O paro rexistrado descende un 30,9 % nos últimos 3 anos. Neste mesmo periodo o incremento de afiliacións á Seguridade Social é do 6% no municipio.

3, Marzo 2018

O concello do Carballiño considera os datos como moi positivos ao indicar que "en maio de 2015 cando tiveron lugar as últimas eleccións municipais, o número de demandantes de emprego baixou en 405 persoas, é decir, un 30,9%, daquela había rrexistradas 1308 persoas fornte ás 903 que hai na actualidade".

Non obstante, non é tan favorable a evolución das afiliacións á Seguridade Social, o incremento de persoas que cotizan sitúase no 6% en relación a fai 3 anos atrás no municipio carballiñés. A pesar da remontada dos últimos anos, o dato no numero de cotizantes é ainda negativo se o comparamos co dos anos anos do inicio da crise, xa que o municipio ten hoxe menos traballadores activos que fai unha década atrás, unhos 150 cotizantes menos.

Ainda asi, e cos datos coñecidos, O Carballiño sitúase entre os concellos con mellor evolución da chamada taxa de desemprego na provincia.

Estas cifras, con ser positivas, espérase que o sexan ainda máis de cara ao verán polo repunte do sector dos servizos na primavera e tempada estival. Así o amosa o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, que cre que "neste descenso do paro ten moito que ver o reforzo do departamento municipal de orientación laboral, así como a posta en marcha do novo obradoiro e do plan integrado de emprego “Carbaemprega”, que forma actualmente a 85 persoas desempregadas en actividades cunha forte demanda no Carballiño como son soldadura, hostalería e atención sociosanitaria" . No Plan integrado de emprego do 2017 atoparon colocación 42 das 60 persoas inscritas, e neste plan integrado agárdase que a atopen como mínimo o 40% das 85 persoas inscritas.

E tamén incide nesta evolución favorable o dinamismo que amosan as empresas punteiras do sector industrial carballiñés, como son a empresa de aeroxeneradores GRI e a empresa de construccións metálicas DIZMAR. Ambas empresas colaboran estreitamente no plan integrado de emprego e, a finais do pasado ano, tamén participaron na impartición dun curso de soldadura promovido pola Asociación de empresarios do Polígono Industrial e Parque Empresarial carballiñés conxuntamente co concello.

A ocupación da práctica totalidade das parcelas industriais do Carballiño require a ampliación da zona industrial, e de aí que dende o concello se inste a incrementar a dotación de solo industrial. Tanto no sector industrial como no de servizos hai marxe de crecemento, e por iso as políticas municipais diríxense a promover iniciativas en ambos sectores.

Así, a posta en marcha do novo matadoiro, coa creación de 18 postos de traballo directos, e que pode ser o xerme doutras iniciativas vencelladas co sector cárnico, ademáis da nova pranta que constrúe a empresa GRI, e na que se crearán 55 novos postos de traballo, apuntan ao fortalecemento da actividade industrial a curto prazo. E no mesmo sentido poden englobarse outras iniciativas no sector dos servizos, como o proxecto de ampliación das instalacións termáis do Gran Balneario, ou do proxecto hostaleiro novedoso da Casa Gazpara, que xa está en execución e está previsto que se inaugure antes do verán.

Por todo isto, tanto dende a concellería de Pomoción Económica como dende a alcaldía "agárdase que o paro poida seguir descendendo durante este ano, e que os postos de traballo que se creen sexan de maior calidade"