11, Marzo 2025

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou esta mañá na presentación oficial dun sistema pioneiro de dixitalización de viñedos no Ribeiro, proxecto subvencionado pola institución ourensá con 20.000 euros, no marco das axudas destinadas á promoción do viño no conxunto da provincia, que neste mandato actual ascenden a máis de 200.000 euros de investimento para diversas actividades.

O proxecto presentado hoxe permitirá ao Consello Regulador dispoñer de distintas aplicacións conectadas a unha única base de datos central, que vinculará tódolos procesos dixitalizados e será ampliable a medida que a D.O desexa abrir servizos a viticultores e bodegas. Deste xeito, simplifícanse os procesos actuais e favorécese a disposición da máxima información posible das parcelas -incluso das abandonadas-, nun único sistema.

Ademais, esta nova ferramenta permitirá maiores facilidades na cesión, o aluguer ou a compra de terreos para os viticultores, xa que se trata de tecnoloxía de vangarda que ofrece unha visualización das parcelas óptima.

Durante a presentación no Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, o presidente provincial aproveitou para poñer en valor a “cooperación” como a senda a seguir dende a Deputación, para que sectores coma o do viño dean “un salto cualitativo” con ferramentas novidosas coma a que se estrea, “pioneira en Galicia”, resaltou.

O presidente provincial, acompañado pola presidenta do Consello Regulador do Ribeiro, Concepción Iglesias; alcaldes da zona, viticultores e bodegueiros, percorreron viñas en Barxalonga, Beade, onde o responsable informático, Antoni Antés, explicou aos asistentes o funcionamento desta aplicación dixital, que é a primeira vez que se implanta nunha denominación de orixe galega, tralo seu éxito en zonas vinícolas de Cataluña.

Despois de probar a aplicación sobre terreo, os asistentes reuníronse na sede do Consello Regulador, en Ribadavia, onde Luis Menor sinalou o apoio da Deputación ao sector vinícola, “unha das actividades económicas estratéxicas da nosa provincia”.

O presidente provincial destacou os beneficios que suporá esta nova ferramenta para os profesionais do sector e a “aposta pola modernidade e o progreso” que supoñen esta e outras iniciativas, nunha zona histórica como O Ribeiro, da man do Consello Regulador.

Un sistema novidoso para 17.000 parcelas

A presidenta do Consello Regulador da D.O Ribeiro, Concepción Iglesias, amosou o seu agradecemento á Deputación de Ourense por subvencionar este sistema. Iglesias destacou as “dificultades” que supón dixitalizar unha zona vinícola coma O Ribeiro, sinalando que son “máis de 17.000 parcelas as que se beneficiarán desta ferramenta”.

Este proxecto dixitalizador do rexistro vinícola vai permitir xestionar información actualizada de todas esas parcelas, facilitando a modernización do sector.
--

10, Marzo 2025

Comisións Obreiras manifesta que esta falta de negociación colectiva "tradúcese en constantes vulveracións por parte do concello do Carballiño dos acordos de condicións laborais do funcionariado e e do convenio colectivo do persoal laboral".

Aseguran desde CCOO que "seguese sen facer caso dos escritos que presentamos os representantes dos traballadores e traballadoras, denunciando o cobro de nóminas con retraso, o superar sempre o periodo marcado tanto no acordo como no convenio".

Abrindo o arquivo adxunto podes acceder ao comunicado do Comisións Obreiras:

9, Marzo 2025

A festa gastronómica do inverno no Carballiño volveu demostrar que está xa consolidada como o evento maís destacado en Galicia no chamado domingo de piñata. e por segundo ano consecutivo, máis de 2.300 persoas degustaron nos resturantes da vila e arredores o menú da festa, a base do exquisito cocido de cachucha. 

A pesar da amenza de chuvia, que caeu nalgunhos momentos deste domingo, non se suspendeu ningunha das actividades festivas programadas polo concello carballliñés, incluidos os dous desfiles de comparsas, folións, charangas, e as sempre espectaculares carrozas do entroido de Parada de Amoeiro, que coa súa presenza animaron ao numeroso público ao seu paso polas rúas máis céntricas do Carballiño.

A orquestra Gran Parada puxo o fin de festa na Praza Maior, completando asi o programa desta XXX edición da Festa da Cachucha, despendindo tamén o ciclo festivo do entroido no Carballiño que se prolongaba desde o pasado 28 de febreiro.  

 

8, Marzo 2025

A Deputación de Ourense culminou este sábado 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a campaña que desenvolveu durante todo o ano, titulada “8M, mes a mes”, centrada en visibilizar ás mulleres que desempeñan profesións altamente masculinizadas.

No acto institucional, celebrado no Centro Cultural Marcos Valcárcel, o presidente provincial, Luis Menor, puxo en valor a vontade da institución provincial para “visibilizar a igualdade entre homes e mulleres durante todo o ano, tomando como exemplo as vidas profesionais das mulleres en todos os ámbitos laborais”. Para Luis Menor, a igualdade debe ser “unha loita conxunta e sen hostilidades”. Referiuse tamén ás mulleres protagonistas da campaña que se desenvolveu durante todo o ano: Cintia Piña (camioneira); Inés Rodríguez (empresaria e artesá); Lorena Quintas (empresaria con discapacidade); Raquel Biscaia (viticultora); Zaira Vidal (cosmética natural e marketing); Montserrat Dafonte (farmacéutica); Isolina Morais (praceira de Praza de Abastos); Julia Carballo (investigadora); Victoria Diéguez (sector forestal); Julia Vázquez (conductora) e María Fernández (científica).

Para o presidente provincial, a experiencia de todas as protagonistas “é de de suma importancia para contribuír a unha sociedade máis igualitaria onde as mulleres poidan ser o que desexen ser”. Luis Menor advertiu tamén que as administracións públicas “temos que poñer unha parte importante do noso foco na procura da igualdade”, lembrando accións desenvolvidas pola Deputación de Ourense que foron merecentes de recoñecemento, como o II Plan de Igualdade que en 2023 resultou finalista nos Napolitan Victory Awards na categoría de “Campaña Gubernamental do ano”. Un plan con 35 accións a desenvolver en dez áreas de traballo baixo tres principios fundamentais: a perspectiva de xénero, a transversalidade e a atención á diversidade.

O acto institucional do 8M, foi presentado pola deputada de Igualdade, Teresa Barge, e contou coa participación da profesora da Universidade de Vigo Yolanda Rodríguez Castro; da influencer Ro_Meiry; da representante da Asociación de Mulleres con Discapacidade (ACADAR), Laura Quintas; e da actriz Mariana Carballal, que falaron das súas respectivas experiencias profesionais. As participantes relataron as dificultades que atoparon nos seus respectivos sectores e reivindicaron a igualdade coma un “dereito”. Pola súa banda, Teresa Barge agradeceu ás poñentes a súa participación no acto e puxo en valor o traballo da Deputación de Ourense para “seguir avanzando no camiño da igualdade” e agradeceu ás mulleres que “loitan”, pero tamén “aos homes que nos acompañan para conseguir esta igualdade”.

7, Marzo 2025

Estes dias foi cambiado o valado de arame da parte de atrás do colexio e, no canto de ser levado a un punto limpo ou a onde corresponda, foi deixado alí, tirado; deste mesmo xeito se fixo coa maleza que foi cortada en dito centro educativo, quedando todo amontonado sen moito xeito nunha zoa de tránsito habitual, supoñendo un perigo tanto para as persoas como para o resto dos animais.

Hai comportamentos que son, en xeral, vergoñentos, pero que o fagan os operarios das administracións públicas...

E que decir da esplanada que hai diante do Colexio, (na ubicación habitual dos espectáculos circences) que, ademáis de dar unha imaxe lamentable, con restos de obras (muricos de area, ladrillos, coios , paus) supón un risco en xeral pero, particularmente, para os nenos do barrio que, a falla dun sitio mellor, ían a xogar aí.

Dende aquí, gostaría de abrir a estudo a posibilidade de realizar, polo Concello ou quen corresponda, unha area recreativa infantil ou unha zona de lecer , que embeleza e dignifique o actual desastre co que lidamos no día a día.

7, Marzo 2025

Nova entrega da Tertulia dos Venres, a deste 7 de marzo, con Luis Tosar, María Luisa Rodríguez, Manuel Nogueira, Fátima Gómez e Sebastián Lamazares, xunto a Xan PInal nos estudios de COPE O Carballiño.

Escóitaa aquí:

6, Marzo 2025

O alcalde de San Amaro anunciou hoxe e no transcurso dunha intervención radiofónica en COPE O Carballiño a suspensión das actividades do entroido de San Amaro previstas para este sábado dia 8 na localidade.

Fernando Redondo lamentou esta decisión ao non poder garantir a organización dun desfile no que estaban inscritas un total de 16 comparsas debido ao empeoramento do tempo previsto para o sábado, cunhas condicións meteorolóxicas adversas, con previsión de chuvias xeralizadas e mesmo probabilidade de neve nas zonas máis altas da comarca.

Mentres, o concello do Carballiño mantén a celebración de todas as actividades programadas para este próximo domingo dia 9 con motivo da XXX edición da Festa da Cachucha.

O concelleiro de turismo, Manolo Dacal, avanzou en COPE O Carballiño que en principio vaise manter o programa previsto, incluidos os dous desfiles de carrozas, folións, comparsas e charangas, con 30 agrupacións inscritas. Tan so no caso de condicións meteorolóxias que asi o aconsellasen, suspederíanse estas actividades.

Onde non haberá problema, independientemente do tempo que faga, para o xantar nos comedores da hostalaría carballiñesa, que rexistrarán un cheo total, aínda con alguhas prazas dispoñibles -xa poucas- e coa previsión de completar un aforo que -igual que o ano pasado- agárdase tamén este domingo superar as dúas mil persoas degustando o menú da festa, a base dun cocido de cachucha.

5, Marzo 2025

Auténticas xoias rodantes, ata 60 vehículos históricos verémos este próximo sábado dia 8 de marzo participando no Rali do Lacón Históricos, unha proba de regularidade organizada pola asociación Clásicos Arenteiro.

A Praza da Veracruz acollerá o parque pechado, no que poderán verse os vehículos ata as 15 horas e á súa chegada despòis de completar o rali ás 20:30 horas. A entrega de premios será no transcurso dunha cea de confraternización no restaurante Fuchela.

O rali recorrerá por estradas dos concellos do Carballiño, Maside, Leiro, San Amaro, Punxín, Boborás e O Irixo.

Nos audios adxuntos podes escoitar a Pepe Castro Gil, concelleiro de deportes do Carballiño e a José Manuel Mosquera, secretario da asociación Arenteiro Clásicos:

3, Marzo 2025

Un ano máis O Carballiño congregará a centos de participantes no concurso-desfile do entroido, este martes dia 4 -festivo local no municipio- a partir das cinco da tarde, un entroido que conta cos maiores premios de toda Galicia, por exemplo, o primeiro premio é de 1.300 euros e tamén hai un premio que outorgan as propias comparsas participantes.

Entre as comparsas concursantes repiten varias do Concello do Carballiño coma Partovia, As Flores da Costa, Aspadisi, Entroula ou Lumareda, destaca tamén Maside que contará con tres representantes, tamén contan con representación San Amaro, a cidade de Ourense ou os gañadores da pasada edición, unha das comparsas do Irixo.

O desfile, que ademais de contar cas comparsas concursantes, tamén contará ca presenza da batucada do Conservatorio de Música do Carballiño, os incombustibles Liborianos ou os 100 Tolos, comparsa espectáculo que conta con banda de música propia e chegan desde Poio.

En total, serán 15 comparsas as que desfilarán ás 17h no percorrido tradicional, que ten a súa saída na Rúa Otero Pedrayo, seguindo polas rúas Conde Vallellano, Julio Rodríguez Soto, calvo Sotelo, Tomás María Mosquera e Rosalía de Castro.

Ao remate do desfile, sobre as 19h aproximadamente, terá lugar un baile de disfraces na Praza Maior a cargo da Orquestra Alkar, á espera de dar a coñecer os premios do concurso do carnaval carballiñés, un momento rodeado sempre de gran expectación.

28, Febreiro 2025

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta as obras da futura residencia municipal de maiores de Piñor, un centro ao que a Xunta destina 1,2M€ e que contará con 41 prazas. No percorrido polas instalacións, o xerente estivo acompañado polo alcalde de Piñor, José Luis González.

Esta actuación forma parte do Plan de Investimentos de 18,5M€ acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e co que a Xunta financia unha vintena de proxectos de mellora, reforma ou construción de residencias e centros de día de titularidade municipal. O obxectivo principal deste Plan é dotar aos concellos máis rurais e con menor poboación de servizos de atención aos maiores. No caso de Piñor, o Goberno galego financia o 70% das obras mentres que o resto do investimento corre a cargo da Deputación de Ourense.

O proxecto de Piñor consiste na modificación e ampliación das instalacións que ata agora ocupaban un centro social. Con esta actuación dotarase ao concello de 41 prazas residenciais para persoas maiores. Perfecto Rodríguez destacou que o Plan de Investimentos en centros de atención residencial e diúrna de titularidade municipal supón un impulso histórico da Xunta á rede galega de atención e coidado a maiores. Así mesmo, fixo fincapé en que o Executivo galego financiará parte das obras con fondos europeos Next Generation do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS