O alcalde Fumega repasa a xestión municipal e responde á audiencia de COPE O Carballiño. Escóitao aquí.

23, Xaneiro 2025

Fumega anunciou a inminente adxudicación dun novo contrato para a limpeza viaria no concello do Carballiño, cunha licitación de 350 mil euros anuais e para os próximos catro anos. Co novo contrato ampliaráse o número de barredores, pasando dos 3 que realizan este servizo na actualidade aos 7 que o farán no futuro.

O alcalde rexeitou as útlimas críticas á súa xestión feitas por Espazo Común, tanto sobre o acordo de incremento da taxa da auga en base ao incremento do IPC, asi como as convocatorias da Mesa de Contratación do Ciclo Integral da Auga, acusando ao rexedor municipal de mentiroso por afirmar que estas convocatorias son públicas. 

Ademáis, Fumega tivo tempo para atender as queixas, suxerencias e preguntas da audiencia de COPE O Carballiño.

Aquí podes escoitar íntegra a súa intervención deste xoves 23 de xaneiro nesta emisora de radio: