Desidia antivelutínica

1, Setembro 2019

A finales de marzo, Luis Jorge e os seus maricahis comezaban unha prometedora campaña antivelutínica. A proximidade dos comicios electorais atisbaban que desta vez xa podiamos contar co superhéroe que desterraría ás vilanas velutinas da faz das terras masidás.

Promesas de novos descubrimentos contra estas vilanas deberon ser a causa do abandono dos selfies electorais, dado que nunca máis repuxeron de líquido azucarado as botellas de plástico dotadas de tecnoloxía de vanguardia.

Supoño que a estas alturas un dos novos descubrimentos é que a loita contra estas vilanas corresponde á Consellería de Medio Rural, e tendo en conta que Luis Jorge presume de ser amigo íntimo persoal do mismísimo Feijóo, e que o titular de Medio Rural é de Maside, é de entender que estarán movendo os fios pra sustituir tan avanzada tecnoloxía.

Mentras tanto farían ben en retirar este lixo que é testigo da desidia e o cacao mental de persoas talluditas xogando a cazavelutinas.  As abellas, moscas, mosquitos e quizáis algunha velutina que caeu na mortal trampa merecen mellor destino que permanecer desecadas na praza do concello sedentas dun líquido azucarado que disimule o esperpéntitico cacao mental do PP masidao. Por favor, retíren este chiste convertido en lixo, ou rechéeno de líquido azucarado.