Arenteiro e Zamora reparten puntos nun partido no que o VAR foi o gran protagonista. Aquí podes ver o VideoResumen.

20, Setembro 2025

O Arenteiro suma un novo punto, que poideron ser tres,e nunha tarde de infarto en Espiñedo polo protagonismo da videoarbitraxe, con accións moi polémicas, nun partido intenso e con ocasións de gol, sobre todo por parte dos verdes.

Na maior parte do partido a posesión foi do Arenteiro (58%) fronte ao (42%) do Zamora. Tamén as ocasións de gol máis claras foron para os verdes, sobre todo unha de Mingo co porteiro xa batido na primeira parte. Xa nos instantes finais do partido o árbitro anulaba un gol ao Arenteiro ao interpretar que Ochoa marcou en fora de xogo.

VideoResumen do Partido: https://www.youtube.com/watch?v=73trWIQ3rMQ

Cronica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/09/21/arenteiro-aguan...