
A promotora de "Mina Doade" Recursos Minerais de Galicia S.A., trasladou o seu domicilio fiscal a Galicia e abrirá unha oficina na localidade, asi o confirmou en COPE O Carballiño o alcalde de Beariz, Manuel Prado.
A nova sede estará situada na Avenida de Merelles de Beariz, e servirá tanto como espazo de traballo para os profesionais como punto de atención ao público. "Este traslado supón un primeiro paso para que o proxecto xere ingresos de maneira permanente na administración local", destacan desde a empresa.
Ata o de agora, a compañía tiña o seu domicilio fiscal en Zaragoza, agora con este cámbio este cambio, Beariz convértese no centro administrativo do proxecto. O alcalde bearicense avanzou que a empresa xa tramitou ante o concello a licenza de apertura da que será esta oficina de atención e información ao públíco en xeral.
Estado do proxecto
O 17 de xaneiro de 2025, Recursos Minerais de Galicia presentou #ante a Consellería de Economía e Industria a solicitude de concesión de explotación de Mina Doade. Actualmente, a tramitación segue o seu curso dentro dos prazos legais establecidos.
En marzo de 2025, a Comisión Europea incluíu a Mina Doade na listaxe de Proxectos Estratéxicos do Regulamento de Materias Primas Críticas da Unión Europea, o que subliña a súa relevancia como iniciativa de interese público.
No pleno extraordinario e urxente celebrado hoxe, 13 de outubro, o grupo municipal do BNG de Cenlle solicitou oficialmente a creación dunha comisión de investigación para esclarecer a xestión da auga e determinar as responsabilidades políticas derivadas da débeda e sancións impostas a causa da neglixencia dos gobernos municipais do Partido Popular.
Segundo denunciou o BNG, o Concello de Cenlle foi sancionado por Augas de Galiza con máis de 236.000 euros despois do Concello aportar hoxe mais datos vemos que esta cifra vai incrementarse podendo pasar dos 300.000€ debido a que, desde o ano 2018, non ingresou o canon da auga recadado á veciñanza, malia figurar cobrado nos recibos.
O boletín informativo municipal xa recolle que a débeda real supera incluso esa cifra, acumulando xuros de demora e recargas que agora o actual goberno do PP pretende repercutir nos fogares do municipio. O portavoz nacionalista, Xosé Gabriel Alberte, subliñou que “non pode ser que tres alcaldes distintos do PP durante sete anos deixasen sen pagar o canon e que agora ninguén saiba onde foron parar os cartos que saíron dos petos da veciñanza”.
Por este motivo, o BNG considera imprescindíbel abrir unha investigación política, independentemente da vía xudicial aberta, para aclarar as posibles vinculacións e responsabilidades directas dentro do Partido Popular de Cenlle.
O BNG advirte que non abonda con depurar responsabilidades administrativas ou xudiciais: tamén é necesario asumir responsabilidades políticas, pois non é críbel que o equipo de goberno “non se enterase de nada” mentres se acumulaban débedas e sancións de tal magnitude.
“A cidadanía de Cenlle merece transparencia, verdade e reparación, non silencio nin escusas”, insistiu Alberte. O grupo nacionalista lembra que leva tempo advertindo da mala xestión do PP, que agora se traduce nun incremento do 5 % no recibo da auga e nunha carga adicional de 162 euros por fogar para facer fronte á multa. O BNG reitera que estes custes non deben recaer sobre a veciñanza, senón sobre quen provocou esta situación.
Finalmente, o BNG insta ao goberno local a:
Facer pública toda a documentación económica e contable relativa á recadación do canon da auga desde 2018.
Colaborar coa investigación penal e coa comisión política para esclarecer os feitos.
Garantir que non se repercutan na veciñanza nin xuros nin recargas derivadas da súa propia neglixencia.
“Non é só un problema económico: é unha cuestión ética e democrática. A xente de Cenlle merece saber onde foron parar os cartos que pagou”, concluíu o portavoz nacionalista.
Falou hoxe o tertuliano Nogueira do problema da auga e a sua gestion que afecta a moitos pueblos e aldeas e do que hai pouca información por parte das administracións.
Os concellos deberian dar mais informacion e charlas como a auga, a contribución ou os impostos do lixo para que a xente estuvesemos ao dia. Non solo dar explicacions (e poucas) cando nos toca pagar.
Ben por Nogueira por poñer algo de luz e datos sobre as traidas vecinales da auga.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, supervisou esta mañá, acompañado dos alcaldes de Avión e Beariz, Antonio Montero e Manuel Prado, o estado das obras de mellora da estrada autonómica OU-212 ao seu paso polos devanditos concellos, nas que a Xunta investirá case 1,5 millóns de euros.
O delegado territorial salientou que con este intervención acondicionarase a vía autonómica nun tramo de 6 quilómetros entre o centro urbano de Beariz, á altura do punto quilométrico 6+250, e o desvío ao núcleo do Couso, en Avión, no quilómetro 12+620.
Explicou Manuel Pardo que as principais actuacións que se van a executar inclúen a ampliación da plataforma do viario ata os 7 metros, así como a rectificación dunha curva en Beariz (no quilómetro 7+350) aumentando o radio dos actuais 30 metros aos 50 metros para mellorar así a seguridade, ademais da humanización da travesía de Liñares, xa na zona urbana en Avión.
Nesta contorna dotarase á travesía de beirarrúas e zonas de aparcamento ao mesmo nivel da estrada, para integrar adecuadamente o viario nesta zona urbana.
A actuación incluirá outras melloras complementarias, como o acondicionamento dos accesos existentes á estrada OU-212, a renovación da iluminación e das varandas de protección peonil, así como a reposición de servizos afectados e a renovación da sinalización, adecuándoa ao novo deseño da estrada.

O avance dos traballos das obras de renovación extraordinaria do pavimento da autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) farán necesarias afeccións ao tráfico a partir do luns dia 13.
Así, durante esta semana do luns 13 ao venres 17, está previsto levar a cabo nesta autoestrada autonómica os traballos de estendido da nova capa de rodaxe entre o viaduto sobre o río Barbantiño (punto quilométrico 81,9) e o enlace con OU-402 e A-52 (no quilómetro 87,0) na súa calzada esquerda (de Ourense a Santiago).
Estes traballos inclúen o fresado do firme existente sobre os viadutos sobre a N-120, en Santa Cruz de Arrabaldo, e sobre o río Miño, que teñen que comezarse o luns para que ambos os viadutos poidan recibir o novo firme entre o xoves e o venres.
Durante a execución destas tarefas nos viadutos, e debido á imposibilidade de transferir o tráfico á calzada esquerda, entre a A-52 e OU-402 (quilómetro 87) e o enlace coa AG-54 (quilómetro 79), farase necesario desviar o tráfico.
O desvío do tráfico estará operativo deste as 8 horas do luns 13 e ata as 20h. do venres 17, e estará debidamente sinalizado para orientar aos usuarios desta autoestrada libre de peaxe.
Así, o tráfico será desviado a través da estrada N-541, podendo incorporarse á AG-54 (O Carballiño) en Maside, e desde esta á autoestrada AG-53.
Nos accesos á AG-53, tanto desde A-52 como desde a OU-402, na saída da A-52 cara a N-120 e no cruzamento entre N-120 e N-541 dispoñerase a sinalización oportuna para orientar aos usuarios cara a este desvío. Nas seguintes cruces xa existe sinalización permanente orientando ao tráfico cara á AG/AG-53.
Ademais, entre as 12 h. do luns e as 14 h do xoves cortarase o carril esquerdo da calzada dereita da AG-53 entre os puntos quilométricos 79,1 y 86,3, pola circulación de maquinaria da obra en sentido contrario.
O tramo cortado pode consultarse no seguinte enlace: https://maps.app.goo.gl/vos8Je7642YTYycs8
O desvío do tráfico habilitado pode consultarse tamén no seguinte: https://maps.app.goo.gl/D2Cwg9Dg2TYP2Ld59
Con esta actuación segue a dárselle continuidade ás obras de renovación extraordinaria do pavimento desta vía libre de peaxe, que comezaron o pasado ano e se retomaron este verán, para executar os traballos de estendido da capa da rodaxe nas mellores condicións meteorolóxicas. O investimento da Xunta nesta intervención supera os 5M€

Non escoitáches a Tertulia de COPE O Carballiño deste venres dia 10 de outubro?
Pois aquí a tes, no PODCAST de COPE O Carballiño, desta vez con Sebastián Lamazares, Fátima Gómez, José Antonio Barge e Gonzalo Rodríguez, coordenada por Xan Pinal.
O PSdeG-PSOE de Leiro denuncia a “total falla de transparencia” do goberno municipal do Partido Popular nun acto institucional celebrado no CEIP de Leiro e no que, unha vez máis, non se informou, nin se convidou á oposición municipal. As e os socialistas consideran que este “comportamento sectario” do alcalde e do seu equipo de goberno “non pode continuar” e pídenlles que “muden este xeito de actuar e se teña en conta á oposición, que tamén foi elixida democraticamente pola veciñanza”.
O Grupo Municipal Socialista vén de presentar un escrito por rexistro e dirixido ao rexedor para solicitar explicacións ante a celebración deste acto no CEIP de Leiro, no que non se contou coa oposición. As e os socialistas apuntan que no acto, que contou coa presenza do tenente de alcalde e do concelleiro de deportes do PP “repartíronse camisetas e suadoiros financiadas con cartos públicos”.
Dende o PSOE de Leiro consideran que este acto representa “unha grave falta de transparencia e un comportamento sectario por parte do equipo de goberno do Partido Popular. Os concelleiros socialistas, Pedro José González e Manuel Rodríguez, sinalan que “non é aceptable que se utilicen recursos públicos para accións con claros trazos propagandísticos e nos que se exclúe de xeito deliberado aos concelleiros da oposición”.
As e os socialistas lembran que a súa función como oposición “é defender o interese xeral, a igualdade de trato e a limpeza institucional” e anuncian que “continuaremos vixiando o uso dos recursos municipais para garantir que se empreguen con responsabilidade e transparencia”.
Ante a gravidade da situación, o grupo municipal socialista de Leiro solicita oficialmente que se informe de quen financiou e autorizou a compra e o reparto do material, cal foi o custo total da actividade e con cargo a que partida orzamentaria se realizou. Ademais reclaman que no futuro “se respecte a obrigatoria transparencia municipal e se dea conta á corporación de calquera acto realizado no municipio con fondos públicos, especialmente cando afecta ao centro educativo ou a outras instalacións municipais”.
O PSdeG- PSOE de Boborás mostra sua preocupación pola grave falta de auga que levan padecendo a veciñanza de Becoña de Abaixo.
Esta problemática leva sucedendo dende o pasado 22 de xuño e segue a pesares de estar en pleno mes de outubro.
Lamentan que mais de tres meses despois, esta problemática siga sin resolverse e sen atisbos delo, o que xera un grave problema para os veciños, en especial os que non dispoñen de outras alternativas coma os pozos, os cales ademáis teñen un elevado custe, inasumible para diversas persoas.
A falta no suministro de auga impidelle realizar actividades básicas e cotidianas os veciños, ademais de dar unha nefasta imaxen do municipio, afastando a posibilidade da chegada de novos habitantes.
A maiores supón un serio risco ante eventuais situacions de emerxencia, como poden ser os incendios, que se ben este ano foron escasos no municipio existe un risco elevado, polo abandono dos montes e a falta de prevención, segundo indican os socialistas de Boborás.
Cabe recordar ademais que o abastecemento de auga potable e unha obrigacion municipal segundo a Lei de Bases de Réximen Local, sendo o Concello responsable en último caso, aínda no caso das traidas veciñais coma esta.
Actualmente non e comprensible que un pobo pase tres meses sen apenas auga, e sen que haxa solucion a vista, máis ala de agardar a que chova, e que o suministro volva, pero a problemática volverase a repetir o próximo verán con toda probabilidade se non se adoptan medidas para solventar esta problemática lamentan dende o PSdeG-PSOE de Boborás.

O concelleiro de persoal, Alberto Otero, pasou polos estudos de COPE O Carballiño para explicar diversos aspéctos da Oferta Pública de Emprego do concello carballiñés.
O responsable municipal avanzou que de forma inminente xa se van convocar as primeiras prazas, entre elas dúas de Oficial da Policia Local do Carballiño.
Preme na ligazón para ver a Oferta Pública de Emprego:
https://bop.depourense.es/portal/anuncio/347830
Escoita aquí a entrevista completa:
Desde fai 2 días sale a auga da traída cunha cor branca polo supoño cloro que lle botaron. Ningunha noticia ao respecto nas redes sociales do Concello do Carballiño indicando o motivo e si é apta ou non para o consumo. Esperemos que non pase coma en Maside meses atrás que daban os resultados das analíticas desfavorables e os gobernantes calaban por resposta.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »