Falece Pablo Lorenzo Fariña, extertuliano en COPE O Carballiño e destacado activista cultural, social e político do Ribeiro.

Xoán Pablo Lorenzo Fariña (Berán-Leiro 1962) foi encontrado morto na mañá deste Venres Santo no seu domicilio de Beade, localidade na que residía.
Durante nove tempadas radiofónicas, divididas en dúas etapas foi unha das voces máis recoñecidas nas tertulias de COPE O Carballiño, entre os anos 2002 e 2014, compartindo tertulia, entre outros, con Argimiro Marnotes, Juan Valcárcel ou Bernardo García.
No concello de Leiro tivo unha destacada actividade política, sendo un dos concelleiros máis xóvenes da democracia no Ribeiro, con apenas 20 anos acadou representación neste concello para o Partido Socialista Galego-Unidade Galega, e posteriormente tamén exerceu como concelleiro do PSOE. Ademáis tamén exerceu como presidente da Entidade Local Menor de Berán.
Tamén foi moi prolífica a súa aportación á vida cultural e social, como fundador da festa do licor café de Berán ou como promotor da asociación cultural Castela Auriense, desde na que comezou a reivindicar a existencia histórica do camiño xacobeo do Ribeiro.
Estivo durante anos ao cargo da adega familiar fundada polo seu pai Avelino Lorenzo, e máis recentemente Pablo foi pioneiro na elaboración de vinagre artesanal na comarca fundando "Vinagres do Ribeiro", o primeiro vinagre do Ribeiro recoñecido cun premio internacional.