VOX perde o único cargo electo que tiña en Galicia: Lilian Cerdeira comunica ao concello de Avión que abandona o partido, aínda que conserva a acta de concelleira

Lilian Cerdeira (na foto o dia do debate electoral de 2023 en COPE O Carballiño) presentou un escrito no rexistro do concello de Avión no que comunica ao pleno municipal que abandona VOX, a formación política pola que resultou elexida nas eleccións municipais de 2023, convertíndose no único cargo electo de VOX en Galicia.
No escrito, no que alude a motivos persoais para tomar esta decisión, tamén comunica que seguirá formando parte da corporación municipal de Avión, polo que pasará a formar parte do grupo de non adscritos neste concello no que goberna o Partido Popular con maioria absoluta.