Nova protesta polo retraso no pago dos seus salarios por parte das traballadoras do SAF "aínda non cobramos a extra de decembro"
As traballladoras do SAF do concello do Carballiño, que xestiona a empresa GESMEDICAL DIS SL, volveron protagonizar esta tarde unha nova protesta na Praza Maior do Carballiño.
Aseguran que continúan os retrasos no cobro dos seus salarios e que aínda teñen pendiente a paga extraordinaria correspondente ao pasado mes de decembro.
Reparten responsabilidades entre empresa e concello "que continúan sen cumplir coas súas obrigas, ambos prometen semana tras semana e non cumplen", ademáis engaden que "traballadoras e usuarios do servizo continúan sufrindo a mala xestión da empresa e a falla de dilixencia do Concello do Carballiño, e o único que queremos é un servizo de calidade para os nosos dependentes eun traballo digno", remarcan as traballadoras.