
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático vai financiar a reforma integral da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Cea, un proxecto que precisará dunha aportación económica de 788.000 euros.
Doutra parte, a Deputación Provincial achegará ao concello de San Cristovo de Cea unha achega de 180.00 euros para executar a obra de separación de augas pluviais e fecais nas rúas da vila de Cea.
Escoita aquí a entrevista ao alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares:

A Deputación de Ourense, en colaboración coa Xunta de Galicia, avanza nun programa piloto para dotar con 16 brigadas a catro mancomunidades da provincia na loita contra os lumes. Esta iniciativa enmárcase dentro do protocolo de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Deputación de Ourense, -sendo a ourensá a primeira deputación galega en firmar este tipo de convenios-, para realizar actuacións que teñen como obxectivo a prevención e a defensa contra os incendios forestais.
O deputado de Medio Ambiente, José María Lago, participou nunha reunión de traballo para avanzar neste proxecto, hoxe na delegación territorial da Xunta de Galicia en Ourense. Participaron tamén o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, os presidentes das mancomunidades de Verín, José Luis Suárez; do Carballiño, Fernando Rodríguez; de Terra de Celanova, Jaime Sousa; e do Ribeiro, Francisco José Fernández.
O programa piloto permitirá que estas mancomunidades conten con 16 brigadas para a loita contra os incendios forestais. A Deputación de Ourense consolida así o compromiso de colaboración coa Xunta na prevención de lumes, clave para a conservación do medio e a seguridade das persoas e dos bens.
O protocolo consta de seis actuacións relacionadas coa adquisición de tractores rozadoiras e maquinaria motoniveladora; coa cesión de maquinaria e a aportación de máquinas multifunción; coa formación do persoal dos concellos e mancomunidades no emprego destas ferramentas, a través do Centro Integral de Loita contra o Lume situado no municipio de Toén; e co desenvolvemento do programa piloto de dotación de brigadas.
Estas brigadas, das cales se destinarían catro para cada mancomunidade con cinco integrantes en cada unha, levarán a cabo tarefas de prevención e, no caso de ser requiridos polo distrito forestal, poderán actuar no caso de extinción dun incendio forestal. A disposición destas brigadas sería por unha duración de seis meses, segundo se contemplou dentro do protocolo de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Deputación de Ourense.
Así, mediante este protocolo fomentaranse os traballos de roza de matogueira para xestionar a biomasa. O obxectivo é realizar actuacións conxuntas dirixidas ao mantemento e a conservación das infraestruturas preventivas e da contorna agroforestal no territorio provincial.
Un convenio pioneiro
Con anterioridade, en novembro de 2023, a colaboración entre a Deputación e Medio Rural plasmouse na entrega de tractores e apeiros para a prevención de lumes forestais a 13 concellos da provincia. Esta liña de colaboración supuxo por aquel entón un investimento conxunto de 1,3 millóns de euros.
En febreiro de 2024, este protocolo de colaboración reforzouse cunha nova achega que acadou o orzamento máximo de 3,8 millóns de euros, triplicando o importe do anterior acordo para o mantemento e a conservación das infraestruturas preventivas. De estes, a Deputación aporta 1,3 millóns e a Xunta o importe restante.
--

Maria Luisa Rodríguez, José Antonio Barge, Fátima Gómez, Manuel Nogueira e Sebas Lamazares, formaron o quinteto deste venres 21 de febreiro na Tertulia de COPE O Carballiño, que un venres máis presentou Xan Pinal.
Escóitaa aquí:
Ese é outro exemplo máis das chapuzas da obra en cuestión. Unha obra na que se supostamente se cambiou o alcantarillado, traida de augas e demáis e resulta que as tapas coinciden onde van os bordillos. A excusa será que ese tramo en concreto non se cambiou porque era un tramo que se había arranxado recentemente é estaba ben. Podería ser valida porque na época de Marnotes por ali fixeron algo e estivera bastante tempo en obras. A mín non me vale, resulta que existen bocas excéntricas ou descentradas, para facer que as tapas estean por fora do bordillo. Foron a solución económica e chapuceira. Por certo, tampouco cumple a normativa en cuestión, non se poder facer un cambio brusco nun elemento lineal. As persoas invidentes que? Van pola acera e escarallanse.... Onde está o arquitecto? Vai certificar tamén isa chapuza? Ou segue vendo si pode zafar doutro marrón que metou o concello co lavadeiro de coches?
A mellor solución é a que lle fixeron para eliminar os asulagamentos que había no entorno de Fenosa. Antes había anegamentos de auga bastante grandes na marxe dereita da acera saindo de Carballiño.
SOLUCIÓN ACTUAL; pois eliminamos a acera e xa está. Así a auga discorre libremente polas fincas dos veciños. Ver para creer, deixar sen acera o tramo dende a Rotondiña do Alcampo ata a primeira casa despois de Fenosa. Uns CRACKS!!
Polo menos, antes ainda que en mal estado, pero habia acera.
En fin....

SIN PALABRAS.

A Asociación de Comerciantes Carballiño CCA organiza unha nova edición da Feira de Stock de Inverno, que terá lugar do 21 ao 23 de febreiro na Praza Maior do Carballiño. Durante tres días, os veciños e visitantes poderán atopar produtos con descontos irresistibles en moda, calzado, complementos e artigos para o fogar, entre outros.
Aproveitando o período de rebaixas de inverno, un total de 14 establecementos comerciais ofrecerán os seus produtos a prezos de saldo nunha feira que se desenvolverá nunha gran carpa instalada na Praza Maior. Nela, os asistentes poderán atopar artigos de diferentes sectores como moda masculina e feminina, moda infantil, calzado, lenzaría, complementos, artigos para o fogar e alimentación, entre outros.
O horario da feira será: Venres 21: de 17:00 a 21:00 h. Sábado 22 e domingo 23: de 11:00 a 14:00 h e de 16:30 a 21:00 h. A entrada será gratuíta, permitindo a todos os asistentes aproveitar as mellores ofertas e apoiar ao comercio local.
Como agradecemento aos clientes pola súa fidelidade, Carballiño CCA sorteará un vale de compra de 100 € para gastar nos establecementos participantes da feira. Como participar? Por cada compra realizada na feira, os clientes recibirán unha papeleta que deberán completar cos seus datos e depositar na urna situada na caseta de Carballiño CCA. O domingo 23 ás 18:00 h, realizarase o sorteo presencial na carpa da feira. Para poder gañar o premio, a persoa agraciada deberá estar presente no momento do sorteo e acreditar a súa identidade cun documento oficial.
Establecementos participantes
Os seguintes comercios formarán parte da Feira de Stock de Inverno: Aura Modas, B Jeans 8 ,Bolequiños, Contos, Dua’s, *École, Ende Ben, Froitas Evaristo, Lamargha, Ou Ruan, Ou Super 100, Plumetti e Pol Cotton e Thermomix Carballiño.
Desde O Carballiño CCA animan a todos os veciños e visitantes a achegarse á Feira de Stock de Inverno para gozar de grandes oportunidades de compra e apoiar ao comercio local, fundamental para a economía local. A feira conta coa colaboración do Concello do Carballiño e co cofinanciamento da Xunta de Galicia.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse na sede de San Caetano co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega e o primeiro tenente alcalde Pepe Castro-Gil, cos que abordou a integración do Museo da Fábrica de Papel na Rede de centros museísticos de Galicia.
Ademais, o representante de Cultura do Goberno galego e os responsables municipais deste concello analizaron posibles colaboracións para impulsar, modernizar e facilitar a accesibilidade en diferentes equipamentos culturais do municipio, dentro da estratexia de melloras destas infraestruturas que está a levar a cabo a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

O Grupo Provincial Socialista leva unha iniciativa á Deputación para garantir a estabilidade e viabilidade das denominadas “casas niño”, ao considerar que “desenvolven un papel crucial na atención á infancia e á conciliación familiar, contribuíndo de paso a fixar poboación nas zonas máis despoboadas”.
“Queremos poñer o foco na realidade desta figura fundamental no noso rural e, nomeadamente, na problemática das súas traballadoras e traballadores, falsos autónomos sobre os que recae todo o peso dun servizo que teoricamente leva a cabo pola Xunta”, subliña Álvaro Vila, voceiro socialista na Deputación, desde A Parruliña, unha casa niño situada no Lugar de Outeiro, en Taboadela.
As casas niño son un modelo de atención dirixido a nenas e nenos de 0 a 3 anos, deseñado para municipios rurais galegos onde, por mor da baixa densidade de poboación, non resultan viables os servizos habituais de atención á primeira infancia.
Xestionadas por profesionais autónomos, ofrecen atención personalizada nun ambiente 100% familiar e cada unidade pode atender ata cinco nenos. A Consellería de Política Social e Igualdade financia a súa posta en marcha e funcionamento cunha subvención anual duns 29.000 euros brutos.
Precariedade e indefensión
“O monto asignado pola Xunta, ao que hai que detraer un 20% de impostos, apenas cubre os custos operativos e gastos cotiás, ameazando a continuidade deste servizo esencial do noso rural, sendo particularmente críticas continxencias coma unha baixa por enfermidade ou unha substitución puntual ao non alcanzar as capacidades económicas destas casas niño”, declara Vila.
Segundo este, “os traballadores non teñen relación contractual algunha coa Xunta e se o día de mañá teñen que pechar as instalacións non teñen cobertura social nin a posibilidade de acreditar a súa experiencia e obter referencias para optar a outros postos de traballo e continuar coa súa vida”.
A provincia de Ourense conta na actualidade con 48 instalacións operativas con capacidade para acoller a 240 nenas e nenos, consolidándose como a provincia galega con maior número de instalacións, con arredor do 50% das unidades en funcionamento na actualidade.
“Reclamamos que a Deputación de Ourense se implique e esixa da Xunta de Galicia que se preocupe dunha situación insostible para as e os profesionais das casas niño, que tamén se pode facer extensiva ás casas do maior, para que mellore o seu cotiá e os recoñeza coma traballadores”, conclúe o voceiro socialista.

O PSdeG-PSOE de Leiro vén de presentar un escrito dirixido a consellería de vivenda e infraestruturas para que de forma “urxente” proceda a regular e solucionar o problema do alumeado da ponte da Esperela na OU-209. As e os socialistas denuncian que as obras levadas a cabo con financiamento da Xunta de Galicia presentan “graves” carencias en materia de iluminación, xa que tal e como apuntan “as luces cegan aos condutores pola noite, restándolles visibilidade”.
Dende o grupo municipal socialista explican que nas últimas semanas “foron moitos os veciños e as veciñas que nos trasladaron as súas queixas polo pésimo estado no que quedou a iluminación da ponte da Esperela tralas obras executadas con financiamento por parte da Xunta”. Tal e como indican as e os socialistas “as luces cegan aos condutores pola noite, reducindo a visibilidade e pondo en perigo a seguridade viaria”.
Os concelleiros do PSdeG-PSOE en Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, e Pedro José González, reclaman solucións “urxentes”, ante unha situación que consideran de “extrema gravidade”. Tal e como subliñan os edís socialistas “os focos cegan aos condutores e xa houbo algún accidente de tráfico por este motivo, concretamente o pasado 28 de decembro, escasos días despois da inauguración da obra”.
Rodríguez e González consideran que a consellería de vivenda e planificación de infraestruturas debe “por solución a esta problemática, co fin de garantir a seguridade viaria e de evitar futuros accidentes”. Os concelleiros afirman que “a regulación das luces para evitar que ceguen aos condutores pola noite é indispensable para unha correcta circulación pola ponte da Esperela e que deste xeito non teñamos que lamentar máis accidentes”.
Dende o PSOE de Leiro lembran que as obras da ponte da Esperela “xa supuxeron importantes contratempos para a veciñanza e os negocios, tras estar pechado este acceso principal ao municipio durante moitos meses, e coincidindo co verán”. As e os socialistas xa amosaron no seu momento a súa “desconformidade” e denunciaron a “falla de previsión” da Xunta e do concello nas obras e agora trasládanlle a consellería as reclamacións da veciñanza, cada vez máis preocupada polo risco que supón circular por esta ponte durante as noites.
Agora seica precisa falar cos propietarios das fincas para colocar gaiolas e poder atrapar a manada de cans que andan a armar a de dios por ahí adiante. Andan algo despistados, debe ser que está o entroido as portas e o importante e o importante. Eu dígolle unha que lle reune tódolos requitos: iso que chaman parque en Corzos, que comparten propiedade con Carballiño, que tiran os cartos nun simulacro de parque infantil que da vergonza velo, nunha compostera, onde levan as porterias de futbol que eran do Colexio. Non deberían ter problema en poñerse dacordo facendo o que están a facer.
Por certo, para que os de determinada empresa de telecomunicacións botén os escombros das suas chapuzas nas fincas dos demáis ahi non hai que pedir permiso. Xa non digo nada de que en menos de quince días viñeron e joderon o asfalto novo. Unha vergonza de concello. Nin organización nin nada.
Non é moi díficil facer as cousas mellor co mesmo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »