Presentan no rexistro municipal a moción de censura contra o alcalde do Irixo. Descarga aquí o documento que recolle o acordo de Xuntos e PSOE
A portavoz do Grupo Municipal de XUNTOS POLO IRIXO Susana María Iglesias Nogueira e o portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE Iago Fariñas Valiña veñen de presentar esta mañá no rexistro municipal do Concello de O Irixo a MOCIÓN DE CENSURA PARA A DESTITUCIÓN DO ACTUAL ALCALDE DO CONCELLO DE O IRIXO MANUEL CERDEIRA LORENZO, moción asinada por 5 concelleiros da Corporación Municipal deste Concello (Susana María Iglesias Nogueira, Iago Fariñas Valiña, Juan Manuel Villanueva Decabo, Rosa María Dalama Lousado e Tamara Civeira Pérez) que representan a maioría absoluta do número legal de membros da referida corporación.
A moción propón como CANDIDATA A SUSANA MARÍA IGLESIAS NOGUEIRA.
As sinaturas desta moción foron xa debidamente autenticadas pola Secretaria da corporación municipal e acompañouse ademáis a preceptiva dilixencia acreditativa da Secretaria desta corporación que acredita que cumpre cos requisitos esixidos pola lei para a súa tramitación en base ó disposto nos artigo 197 (Moción de censura do Alcalde) “Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General”. A presente MOCIÓN DE CENSURA se fundamenta na seguinte EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
PRIMEIRO.- Que a veciñanza de O Irixo ven de expresar o pasado 28 de maio de 2023 que non aposta maioritariamente polo Sr. Don Manuel Cerdeira como Alcalde de O Irixo, como si viña facendo nos últimos anos co seu antecesor.
SEGUNDO.- Que o actual Grupo de Goberno co Alcalde actual Sr. Don Manuel Cerdeira saído da pasada sesión de investidura, se encontra nunha situación de minoría que non lle vai permitir gobernar en beneficio da veciñanza, exemplo deste feito e a imposibilidade da constitución da Xunta de Goberno Local na última sesión plenaria de organización deste Concello.
TERCEIRO.- Que a actual situación e o resultado da nefasta xestión do actual Alcalde e o seu Grupo de Goberno nos últimos anos a fronte do Concello de O Irixo, abandonando a atención a veciñanza de O Irixo e as súas necesidades mais básicas en beneficio de outras xestións non necesarias e que non melloraron en nada a vida da veciñanza do noso concello ademáis do despilfarro ocasionado. Este proceder veuse reflectido nas urnas ca perda de ata dous concelleiros nas últimas eleccións municipais que o teñen situado nunha situación de minoría e ingobernabilidade do noso Concello.
CUARTO.- Que a veciñanza de O Irixo non se merece un Alcalde e un Goberno Municipal que herdaron a oportunidade de traballar polo Irixo e a súa veciñanza e preferiron pasear e viaxar a Madrid e outros lugares, a feiras e mercados, en vez de visitar e arranxar os pobos do Irixo e atender a nosa veciñanza, polo que é necesario mudar esta situación, e os/as concelleiros/as asinantes traballarán para ofrecer outras posibilidades e outras atencións a veciñanza do Irixo e as súas necesidades.
Esta moción de censura ven sustentada por un ACORDO DE GOBERNO para o MANDATO 2023 – 2027 e asinado polos grupos municipais no concello de O Irixo XUNTOS POLO IRIXO e PSdeG-PSOE o pasado 4 de agosto de 2023.