Cuarto brote de coronavirus no Carballiño, de orixe familiar, afecta de momento a tres persoas
Sanidade confirma a aparición dun novo brote de Covid-19 no Carballiño, fai o cuarto da serie dende que se declarara o primeiro a principios do pasado mes de agosto.
Desta vez, as persoas afectadas inicialmente son tres, da mesma familia, dous homes de 57 e 33 anos e unha muller de 20 anos.