O Sergas adxudica a construcción do novo centro de saúde de Boborás á empresa COVIASTEC S.L. por importe de 1,8 millóns de eruos

1, Outubro 2025

O Servizo Galego de Saúde vén de adxudicar á empresa COVIASTEC S.L. a construción do novo centro de saúde de Boborás por un importe de 1.816.809 euros.

A nova infraestrutura permitirá ampliar en máis de 200 m² a superficie do actual centro de saúde ata acadar os 786 m², o que tamén posibilitará a ampliación dos seus servizos.

En concreto, posibilitará dispor dunha consulta para a saúde da muller, unha consulta polivalente de urxencias e outra destinada aos pacientes respiratorios.

Ademais, o novo inmoble contará con dúas consultas de medicina, dúas consultas de enfermería e tamén unha novas sala de xuntas.

O deseño elixido para o novo centro de saúde busca a mellor integración coa contorna en todos os seus aspectos, empregando materiais característicos da zona, como a pedra e a madeira.

A empresa adxudicataria dispón do prazo de 16 meses para levar a cabo a construción deste novo centro de saúde co que se optimizará a calidade dos servizos asistenciais nesta localidade ourensá.