Manolo Dacal e Rita Soto ocuparán os primeiros postos da candidatura socialista que encabezará Francisco Fumega

1, Abril 2019

Asi o confirmou o alcalde e candidato á reelección Francisco Fumega no transcurso dunha intervención nesta emisora de radio, optando por dúas persoas da súa confianza con experiencia na vida política municipal no concello carballiñés para acompañálo nos primeiros postos.

O número dous da candidatura socialista será o actúal concelleiro de turismo e deportes Manolo Dacal, e no terceiro posto irá a tamén actúal concelleira Rita Soto, responsable da área económica no actúal goberno de Fumega, e chamada a asumir novas responsabilidades no caso de que os socialistas sigan gobernando no próximo mandato municipal.

Fumega tamén anunciou que o cuarto posto da lista está reservado para outra muller.