo SOBRE UN PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DO CONCELLO DE O IRIXO.”

3º.- O pasado 10 de marzo de 2017, se presentou “ACCESO o Modelo 347 da Declaración Anual correspondente ó exercicio 2016, coa relación de operacións con terceiras persoas. “na que se solicitou “…copia e no seu defecto acceso o Modelo 347 da Declaración Anual correspondente ó exercicio 2016, coa relación de operacións con terceiras persoas nesa anualidade por parte de este concello.”

TERCEIRO.- Que en datas de 3 e 31 de marzo de 2017 mediante sendos escritos púxose en coñecemento do Sr. Alcalde que o acceso a dita información foi concedido mediante silencio administrativo pola falla de resposta do Sr. Alcalde as peticións de acceso a dita información feita por este concelleiro por escrito os pasados 16 de febreiro, 3 de marzo e 10 de marzo de 2017 respectivamente, isto supón a concesión da autorización solicitada por silencio, unha vez transcorridos os cinco días establecidos (arts. 77.2 LRBRL y 14.2 ROF).

CUARTO.- Que en ditos escritos se lle recordaba que o ter concedido o acceso por silencio administrativo, o Sr. Alcalde deste concello debe sen máis demora dar acceso o mesmo, de non proceder a conceder o acceso o mesmo se mais demora, se lle advirte que esta vostede cometendo un presunto delito de “PREVARICACIÓN ADMINISTRATIVA” penado entre outras penas con inhabilitación para desempeñar cargo publico e do que se dará conta a autoridade competente se non da acceso os expediente nos próximos días.

QUINTO.- Que a pesar de todo elo, e pasados xa mais de 6 meses dende as solicitudes, o Sr. Alcalde segue sen dar resposta as petición formuladas a sabendas, o que e escandaloso ademais de estar cometendo como xa reiteramos, un presunto delito de prevaricación administrativa, feito este que xa se ten producido en ocasión anteriores.

SEXTO.- Que debo apuntar que o concello de O Irixo e un concello de pouco mais de 1.500 habitantes que dispón entre o seu funcionariado de dous administrativos, que nos últimos anos estiveron sempre no seu posto de traballo, non existiron baixas laborais nin períodos vacacionais dende as solicitudes de información referidas, que puideran afectar o correcto funcionamento da actividade administrativa deste concello e que puideran ocasionar a falla de resposta nas súas petición a este concelleiro, ademais de que hai tres membros do goberno municipal con tres dedicacións parciais remuneradas en mais de 73 mil euros, o que fai inxustificable que non se atendan as petición deste concelleiro.

SEPTIMO.- Que o único motivo e impedir o acceso de este concelleiro a información para que non poida facer a súa labor fiscalizadora, e non poida ter coñecemento dos expedientes referidos e así non poda informar a veciñanza.