Cómo ben di o refrán, as mentiras teñen as patas cortas e neste caso non pode ser mais certo, non hai citas ata o xoves,( por moito que alguns se empeñen en intentar ocultar a realidade, con capturas de pantallas de a saber onde ! Ou citas de enfermería, que adoitan ter maior disponibilidade ) como ben se pode observar na segunda imaxen, onde ben se pode apreciar que e en Boboras.
As cousas non son perfectas, nin en Boboras nin na maioría dos sitios.
E digo Eu se as raias amarelas neste pobo non significan o mesmo ca nos otros pocos, por q cando as poñen será por algún motivo, digo Eu, pero non se respetan coma en otros pocos.
Os coches aparcan igual, e claro, como no os multan fano cada día e volvo decir Eu q están pintadas por algún motivo...
A verdade è q chama monto a atención ver un coche o varios en raia amarela ... en fin así anda todo neste pobo..

O servizo de orientación laboral do Concello do Carballiño realiza unha intensa labor de asesoramento e formación da poboación desempregada. No primeiro semestre deste ano, os profesionais da unidade atenderon a preto de 800 persoas en busca activa de traballo, entre as derivadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia e aquelas que se achegaron voluntariamente en busca de información e asesoramento.
Diana González, concelleira de Comercio, destaca a importante función realizada polo equipo do servizo, que xestionou no que vai de ano 21 ofertas de emprego e axudou á inserción laboral de 75 persoas. As ofertas están vinculadas co eido da hostalaría, atención sociosanitaria, limpeza, atención ao cliente, forestal e fabricación-produción.
O servizo tamén se encarga de poñer en marcha distintos programas de formación e emprego público que facilitan a inserción laboral dos participantes. No último ano e medio, 130 persoas formaron parte da oferta formativa: 92 en cursos e 36 en obradoiros de emprego público de duración de 9 meses ou 1 ano. No eido dos obradoiros atópanse o Programa de Emprego de Persoas Mozas (menores de 30 anos), que se leva a cabo no Carballiño por primeira vez, e por outro, o obradoiro dual.
A programación deseñada inclúe cursos dixitais, prevención de riscos laborais para o sector da construción, madeira e metal, competencias clave para ter acceso aos certificados de profesionalidade e obradoiros de xardinaría, carpintería ou albanelaría.
Diana González destaca os bos datos de participación nos cursos e obradoiros,
“hoxe en día, a oferta pública de emprego é moi alta”, apunta.
Actualmente, hai dous programas en fase de selección e contratación: o Aprol Rural (inclúe tres contratos de nove meses) e as Brigadas Forestais (inclúe seis contratos de tres meses de duración).
Por outra banda, o servizo de orientación laboral do Concello do Carballiño tamén coopera con iniciativas públicas doutras institucións. Nesa liña, colabora co programa “Yo Emprego Galicia”, dirixido a persoas desempregadas interesadas en poñer en marcha o seu propio negocio, e participa no programa integrado de emprego xunto con outros concellos adxacentes.

Acabo de mirar por si acaso e resulta que en Boborás hoxe e venres e pido cita e xa ma dan para o día 30, é decir o luns.
A ver se esa captura túa non é decir Boborás…porque igual que a miña non pon o sitio…en Boborás estamos moi ben…vese que vos pica ver o cartel co anuncio da nova construcción do Centro de Saúde…e as profesionais que nos atenden son do mellorciño, que marabillosas son.
O PSdeG-PSOE de Leiro lembra que o servizo municipal de conciliación foi unha proposta socialista rexeitada polo PP en 2022.
O grupo municipal socialista de Leiro lembra que a posta en marcha do servizo de conciliación familiar, que actualmente está en funcionamento e recibe valoracións positivas, foi unha proposta presentada polo PSdeG-PSOE en xuño de 2022, e que naquela ocasión foi rexeitada co voto en contra do grupo de goberno do PP.
A proposta socialista foi defendida no Pleno do 24 de xuño de 2022 como unha medida necesaria para facilitar a vida das familias traballadoras, promover a igualdade e ofrecer unha alternativa útil de apoio á crianza dende o ámbito municipal. Sen embargo, o alcalde e os concelleiros do Partido Popular opuxéronse sen argumentos sólidos, bloqueando a súa aprobación.
Tres anos despois, o Concello de Leiro conta cun servizo de conciliación que funciona con normalidade e que mesmo está a ser promovido polo goberno local como unha iniciativa propia. Para o PSdeG-PSOE resulta incoherente e oportunista que agora se saque peito dunha proposta que foi desprezada cando partía da oposición.
“Celebramos que o servizo estea en marcha e funcione, porque é bo para as familias e para a veciñanza. Pero tamén esiximos respecto e recoñecemento: esta foi unha idea que naceu do noso traballo e da nosa visión de futuro para Leiro”, sinalan os concelleiros socialistas Manuel e Pedro José, voceiro e voceiro adxunto do grupo municipal socialista.
Desde o PSdeG-PSOE reiteran o seu compromiso cunha oposición propositiva, baseada en melloras reais para a veciñanza, e denuncian a estratexia sistemática do PP de bloquear as boas propostas da oposición para apropiarse delas anos despois, cando ven que teñen utilidade social.
E que vai pasar en Boborás: o mismo que en outras vilas:enchese de xente que ven de afora con dereito de asistencia médica e os facultativos son o mesmo número.
E ben facil, asi funciona galicia os que estamos todo o ano a sufrir.

Os 40 equipos participantes na Primeira RFEF votaron a distribución dos dous grupos da categoria para a próxima tempada entre as dúás propostas consensuadas pola Federación coas territoriais.
Por unha axustada votación de 21 e 19 votos, respectivamente, resultou gañadara a opción B, que deixa ao Arenteiro e o resto de galegos (Lugo, Celta Fortuna, Ourense, Racing Ferrol e Pontevedra) xunto aos 3 equipos castelán- leoneses (Ponferradina, Zamora e Unionistas de Salamanca), os 3 vascos (Barakaldo, Arenas de Getxo e Bilbao Atletic), ademáis do asturiano Avilés, os machego Guadalajara e Talavera, os extremeños Mérida e Cacereño) Osasuna B, Real Madrid-Castilla e Terenife.

O Concello do Carballiño aprobou hoxe en pleno a habilitación de preto de 1 millón de euros para destinar no que resta de ano á redacción e financiamento de novos proxectos, actuacións en todos os ámbitos de competencia municipal e actividades varias, especialmente culturais, educativas, deportivas, lúdicas e festivas, así como axudas sociais ou ao tecido empresarial.
As partidas máis importantes irán destinadas a proxectos e obras (450.000 euros), Medio Ambiente, en particular a actuacións no Parque Municipal (133.000 euros), inversións no rural (70.000 euros), deportes (70.000 euros) e Cultura (57.000 euros).
En total, serán 970.213 euros, que saen do remanente das arcas municipais, que era de 1,6 millóns de euros antes da aprobación desta modificación e do que agora aínda quedan 600.00 euros.
Alegacións á liña de alta tensión
O pleno da corporación municipal aprobou tamén unha declaración institucional, apoiada polo tanto por todos os grupos políticos, na que manifesta a súa “total oposición ao proxecto das infraestruturas de evacuación de alta tensión ao seu paso polo concello do Carballiño”.
Arguméntao en que “a veciñanza rexeita frontalmente o anteproxecto presentado por consideralo nocivo no ámbito da saúde, do patrimonio natural e arqueolóxico” ou en que ten “un impacto visual enorme” e anuncia que “o Concello do Carballiño presentará alegacións” e “asesorará á veciñanza para que defenda os seus intereses”.
Este manifesto será remitido agora á empresa promotora, á Deputación Provincial de Ourense, á Xunta de Galicia e á Subdelegación do Goberno.

Actualmente repitese a situación que se daba en Boboras semanas atrás, non hai citas medicas ata dentro de 6 días, ata o próximo mercores 2 de xullo, algo nada positivo e perxudicial para a xente. Aquelo das 48H e papel mollado.
E moi bonito o letreiro do novo centro de saude pero se non te atenden cando o precisas de pouco vai servir o novo edificio por increíble que sexa.

A Concellería de Deportes do Carballiño impulsa unha nova edición do Verán Deportivo, que busca fomentar os hábitos de vida saudables entre a veciñanza.
“Estamos encantados de organizar esta actividade e animar a xente a facer deporte e desfrute dun momento divertido”, explica José Castro, tenente alcalde e concelleiro de Deportes.
A programación inclúe pilates, ioga, aquagim, baloncesto, fútbol e balonmán, e está dirixida a poboación de todas as idades. “Como sempre, as actividades son gratuítas”, apunta o edil. Como novidade, as clases de pilates e ioga levaranse a cabo no entorno verde do Gran Balneario. “Queremos darlle pulo a este espazo, pensamos que é un lugar excepcional para facer estes deportes”, asegura Castro, que anima á participación.
“Non é preciso ter unha gran mobilidade, é chegar alí e botarlle ganas, dar un paseo, confraternizar con outras persoas…”, sinala.
A Concellería prevé unha boa participación, na liña do pasado ano, en torno ás 40 persoas en cada cita. O aquagim, pola súa parte, realizarase na piscina municipal, como é habitual.
As actividades de baloncesto, fútbol e balonmán tamén volven á Pista Vermella. “É un momento de lecer, non é competitivo, o obxectivo é facer deporte ao aire libre”, resume o concelleiro de Deportes. O ano pasado, estas propostas chegaron a congregar a máis de 500 rapaces no entorno da Pista Vermella, o que da conta da boa resposta da veciñanza. “Estamos encantados coa alta participación, o ambiente que se crea é moi bo”, asegura Castro.
Rebeca Amil, de Korpore Gym, entidade colaboradora no Verán Deportivo, resalta a ampla experiencia e coñecemento dos monitores encargados de guiar as actividades de ioga, pilates e aquagim. “Queremos continuar este verán coa boa resposta da xente, intentando sempre dar o mellor posible para a poboación do Carballiño e dos arredores”, sinala.
As actividades arrancaron esta mesma semana e finalizarán o 14 de setembro.
A programación semanal inclúe:
-Luns: pilates, ás 20,30 horas no céspede do Gran Balneario.
-Martes e xoves: ioga, ás 20,30 horas no céspede do Gran Balneario.
-Venres: aquagym ás 12,00 horas na piscina municipal.
Ademais, haberá intensivos de diversos deportes, todos na pista vermella:
-Baloncesto: do 7 ao 11 de xullo
-Fútbol: do 14 ao 19 de xullo
-Balonmán: do 21 ao 25 de xullo
Para participar nos intensivos é preciso inscribirse (o prazo estará aberto ata o día anterior ao inicio da actividade). Pódese facer no Concello, tanto presencialmente como por teléfono.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »