Tras 14 anos de conflicto, os comuneiros de Cristimil e A Torre chegan a un acordo coa Xunta para a cesión dos terreos que alberga o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa da Cidade.

No próximos dias ambas partes, Xunta e Comuneiros, asinarán o acordo que pon fin a 14 anos de conflicto, incluída a vía xudicial.
O acordo cotempla a cesión á Xunta de 142.000 m2 do Monte Veciñal en Man Común da Cidade, propiedade dos comuneiros dos lugares de Cristimil e A Torre, no concello de San Amaro. A cámbio da "expropiación amigable" a Xunta abonará aos comuneiros 241.962 euros.
Escoita aquí a historia do conflicto e cómo agora se chega a este acordo, nesta entrevista de COPE O Carballiño ao presidente da Xunta Rectora do MVMC de Cristimil e A Torre, José Modesto Rodríguez Alén: