A TVG-2 retransmite en directo dende Epiñedo o CD Arenteiro-CD Boiro, este sábado dende as 16:30 horas

28, Abril 2018

O persoal da Televisión de Galicia desplazado a O Carballiño traballa dende as 10 da mañá no operativo televisivo que  desplegará dende as catro e media da tarde en directo dende o Estadio Municipal de Espiñedo.

A TVG-2 retransmitirá o partido correspondente á 35 xonada do campionato de liga na terceira deivisión entre CD Arenteiro e CD Boiro.

Neste partido, os futbolistas do Arenteiro lucirán unha camiseta con deseño retro que evoca a utilizada na primeira etapa do club nos anos sesenta do século pasado.

O Club Deportivo Arenteiro celebra hoxe diversos actos conmemorativos do seu 60 aniversario, tras a súa fundación en 1958.