
Despois dun verán no practicamente non se rexistraron incendios forestais na comarca carballiñesa, as altas temperaturas das útlimas semanas e a ausencia de chuvias elevan o risco de incendios forestais neste tempo de outono.
Na xornada deste martes 10 de outubro rexistrabanse os primeiros lumes da tempada na comarca, en concreto en montes da parroquia de Astureses, no concello de Boborás e no San Trocado, no concello de San Amaro, nos que desde última hora da mañá ardeu monte arbolado. Ao estar afectada unha superficie menor das 20 hectáreas, Medio Rural non aporta datos informativos.
No operativo de extinción traballaron durante horas catro hidroavións, dous helicópteros e varias brigadas de bombeiros da Consellería do Medio Rural, que controlaron os lumes no transcurso da tarde
A ver, no se autoriza hacer unas gradas en el campo de futbol, parando su construccion, que ya estaba muy avanzada en un terreno en el que la ley no lo permite, todo al producirse una denuncia.
Entonces , primero se hace la grada, sin tener permiso, en donde no lo autoriza la ley, el concello no dice nada, y si no hay una denuncia, todo correcto.
Pues si que encierra cosas la grada, si .y claro, el malo sera el denunciante.
Saludos
Boas , o ser humano da moito NOXO, ó final non se pode facer a grada supletoria no ESPIÑEDO, pola avaricia, cobiza, dunha ou dunhas malas persoas as que todo se lle fai pouco, ou tamén pode ser, por que teñen moito tempo libre, esta xente da moito NOXO.
Espero que se lle devolvan os cartos ós socios que pagaron por sentarse nela antes de estar feita.
Denunciante: VIVE Y DEJA VIVIR , EL MAL ES ALGO PARA LA GENTE INFELIZ, MEDIOCRE, Y FUSTRADA.

O Club levaba desde o pasado mes de xullo co proxecto para a instalación dunha grada supletoria con capacidade para 2.000 espectadores e tras culminar con éxito as negociacións de cesión dos terreos cos seus propietarios, que sen excepción asinaron o acordo de cesión co club.
Xa se levara a cabo as obras para a adaptación dos terreos e coa finalidade de instalar a grada supletoria, tan so pendiente da correspondente autorización da actividade da licenza municipal, pero finalmente o concello comunicou ao club que non pode autorizar a instalación, por facerse en solo rústico. Ademáis, un particular xa presentara denuncia por unha posible infracción urbanística ante o inicio das obras.
No arquivo adxunto podes descargar o comunicado informativo de Club Deportivo Arenteiro.

A Insua dos Poetas, o parque cultural sito na Esgueva, na carballiñesa parroquia de Madarnás e que xestiona a Fundación Insúa dos Poetas que preside Luis González Tosar ven de incorporar ao seu patrimonio a vidreira artística de Antón Pulido, "Kermesse para Arcadio".
Trátase dun gran vitral a toda cor ( 4, 80 x 2,78m) inspirado na obra do poeta Arcadio López-Casanova (Lugo, 1942- Valencia, 2022).
Perpetuará a memoria do autor de Mesteres. Pódese visitar xa, todos os días, na Insua dos Poetas, xunto con outras 25 esculturas dedicadas a escritores da Literatura galega. A entrada é libre.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras que dotan de acceso o parque empresarial de Beariz desde a estrada OU-212, unha actuación que supuxo un investimento autonómico de 445.000 euros.
A intervención executada ten como obxectivo que o futuro parque empresarial dispoña dun acceso cómodo e seguro desde esta vía autonómica, para reforzar a competitividade e as potencialidades empresariais do municipio.
Esta actuación é o resultado dun estudo onde se analizaron seis alternativas, tendo en conta a xeometría da estrada, a funcionalidade e a seguridade viaria. A solución concreta está recollida no Plan Especial de Creación de Solo Industrial do Concello de Beariz, desenvolvéndoa segundo o previsto no informe de sustentabilidade ambiental dese plan.
En concreto, actuouse ao longo duns 250 metros na estrada OU-212 pola marxe esquerda da vía, executando unha intersección que permite todos os movementos, en especial dos vehículos pesados que se acheguen ata o polígono.
Os traballos executados incluíron a habilitación de cuñas de aceleración e desaceleración de 30 metros de lonxitude para facilitar a incorporación á estrada e tamén a saída cara ao polígono en condicións de seguridade, ademais de carril central de espera para favorecer os xiros desde a OU-212 cara á área empresarial, pensando en ofrecer maiores facilidades aos camións.
Na zona onde se executou a nova conexión o trazado está formado por unha recta duns 400 metros de lonxitude que, aproximadamente no seu punto medio, conta cunha estrutura de vigas prefabricadas que permite o paso sobre o regato existente.
A intervención incluíu a instalación de canalizacións de servizos baixo a berma que serve de protección contra os desprendementos de terras, en previsión da necesidade futura de darlle continuidade á iluminación do parque empresarial, de forma que só sexa necesario a instalación de báculos e de cableado.

O Consello da Xunta ven de autorizar na súa reunión desta semana a subscrición dun convenio de colaboración coa asociación O Carballiño-O Ribeiro para a posta en marcha do Plan de sustentabilidade turística en destino por valor de 1,5 M€ nos 21 concellos que conforman parte do xeodestino que xestionan.
Incluirá medidas como a posta en marcha de ferramentas de dixitalización, realidade aumentada e posta en valor dos produtos gastronómicos locais a través de rutas temáticas, entre outras. En concreto, o plan beneficiará os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Ribadavia Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea, Padrende e Pontedeva.
Entre outras medidas prevese un plan de ruta ata 2025, que incluirá a mellora da xestión turística deste destino coa restauración paisaxística dos produtos e servizos turísticos, elaboración dun inventario do patrimonio material e inmaterial enogastronómico ou a creación dun menú especial con produtos km 0 da zona. Tamén se prevé, entre outras accións, implantar medidas de realidade aumentada para coñecer a tradición enogastronómica do territorio ou a apertura dun centro de enogastronomía.

CINE. O Cine-Club Carballiño proxecta a película española "Te estoy amando locamente". Venres 6 ás 20:00 e 22:30 horas no auditorio. O Novocine de Leiro ten en carteleira dúas películas do venres ao domingo: "Amigos hasta la muerte" (16:00 h.) e estrea "La ternura" (18:00, 20:00 e 22:00 h.)
TEATRO. Continúa a "Mostra de Teatro Amador" que organiza Tiruleque. O Grupo "Hipócrita Teatro" de Lugo representa a comedia "Casting". Domingo 8 ás 20:00 horas no auditorio do Carballiño.
ARENTEIRO FOTOGRÁFICO. A asociación "O Potiños" inaugura a que será outro outono máis un evento que fai do Carballiño a capital galega da fotografía durante os meses de outubro e novembro, con ata 18 exposicións e outras actividades. O sábado 7 ás 17:30 h. apertura das exposición no local da rúa Evaristo Vaamonde, e ás 19:00 h. na casa da cultura terá lugar a gala de inauguración e mesa redonda con Juan Adrio, José Fachal e Brais Lorenzo.
DIA DA BICI. Un paseo de 8 km. polo Carballiño e arredores, con saída ás 11:30 h. do domingo 8 desde a Praza da Veracruz, na que aínda poderán facerse as inscricións a partir das 10 da mañá.
RALI DO LACÓN HISTÓRICOS. O sábado 7 e organizado polo "Club Arenteiro Clásicos" 45 vehículos históricos, todos anteriores a 1980, participan neste rali que fará un percorrido de 265 kilómetros polos concellos do Carballiño, Cea, Maside, Vilamarín, Amoeiro, San Amaro, O Irixo, Boborás, Cenlle, Leiro e Beade.
FESTA DOS CALLOS DE PIÑOR. O domingo 8 no campo da festa do pobo do Arenteiro convertido nun gran comedor ao aire libre para degustar desde as 14:00 horas un menú a base de empanada, lacón asado, callos, bebida, pan e sobremesa. Haberá unha ruta de motos clásicas, actuacións musicais e actividades de animación infantil gratuítas.
FESTAS NAS PARROQUIAS DE PEREDA E OURANTES. Tras celebrar a "Ruta das adegas" na noite deste venres 6, a parroquia de Pereda no concello de Cea celebra o sábado 7 o o domingo 8 as festas da Virxe do Rosario, con misas solemnes ao mediodia, sesións vermút, e verbenas coa música de Feitizo de Pau, o grupo Xoldra e o dúo Explosión.
A parroquia de Ourantes no concello de Punxín celebra eta fin de semana -sábado e domingo- as festas de San Francisco, que animarán a charanga Europa , a orquestra Fania Blanco Show e o dúo Os Trasnos. O sábado ás 14:30 está organizada unha comida popular.

José Antonio Barge, Manuel Nogueira, María Luisa Rodríguez e Sebas Lamazares, comentan temas de máxima actualidade esta semana na tertulia dos venres, en COPE O Carballiño.
Podes escotála no audio adxunto:

A casa do concello do Irixo acolleu a IV reunión da Asociación de Concellos Camiño de Nós.
Asistiron alcaldes e representantes de dez municipios das provincias dr Ourense, Pontevedra e A Coruña polos que atravesa a ruta seguida, en xullo de1926, por Vicente Risco, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas, Vázquez Monxardín, Lois Feixoo, Antón Sánchez e Xavier Pardo Bedia, desde Ourense a Compostela.
A presidenta e anfitriona da Asociación que reivindica este itinerario cultural é Susana Iglesias, alcaldesa do Irixo, vicepresidente José Manuel Iglesias, alcalde de Maside e o secretario Carlos Martínez Carrillo, alcalde de Vedra.
O próximo 21 de outubro, sábado, ás 10,00 hs terá lugar a III Andaina Camiño de Nós, co traxecto O Carballiño-Irixo, organizada pola Fundación Insua dos Poetas e patrocinada polos Concellos do Carballiño e O Irixo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 101
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- …
- seguinte ›
- última »