PePe Gotera e Velutinio

12, Agosto 2019

Fai mes e medio PP Gotera e Velutinio retiranon co seu propio estilo un niño de velutina ás oito da tarde dun sábado. De alí se foron e non apareceron ata o seguinte sábado no que puideron constatar que alí onde desenvolveron as súas chapuceiras actuacións a rúa estaba afestada de velutinas (as que estaban na procura de comida).

Velutinio, descontento con non recibir medaias e homenaxes con tan destacable actuación, pide un Pleno extraordinario en Maside porque según él o Concello non ten os medios suficientes para loitar contra a avespa velutina ¿Descoñece que a loita contra a avespa velutina é competencia de Medio Rural? ¿Descoñece que o titular de Medio Rural é de Maside e é tamén PePe? ¿Non sería máis sinxelo que entre PePes arranxasen o problema cando é a súa competencia? ¿Ou quere poñer en evidencia ao titular de Medio Rural?

Velutinio, probablemente inquieto pola ausencia de xustificación deste Pleno extraordinario, engade un segundo punto. E aquí ven a traca. Di que quere que as pintadas da Iglesia estean arranxadas antes das festas. E que o pague o Concello nun 66% da contía ou máis. E que se Maside pinta Maside paga.

Sendo moi pouco prudente falar en nome de Maside cando tes a representación que tes, e estando de acordo en que a maioría dos masidaos desexamos que as pintadas se arranxen canto antes é preciso matizar que:

1º Non está acreditado que un masidao fose o autor das pintadas. De ser así sería a propia xustiza a que lle faría pagar (velutino é moi xeneroso cos impostos de todos).

2º Velutinio ten o mérito de ser o primeiro candidato a representar a unha Administración Pública, que quere que esa administración pague máis cando outra institución está disposta a pagar a maior contía (volve a ser moi xeneroso cos impostos dos masidaos)

3º Eso de que se Maside pinta Maside paga é unha solemne bobada, por moi orgulloso que velutinio poda estar deste motto. Pintan os masidaos, e hai masidaos que están pintando bastante a mona cando meten os fuciños nunha ANPA, cando abandonan un Pleno porque non era en mércores, cando no seu programa electoral prometen que van a facer un Plan Básico en dous anos cando xa ten a norma subsidiaria que é un Plan Básico o que impide facer outro Plan que non sexa o PXOM , etc...

Asistirei a ese Pleno pra botar unhas risas, e rogo que canto antes se celebre outro Pleno extraordinario para ensalzar as bonanzas do retrete. Seguro que ten máis xustificación, máxime despois desas loas ao retrete de "Maside en positivo".