Espazo Común solicita un pleno extraordinario no que propón á corporación a reprobación do goberno municipal. Considera que a situación no concello é insostible e O Carballiño precisa un gran acordo político.
O portavoz de Espazo Común no concello do Carballiño, Adolfo Nogueira, acompañado polos tamén concelleiros Érika Paz e Francisco Fraga, anunciou a presentación no rexistro do concello dunha solicitude de convocatoria dun pleno extraordinario da corporación no que vai propoñer a reprobación do alcalde Fumega e o seu grupo de goberno.
O anuncio coincide co primeiro aniversario das eleccións municipais de 2023 e posterior reelección de Fumega como alcalde, en minoria, e sen que durante este primeiro ano de mandato alcanzase acordo algún para garantir a estabilidade no goberno do concello carballiñés.
Espazo Común fai un balance moi negativo deste primeiro ano do actúal mandato e considera que O Carballño merece un gran acordo político que facilite as grandes melloras que precisa o municipio.
Escoita a Adolfo Nogueira no audio adxunto: