6, Novembro 2023

Incrible ler a crítica aos tertulianos e máis concretamente ao señor Nogueira. Parece que todo o malo que pasa no Carballiño é culpa dos tertulianos da cope e non do grupo de goberno.De momento co tema da rúa de Ourense o señor Nogueira foi o único que dixo claramente as deficiencias que tiña o expediente e que as obras non se comenzarían nin en septembro nin en outubro. E de momento, acertou. E non me parece que estea el moi contento con esa situación pois cada vez que saile o tema na tertulia el o di claramente: "ojalá estivese xa esa obra feita, pero...". Tamén explicou porque pode ser que o tan famoso convenio pode quedar sin financiación por parte da confederación hidrográfica, ao ser un convenio plurianual firmado por parte do concello con unha administración que depende dos presupuestos do estado e ser un convenio plurianual.

Pero case mellor, que o explique el novamente, para que quen queira escoitar e atender o faga.

Por certo, pois si, menos mal que non hai un tertuliano de ES-CO senon a algún saialle o veneno polos ollos e pola boca. E non só escribindo aquí, senon tamén nos plenos.

5, Novembro 2023

Despois de leer a un copenauta analizando a tertulia deste venres é chamativo que se lembre tanto de Espazo Común cando non hai ninguén desta formación nela. 

Dicirlle ó interfecto que non se debe confundir a política coas obsesións persoais. 

Hai medicación para esas cousas. 

 

5, Novembro 2023

Vista a anterior denuncia parece que a algúns lles escoce a diversidade de opinións e se critique o que se fai mal no Carballiño. Pola súa animadversión polos dous Nogueiras e tamén cara Espazo Común creo que xa sei de quen se trata pero non vou caer na baixura de dar nomes e apelidos aquí. Soamente dicir que non é obrigatorio escoitar a tertulia dos venres se con elo non se da canalizado a bilis axeitadamente.

5, Novembro 2023

O temporal "Domingos" deixa un carrusel de incidencias na comarca, en practicamente todos os concellos, sendo as máis numerosas as estradas cortadas por diversos motivos, árbores caídas, e cortes de suministro eléctrico que afectaron a máis de 3.000 usuarios durante a fin de semana, algunhos prolóngandose por espazo de varias horas, sendo os concellos mais afectados os de Cea, O Irixo e Maside.

Danos nun vehículo e no vello palco do campo da festa do Lago-Maside

A caída dunha árbore de grandes dimensións derrubada polos fortes ventos na xornada do sábado provocou grandes destrozos no vello palco do campo da festa da parroquia do Lago, no concello de Maside, e tamén nun vehículo estacionado neste mesmo lugar, sen que houbese que lamentar danos para as persoas.

O risco de desprendemento do rótulo do antigo hostal Noroeste corta a rúa Xosé Pontes

No casco urbano do Carballiño foron varias as incidencias provocadas polo temporal, a Policia Local cortou ao tráfico a Avda. do Arenteiro, o camiño Carboeiros entre a rúa Astureses e a Avda do Parque, onde se acumulaba moita auga e arrastres de terra, que os deixaron intransitables.

Na rúa Xosé Pontes a Policia Local cortou o paso tanto de vehículos como de peóns ante o risco de amenaza de que caese sobre a rúa o rótulo do antigo hostal Noroeste, o desprendemento dalgunhos elementos das fachadas dalgunhos edificios tamén motivou a instalación de vallas para advertir desta perigosa circustancia. No municipio carballiñés o 112 comunicou aos servizos de emerxencias un total de 13 incidencias durante a fin de semana.

O GES de Avión tivo que retirar unha ducia de árbores que impedían o trafico en varias estradas do municipio

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Avíón tivo que atender numerosas incidencias, todas elas provocadas por árbores caídas na rede viaria municipal, como aconteceu nos accesos a Belecón, Acevedo, Oroso, Cortegazas, Beresmo, Pascais, e nas estradas intermunicipais Beresmo-Albarellos e Córcores-Cardelle.

 

5, Novembro 2023

Parece que ultimamente, nas tertulias, non se fai mais ca criticar todo o que pasa no Carballiño, e calar o do resto dos concellos da comarca, como se neles non pasase nada e estivese todo perfecto, a saber porque, e despois comentar varias cousas, que demostran unha gran desinformación do que se esta falando, en especial do señor Nogueira.

Comezamos co tema da rúa Ourense, que estan en mal estado e a sua reforma de moi necesaria, xa esta adxudicada a empresa PROYECON,foi adxudicada xa definitivamente a dia 30 de outubro, tras estimar a CHMS as alegacions presentadas contra a anterior adxudicacion, que efectivamente estaba incursa en presunción de temeridade, e que nestes casos a empresa ten que xustificar porque e capaz de facer a obra a tan baixo precio, cousa que non fixo e polo tanto se adxidicou a PROYECON, que estaba de segunda na licitacion, NON hai que volver a licitar señor Nogueira, asi que por favor non minta porque sei que sabe de sobra iso.

A obra VAISE FACER por moito que a alguns coma a vostede e os de Espazo Comun tanto lles disguste que as cousas avancen, e vostede sabe tan ben coma min, que v ai haber goberno socialista, non mare a perdiz con ese tema, e ainda que non o houbese, non iban a deixar eso sin facer xa que a obra esta xa adxudicada, ademais de defender o caciquismo dando a entender que se goberna outro partido non  se fan obras, porque a CHMS fixo obras en concellos gobernados polo PP se vostede non o sabe, porque o de informarse non vai con vostede polo que se ve.

E en úiltimo lugar e case mais sangrante e que se queixe de que non hai transporte público, cando vostede foi o primeiro, xunto co outro Nogueira, en deixar colgada a Plataforma, o ver que non podía sacarlle rédito político, que aquí somos poucos e todo se sabe Manoliño, e se non o sabe agora hai mais transporte público ca antes, hai dous autobuses máis o día, e se repuxeron os dous tren a Ourense que se suprimiron pola pandemia, e que dende logo grazas a vostede non foi.

Acepte a súa derrota e os seus resultados, e deixe de desinformar a poboación, e para desgaraza de moitos o seu partido que facilitou a saída do cárcere de numerosos violadores, vai a seguir gobernando.

E tamén querido resto de tertulianos, que seipades, que falar dende unha silla e moito mais doado que facer as cousas, e que se se fai unha taquilla aparte e porque ADIF NON DEIXA USAR A SÚA, aínda que eles non a usen, e tamén que seipan que van a levar para alí a Emilio, o que esta na estaciones de autobuses.

En penúltimo lugar tamén que sepan que a nova parada intermodal, que ben certo e, que e un pendello ridículo xa esta plenamente operativa, aínda que alguns conductores non a usen por comodidade, pero xa se lles dixo que deben empregala SEMPRE, en lugar de parar do outro lado como fan agora.

E que seipades que o centro de saúde vaise facer na estación de autobuses por moito que patalen os de Espazo Común.

E xa para rematar, en referencia a do cruce onda o Arsenio, tende coidadiño porque fai tempo sancionaron os de Tráfico a un conductor que se me puxo a dereita pensando que había dous carriles, e por certo Sebas, ese tramo e dos teus amigos da Xunta, que vaia por Deus, como no lo teñen.

Saúdos a todos

3, Novembro 2023

CINE. O Cine-Club Carballiño proxecta este venres a película "El maestro jardinero", dirixida polo cineasta Paul Schrader. Auditorio municipal, venres 3 ás 20:00 e 22:30 horas. No Novocine de Leiro dúas películas para estes dias "Trolis 3" (16:00 horas) e "Los asesinos de la luna" (17:45 e 21:15 horas)

TEATRO. A concelleria de cultura do concello carballiñés en colaboración coa Axencia Galega de Industrias Culturais presenta a "Teatro dos Vieiros" cun espectáculo de teatro infantil, con música en directo e narración oral, con Xoán Curiel e Charo Pita (Auditorio municipal, sábado ás 18:00 horas). Ademáis, Tiruleque Teatro clausura a Mostra de Teatro Amador coa compañía de A Coruña "Ditirambo Teatro" e a súa obra "Apuntamento para un magnicidio" (Domingo 5 ás 20:00 h. no auditorio".

XANTAR. O salón gastrómico de Expourense terá representación do Xeodestino turístico do Ribeiro-O Carballiño, ata o próximo domingo.

FESTA DOS COGOMELOS.  O pavillón de deportes de Soutelo de Montes acolle a XIX Festa dos cogomelos o domingo dia 5, con menú degustación, exposicións, concursos e actuacións musicais.

ARENTEIRO FOTOGRÁFICO. A  asociación O Potiños inaugura este sábado novas exposcións tanto individuais como colectivas no local de Evaristo Vaamonde 26, entre elas a expo colectiva "Pulpeiras do Carballiño".

FÚTBOL. O Arenteiro recibe en Espiñedo ao equipo madrileño do Fuenlabrada en partido de liga da Primeira RFEF (Sábado 4, ás 19:00 horas)

 

2, Novembro 2023

Ademáis de anunciar un novo proxecto para acondicionar a rúa Grupo Escolar e a contorna do CPI Terras de Maside por importe de 700.000 euros para os que agarda a colaboración da Xunta, o alcalde José Manuel Iglesias tamén presentou á directora xeral de administracción, Natalia Prieto que se reactive o proxecto de erradicación do chabolismo na Fontela.

A obra da mellora da rúa principal de Maside, os pasos que continúan dándose para avanzar no proxecto de parque empresarial O Carballiño-Maside, ou as actuacións de mellora no campo de fútbol do Outeiro Grande, son outros asuntos tratados polo rexedor municipal  nesta entrevista en COPE O Carballiño. Podes escoitála no audio adxunto:

2, Novembro 2023

Senén Pousa Soto foi alcalde do concello de Beade desde 1974 ata este pasado mes de xuño de 2023, tras ceder o bastón de mando neste concello ribeirán a Fernándo Taboada do Partido Popular, co que aparece na foto nun dia histórico, xa que atrás deixaba unha etapa de 49 anos exercendo como alcalde de Beade. Faleceu esta pasada madrugada aos 84 anos de idade.

Para as eleccións municipais deste ano o Partido Popular decidira sustituílo como o seu candidato para a alcaldía, unha decisión que non compartía e que o levou a presentarse como cabeza de lista dunha candidatura independiente, a "Agrupación de Electores por Beade", conseguíndo unha acta de concelleiro, a súa.

Antes, e durante case cincuenta anos, Senen Pousa estivo ao fronte da alcaldía de Beade revalindando sempre o cargo con sucesivas maiorías absolutas, primeiro con Alianza Popular e despóis co Partido Popular. Nunca disimulou a súa admiración pola figura do dictador Francisco Franco. sendo protagonista de varias polémicas durante toda a súa traxectoria política.

O velorio instalaráse no velorio de Beade a partir das 4 da tarde deste xoves dia 2 de novembro, a condución e funeral terá lugar este venres dia 3 de novembro ás 4 da trde na igrexa parroquial de Santa María de Beade.

1, Novembro 2023

Cándido Cabanelas Barros exerceu como alcalde do concello de Boborás, desde o ano 1971 e 1991. Ademáis de alcalde, foi durante anos mestre na escola da parroquia de Brués.

Foi, polo tanto o último alcalde da dictadura franquista e tamén o primeiro alcalde elexido en democracia no concello de Boborás, en 1979 baixo as siglas da UCD. En 1983 revalidou o seu triunfo electoral baixo as siglas de Coalición Galega, e finalmente nas eleccións de 1987 -igual que nas dúas anteriores con maioría absoluta- volveu gañar as eleccións municipais presentandose como cabeza de lista de Coalición Progresista Galega, unha coalición electoral integrada por varias formacións de corte centrista e galeguista. 

 

 

 

1, Novembro 2023

A gastronomía transcende o sentido da unión e da reunión. Se temos algo marabilloso en Galicia que nos reúne, que nos enche de alegría e de orgullo é a gastronomía”; así principiou a súa intervención o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, na presentación do 24º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, que se celebrará en Ourense entre o 2 e o 5 de novembro.

“A gastronomía –mantivo o delegado territorial- é o espazo transversal a todas as familias e todas as rexións; onde, a carón dunha mesa, sempre acadamos puntos de encontro satisfeitos do que poñemos enriba dela, porque, entre outras cousas, nós sabemos comer ben xa que posuímos produtos extraordinarios dos que sempre dá conta Xantar”.

Esta edición -continuou Gabriel Alén- chega con importantes novidades co obxectivo de atraer maior número de visitar e de animar ao público de proximidade a participar na feira. A primeira delas é que a entrada será, por primeira vez, gratuíta. Tamén será gratuíta, ata completar aforo, a participación en calquera das 140 actividades que ofrece o programa desta edición e que inclúen talleres de cociña en directo, catas comentadas de produtos como veu, queixo, mel ou conservas, ou a presentación, con degustación, dunha vintena de festas gastronómicas de Galicia.

O representante do Goberno galego destacou que un centenar de expositores e con 5 países representados (España, Portugal, Colombia, Perú e Costa Rica), Xantar contará con 4 restaurantes, 1 Zona de tapas, 2 aulas gastronómicas, 1 aula de catas comentadas, 1 espazo de degustación e promoción das festas gastronómicas de Galicia e o Túnel do Viño, de acceso profesional.

Gabriel Alén valorou positivamente a participación de tres deputacións provinciais de Galicia (Ourense, Lugo e A Coruña), de varios xeodestinos e GDR (Ribeiro-Carballiño, Valdeorras, Terra de Celanova – Serra do Xurés) e de numerosos concellos galegos das 4 provincias que participan de forma independente para promocionar o seu turismo gastronómico desde a perspectiva da calidade e da sustentabilidade.

Para o delegado territorial, Xantar convértese un ano máis nun exemplo de cooperación público-privada. Entre os seus principais apoios conta coa administración autonómica (a través do apoio de Turismo de Galicia e das Consellerías de Medio Rural e de Mar), entre outras colaboracións como a de Promoción do Emprego a través da participación de Economía Social de Galicia. Tamén conta co apoio da administración provincial a través da colaboración da Deputación Provincial de Ourense a través do INORDE.

E lembrou tamén as actividades organizadas pola Consellería do Medio Rural e a de Mar, que teñen o obxectivo de poñer en valor vos produtos de calidade de Galicia amparados con Denominación de Orixe, Indicación Xeográfica Protexida, ou con selos de garantía como “Peixarías”, de produtos ecolóxicos adscritos ao CRAEGA, ou das conservas de peixe e marisco de ANFACO-CECOPESCA.

“Os hábitos alimenticios -subliñou Gabriel Alén- constitúen un espazo onde a tradición e a innovación teñen a mesma importancia, onde o presente e o pasado entrelázanse para satisfacer a necesidade do momento, producir alegría ao instante e convir as circunstancias; por iso, podemos presumir da nosa educación, da nosa cultura e da nosa riqueza gastronómica, e que mellor escaparate que Xantar para amosarlle a quen nos visitan o deleite dos nosos produtos de primeira calidade e o resultado culinario da nosa cociña tradicional e ao tempo vangardista”.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS