Piden colaboración para localizar a unha muller desaparecida na tarde deste domingo en Rubillón, no concello de Avión

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal do concello de Avión recibíu na tarde deste domingo o aviso do 112 da desaparición dunha muller de 73 anos na localidade de Rubillón, no concello de Avión.
Aportan datos identificativos desta muller, que mide aproximadamente 1,65 m, e no momento da súa desaparición vestía chaqueta de punto branco e pantalóns verdes de chándal.
No operativo de búsqueda están a participar membros do GES de Avión, voluntarios de Protección Civil de Avión e Garda Civil. A muller é orixinaría do concello de Piñor e por motivos familiares achegouse este domingo ata o citado lugar de Rubillón,
Desde o GES de Avión piden a toda acidadanía que, se fose vista ou poida aportarse calquera información, contáctese inmediatamente cos servizos de emerxencia ou coas autoridades competentes.