
Comezou unha nova tempada na "Tertulia dos venres" en COPE O Carballiño, como sempre en directo entre as 13 e as 14 horas.
Nesta primeira tertulia do curso participaron José Antonio Barge, Manuel Nogueira, Maria Luisa Rodríguez e Sebastián Lamazares, e moderada por Xan Pinal.

Unha verbena para a noite deste venres dia 22 coa orquestra Paris de Noia abre a programación festiva da Saleta 2023, que se prolongarán ata o lúns dia 25, incluido.
Para o sábado 23, animación musical nas rúas de Cea coa agrupación de música tradicional Feitizo de Pau, e pola noite verbena coa orqurestra Fuego.
O domingo 24, a vila de Cea acollerá pasarrúas da Banda de Música de Boborás, que acompañará a procesión e ofrecerá concertos na Praza Maior. A verbena estará amenizada por dúas orquestras, Trebol e Miramar.
Xa finalmente, o lúns 25, que ademáis será dia festivo de carácter local no concelllo de San Cristovo de Cea, haberá animación musical con Feitizo de Pau, pasarrúas e acompañamento na procesión da Banda de Música Popular de Muimenta e verbena coa charranga-espectaculo Ardores e a orquestra New York.
Buenos dias, quiero pedirles a los padres de los niños que llevan a sus hijos al colegio de la UCEIRA en coche, que tengan más cuidado con los que vamos a pie con nuestros hijos al colegio, más de una vez me sentí en peligro tanto yo como mis hijos, ya no sé que hacer para que nos vean y nos respeten como peatones que somos, por favor papás un muchito de EDUCACION . Estoy por llevar conmigo una bandera y un silbato para hacer de guardia de tráfico. Y por cierto para entrar al colegio no hace falta correr tanto, se puede y se debe entrar despacio y con mucha precaución.
Buenos dias, quiero decirle al señor ALCALDE que por favor se pase por el colegio de la UCEIRA para que vea la gran cantidad de MIERDA, BASURA que dejaron tirada por todo el campo los feriantes, que falta de CIVISMO, DE EDUCACIÓN. Para el año si vuelven pido que se les enseñe pa que sirven los contenedores, o sinó que depositen LA BASUARA en el CONCELLO.
Boas. Ben se ve que as festas do Setembro van cada ano a menos como así o demostra o feito de que en vez de empezar o 14, como está mandado, que este ano empezaran o día 15. Outra proba da decadencia que experimentaron estas festas son as sesións de fogos artificiais, que este ano se limitaron a un só día cando fai uns anos era costume que houbera tres ou catro sesións de pirotecnia repartidas en tres ou catro días. Penso que unha vila como o Carballiño debería máis que unha soa sesión de fogos artificiais, pois estas dende son uns dos platos fortes das nosas festas patronais. Non sei se esto obedece a un intento de recortar gastos, a un baixo presuposto ou porque a comisión de festas apostou por macroespectáculos como a actuación da Panorama ou unha gran sesión de pirotecnia.
Por outro lado gustaríame saber quen fo i a eminencia que tivo a orixinal idea de que a sesión de fogos artificiais tivera lugar na entrada do parque municipal cousa que é totalmente desaconsellable, posto que se corre o risco de que algún dos foguetes poda prender na vexatación do parque e provocar un incendio forestal neste como así xa ten pasado nalgunha ocasión noutras localidades. Por fortuna a choiva que fixo acto de presencia o día que se botaron os fogos impediu que houbera un incendio no caso de que un foguete mal dirixido ou defectuoso chegara a prender na maleza.

Ata 3 peliculas a diario na pantallla grande do Novocine de leiro, o cine de referencia para as comarcas do Ribeiro e O Carballiño.
A carteleira, e nos horarios que podes ver, permanecerá proxectandose desde o venres dia 22 ao xoves dia 28 deste mes de setembro.

Hai momentos na vida na que se entremezclan momentos de ledicia e de pesar o mesmo tempo; e o intelecto tén unha dicotomía difícil de discernir.
Hoxe logo de vinte e oito anos,atrás queda aquíl doce de maio de 1995,as portas do Vaticano van ser pechadas.
Tras longos anos na emigración en Lausanne,na Suiza,de volta a sua terra ,Manuel Fernández Moure e Aurora Benedicta Daparte Rey ,abriron un local de hostalaria na praza maior de San Cristovo de Cea que foi ata o día de hoxe un referente non soio na província e no resto de Galicia,senon por o mundo enteiro grazas os peregrinos e forasteiros que por aquí pasaron e pasan.
A vida que é roda ou ruleta,pasa paseniñamemte e así como quén non quere a cousa ,sin decatarse ,chegaron a xubilación.Segundo a definición que provén do latín,da verba jubilare,que significa alegria ,ou o que hoxe chamamos edade dourada.Eso é o que eu desexo que disfruten con alegría e armonía moitos anos.
Nada será igual sen esas partidas “silenciosas”do Ledo,o Guillermo,ó Dario,o Fachenda,o Piteira,o Dalama,o Generoso,o Tono,o Chapi….e que decir das tertulias co Patricio,o Fernando,o Pajita,o Irixo,o Manolito Maderas…discutindo co Pepe de Maceda e o Evaristo.E o Evaristo falando do divino e do humano
con D.Benito Vázquez e D.Luis Cachaldora co alcalde Valladares por medio.
Ou que decir dises mediodías co Modesto da Veiga,o Francisco Adá,o Culleres,o Roxo,O Ramón de Bustelo e o Miguel de Tanxil….ou os dias de feira con xente de aquí de acolá falando da caza ou do Real Madrid.
Botaremos todo eso en falta nun vacio de tempo e espacio pero seremos conscientes,moi o noso pesar,que toda o mundo ten dereito a ser feliz e disfrutar.
Somentes engadir felicidades por alcanzar esta meta e os mellores desexos que poidan ,Manolo e Benedicta,d e compartir xuntos nunha nova etapa de vida e da sua filla Susana.
Texto: Evaristo Rodríguez, cliente, amigo e veciño.

O pleno da Mancomunidade de Concellos do Carballiño, que integran os concellos do Irixo, San Amaro, Boborás e Beariz, elixiu ao alcalde de San Amaro Fernando Rodríguez Redondo como novo presidente da entidade supramunicipal, en sustitución do exalcalde do Irixo Manuel Cerdeira, que a presidiu nos últimos catro anos, ambos do Partido Popular.
Como vicepresidenta da Mancomunidade de Concellos do Carballiño foi elixida a concelleira bearicense, Ana Rodríguez Muradás. Ambos nomeamentos foron por unanimidade.
Podes escoitar as declaracións do novo Presidente da Mancomunidade no PODCAST de COPE O Carballiño deste xoves dia 21 de setembro.

A Xunta de Galicia e o Concello de Beariz analizarán as posibilidades de colaborar nun novo proxecto urbanístico que permitiría a humanización de varias rúas do municipio. Así o acordaron a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o rexedor municipal, Manuel Prado, na reunión que mantiveron hoxe para abordar este e outros asuntos de interese municipal.
Durante o encontro, o alcalde trasladoulle á vicepresidenta segunda que o proxecto municipal inclúe, entre outras cuestións, a mellora dos pavimentos, o soterramento das instalacións aéreas e a adaptación á normativa vixente sobre accesibilidade.
Pola súa banda, Ángeles Vázquez informou ao rexedor da posibilidade de que esta iniciativa municipal, se poida acoller ao chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de iniciativas que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza. Así, de ratificarse a colaboración, a Xunta financiaría o 70% da obra e o concello asumiría o 30% restante.
Nesa liña, cómpre subliñar que, grazas aos acordos de cooperación asinados no marco do Plan hurbe, desde o ano 2010 se mobilizaron ao redor de 165 millóns de euros para financiar máis de 415 intervencións urbanísticas, das que ao redor de 170 se levaron a cabo na provincia de Ourense, co obxectivo común de habilitar ou recuperar equipamentos públicos e poñer en valor contornas urbanas e núcleos rurais.
De feito, o concello de Beariz xa levou a cabo actuacións ao abeiro desta liña de financiamento, como, por exemplo, a mellora da contorna da Casa do Concello e a humanización de rúas no lugar de Alvite.

Pasan os meses, e ata os anos, e continúa en estado lamentable e tal como pode observarse nas fotos este vial que é transitado a diario por centos de vehículos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- …
- seguinte ›
- última »