Sr. Fumega, deixe de enganar se non é moito pedir

19, Febreiro 2018

Debe ser que os do PSOE xa están en campaña e deléitannos coa súa falsa propaganda nos diarios. Sr. Fumega: Iso de mentir está moi mal. Se vostede minte con dolo, é dicir, con vontade manifesta de mentir está moi mal, e se minte por ignorancia está bastante mal.

Coa esperanza de que minta vostede por ignorancia vou colocarlle unhas imaxes e espero que lle saian a vostede as cores cada vez que volva repetir que as contas do Concello están ao cento por cento saneadas e  que ten un superávit de 3 millóns de euros. Revise cada unha das imaxes que lle vou a deixar, porque son as contas enviadas polo propio concello ao Consello de Contas. Pode vostede gardalas no seu computador e estudalas con detemento. Son as do exercicio 2016, porque as do exercicio 2017 ten vostede de prazo para envialas en tempo, ata o 15 de Outubro de 2018, e aquí estaremos para sacarlle as cores se persiste na súa actitude.

Mire, a primeira imaxe que lle vou a colocar, e púxena en vermello socialista (coa esperanza de que así vostede a entenda), é a da débeda que temos cada un dos habitantes do Carballiño por culpa do concello, e é  de 467.50 euros. Porque a débeda total do concello é de 6504781.62 euros e dividida entre os 13900 habitantes dános esa cifra. A débeda corrente é de 4.135.530 euros, e a non corrente é de 2.368.851 euros. CRE VOSTEDE CERTAMENTE QUE A ECONOMÍA DO CONCELLO ESTÁ SANEADA????

Mire, na segunda imaxe que lle poño  poderá vostede ver que a débeda financeira (con bancos) é de 3.025.332 euros (sumadas as débedas a curto e a longo) o cal difire dos 2.700.000 euros que figuran no MEH (que só contabiliza a débeda financeira) Segue vostede crendo que as contas están saneadas cando tan só aos bancos débeselles esta cantidade?

A seguinte imaxe que lle vou a colocar é a do historial de rendición de contas, porque ata agora só enviou dúas contas, a do 2015 (e tivo vostede ata o 15 de outubro de 2016) e as do 2016 (e tivo vostede ata outubro de 2017). Cando digo vostede, refírome a a súa xestión, porque vostede é o máximo representante. E non din moito no seu favor. A primeira envíaa vostede con graves deficiencias, e a segunda con deficiencias leves, un 100% en incompetencia.

É posible que vostede sexa leigo na materia e confunda o remanente líquido de tesouraría cun superávit, Para tentar corrixirlle ese vicio póñolle a seguinte imaxe na que vostede poderá ler que o superávit é 0 Zapatero. Que lle parece???

Por tanto pídolle encarecidamente que deixe de mentir, e seguidamente paso a porlle outra imaxe. Esta é a que máis me preocupa, porque vostede seguiu a tendencia en gasto por habitante no resto de servizos, pero recortou o gasto por habitante en dous servizos que considero importantísimos: CULTURA E DEPORTE. Pasou vostede dun gasto pobre, a un gasto miserable en CULTURA E DEPORTE. Como lle chamamos a iso Recortes?

E por último, para que non diga vostede que me invento as cousas, déixolle unha imaxe da propaganda que fan no seu chiringuito. Á cidadanía vostede cada vez engánaa menos. Espero que non se engane a si mesmo.