A Xunta amosa na Festa do Cabalo de Maside o seu apoio "a esta iniciativa dinamizadora do rural"

5, Outubro 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, asistiu este domingo á XXXVII Festa do Cabalo Puzo do Lago, que se celebra na paraxe natural de Puzo do Lago, no concello de Maside.

Trátase dunha cita que congrega cada edición a afeccionados e espectadores para participar nun programa de actividades con diferentes competicións e exhibicións equinas, así como rutas a cabalo e xantar popular.

Isto reflicte a esta iniciativa como exemplo do dinamismo do rural galego e da capacidade económica e turística do sector cabalar para seguir xerando riqueza e atraendo poboación ao rural.