Gran evolución dos discursos pro Fumega
Estiven lendo atentamente a entrada da gran intervención de Sofía (que efectivamente foi boa) e estou gratamente sorprendido da evolución dos discursos pro Fumega. Porque baixo o título de gran intervención de Sofía, se lle da cera ao PP, a Espazo Común, e á propia Sofía insinuando que o seu discurso é copiado dos concellos onde goberna o BNG. E todo esto resulta moi pero que moi inxenioso.
Efectivamente o goberno de Argimiro recepciona a titularidade da rúa Ourense, que pasa a ser de titularidade municipal cando era de titularidade autonómica. E por moito que se faga unha permunta de titularidades públicas esto non é un exercicio de maxia e o estado da rúa segue sendo o mesmo que hai 10 anos, antes e agora. Os gobernos de Fumega tiveron oito anos para arranxar o seu pésimo estado, e a derradeira hora veu cunha estafa electoral.
¿Por qué estafa? Porque para que a CHMeS poda meter unha máquina nesta obra, a Secretaría do Concello ten que acreditar a titularidade pública de toda a zona de actuación da obra. E a Secretaria xa dixo que non vai facer tal cousa coa chapuza que lle propuxo Fumega. Un papel que diga que os bens afectados pertenzan a tal persoa e que esa persoa lles "ceda" o ben.
Nin a secretaria do Concello nin ningunha secretaria ou secretario de calquer concello que estea no seu sano xuizo pode facer tal cousa. Porque as secretarías dos concellos coñecen a lei e o dereito e esa chapuza que pide Fumega ni tan siquera acredita que o que asina a berza sexa o titular da propiedade e que por tanto poda "ceder" o seu uso. Existen cauísticas moi diversas que hai que ter en conta. Tercerías de dominio e de mellor dereito, parcelas sen declaracións de herdeiros, etc...
E o máis grotesco e alarmante é a mensaxe que está a lanzar Fumega: Que os que non "cedan" se atinxan ás consecuencias porque despois terían que urbanizar eles. Unha mensaxe coactiva, tamén repetida por algún tertuliano e que o único que pretende é xustificar a chapuza.
O instrumento máis áxil que ten Fumega é a expropiación dos bens afectados. Non é inmediato, pero é máis áxil que a escritura notarial e posterior rexistro da propiedade. E Fumega tivo 8 longos anos. Quen pense que a CHMeS vai por unha soa máquina antes de que alguén acredite a titularidade pública vive nos mundos de Yupi. E ningunha Secretaría vai facer tal cousa nos termos que propón Fumega, porque staría xogando a súa propia carreira pra agochar a inepcia do goberno Fumega que será quen teña que responder políticamente pola gran chapuza.
Todo esto o expuxeron con claridade meridiana no último Pleno tanto Espazo Común, como PP, como a propia Sofía. Polo tanto, señores e señoras pro Fumega: Tomaduras de pelo as xustiñas.