O Concello do Carballiño presentará a AGADER a creación dun poligono agrofoestal nas parroquias do municipio que pertencen á Denominación de Orixe Ribeiro.

3, Outubro 2024

Os responsables municipais do Carballiño, o alcalde Francisco Fumega, e o primeiro tenente alcalde Pepe Castro, veñen de entrevistarse coa Directora Xeral de AGADER, Inés Santé, para abordar o proxecto de creación dun polígono agrofestal nas parroquias do municipio que forman parte da Denominación de Orixe Ribeiro, que son as de Cabanelas, Banga e O Varón.

Asi o deu a coñecer no transcurso dunha entrevista en COPE O Carballiño Pepe Castro, que tamén valorou como moi positiva a reunión que mantiñan onte co Conselleiro de Eduación Román Rodríguez, e no que se acordou a sinatura dun convenio de colaboración entre Xunta e concello para acometer obras de mellora nos centros educativos do Carballiño.

Podes escoitar a entrevista íntegra no PODCAST de COPE O Carballiño: