En primeiro lugar querolle dicir que lamento moito a sua situación, unha por estar sen médico, que xa de por si manda carallo, debería poñer unha queixa por eso, no Carballiño hai tres médicos co cupo sen encher, senon cambiou,e despos en segundo lugar ppola sua doenza, caralluda e incomoda de por si,aconsellolle que poña unha queixa pola desatención sufrida en urxencias, e sen ten que volver grabe en audio polo menos para ter mais probas que reforcen a sua versión, moito ánimo e que se mellore
Es importante que no desespere. Arriba ese ánimo y voy a intentar explicarle qué haría yo. Vaya por delante que no soy médico y lo que le voy a exponer a continuación es en calidad de ciudadano y usuario del cada vez más decadente servicio de salud de nuestra sanidad pública.
En caso de infección de, conviene una mezcla con acción antiséptica predominante y, en segundo término, antiinflamatoria, antiespasmódica y diurética. Cuando yo tengo una infección de orina, lo primero que hago es intentar saber las causas (esto es importantísimo) y para eso solicito un urólogo en mi caso.
En cuanto no tengo acceso a él yo recurro a la acción de las siguientes plantas medicinales, cuantas más mejor. Pero ojo, esto es lo que hago yo pues no han presentado en mi caso un efecto adverso sino todo lo contrario, pero no puedo garantizarle que usted no los tenga.
Levístico, romero, centaura, gayuba y tomillo. Yo voy a un herbolario y pido las cuatro primeras pues el tomillo lo suelo tener en casa y hago infusiones de tomillo. Con respecto a las cuatro primeras las compro en herbolarios, Y a veces encuentro un formato que contiene las tres primeras en cápsulas. Si no encuentro este formato procuro comprarlas todas por individual. La gayuba hay que consumirla en pequeñas dosis pues su consumo excesivo puede ser tóxico.
Y ahora vamos con lo más importante. Es fundamental conocer las causas por las que usted tiene esa infección. Aquí es en lo que falla nuestra sanidad pública. Suelen prescribirnos antibióticos y tira millas. En rara ocasión nos derivan al especialista. Es necesario que le hagan una analítica para determinar cuales son las causas. No dude en ir a urgencias las veces que sea para que la atiendan, y si algún energúmeno le echa la bronca lo manda usted a esparragar. Formule además una queja en el centro, y otra queja a la Valedora del Pueblo. Es importante que entre todos eduquemos a este tipo de energúmenos que no entienden que la salud y la vida son los bienes más preciados.
Y no desespere y suba el ánimo. Espero de corazón que mis consejos puedan ayudarla.
Pregúntome se algún goberno municipal terá a valentía algunha vez de levar os postos das feiras quincenais así coma en tempo de festas patronais as atraccións, escenarios e demais tinglado para o parque municipal e á avenida do Arenteiro. O perxuízo que causan na miña opinión poñéndose no centro do pobo é demasiado alto. Rúa cortadas ao tráfico que dificultad a circulación normal, a carga e descarga para os negocios nalgúns casos faise demasiado complicada, reducción considerable de prazas de aparcamento nun pobo que xa de por sí ten poucas... ¿Que gobernante se atraverá a acometer tan necesarios cambios? ¿Non din que o centro de saúde vai para a estación de autobuses? Pois co previsible incremento de tráfico nesa zona sería o momento perfecto para empezar a trasladar todos esos postos da avenida do Balneario para despois continuar co resto. O centro do Carballiño debería quedar libre.

O Club Galego de automobiles antigos, coa colaboración de Club Clásicos Arenteiro e o concello do Carballiño, presentaron o que será a 1ª concentración de coches antigos das Festas do Setembro, que terá lugar este domingo dia 17, con exposición e saída dos coches participantes ás 11:30 da ,mañá desde a rúa do paseo do Carballiño.
Veránse auténticas xoias rodantes, con automóbiles que nalgunhos casos datan dos anos 30 e 40 do século pasado. Os participantes achegaránse en horario matinal ata o mosteiro de Oseira, onde farán unha viista guiada tanto ao mosteiro cisterciense como o museo etnográfico Olimpio Liste. Tamén farán parada na praza maior de Cea.
Xa de volta no Carballiño, está organizado un xantar de confraternización no parque municipal. Esta concentración de coches antigos coincide co día da festividade do patrón do Carballiño, San Cibrán.
Boas tardes, necesito que alguen me axude por que levo un mes con unha infeccion de orina fuerte , e levo dous anos sen medico de cabeceira, ando como o porco de San Antonio de porta en porta. A primeira vez mandaronme a unha medica pola mañá e recetoume uns sobres, tomeinos pero non solo non me fixeron nada senón que empeorei, volvin o medico e desta vez mandaronme aunha doctora a cal me recetou unhas pastillas, pasaume esatamente o mesmo, morro de dor non aguanto os riñóns nin o baixo vientre, esstou desanimada, traballo dez horas diarias, e hoxe o sair as duas da tarde vou a URXENCIAS POR QUE TEÑO MOITA MOITA MOITA DOR AXUDENME, e chego alí e namais entrar botanme unha bronca por ir a URXENCIAS, nese momento dixen : DIOS levame deste mundo XA. Resulta que tiña que ir o medico de cabeceira que o que me toca, esta semana, esta de mañá. Por dios, como vou saber eu eso se NON TEÑO MÉDICO FIXO, e estaba no traballo e sain cas poucas forzas que teño en vusca de axuda dun profesional, e tratanme desa forma, señora doctora , veño do trabllo con moita dor e estou cotizando a S.S. e non se me pode atender? mandaronme pa casa cunha bronca por toparme mal. Xa non se pode enfermar , que non enfermamos por gusto. Viñen sen atender. QUERO MORRER XA, ESTA SOCIEDADE É UN PUTA MERDA.
Un pobo morrendo, con festas que non son unha autentica trapallada.
Ou vanse ou habera que botalos. Xa cansan. O millor son horas de moverse.
Os gobernantes do Carballiño presumen de ser a poboacion mais grande da provincia despois de Ourense, sen embargo a hora de programar as suas festas patronais, pois quedanse moi atras.
A dia de hoxe moitos concellos con bastante menos poboacion, teñen unhas festas ben mellores, e concellos equiparables o Carballiño, como son Monforte ou Lalin pois si se pode decir teñen unhas grandes festas.
O que temos aqui son unhas festiñas.

A Xunta declarará este venres a emerxencia cinexética temporal pola presenza e os danos ocasionados polo xabaril nun total de 37 comarcas galegas, entre elas as do Ribeiro e O Carballiño. Así o anunciou en rolda de prensa a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, que explicou que esta será a terceira vez que se recorre a este instrumento, provisional e extraordinario, co fin de axilizar a aplicación de medidas dirixidas ao control das poboacións desta especie naquelas zonas con maior incidencia, a través de distintas modalidades e procedementos de captura.
Tal e como subliñou a directora xeral, as circunstancias que se están a producir con relación ao xabaril facían necesario articular unha declaración excepcional deste tipo na procura de eliminar o risco e reducir o tamaño das poboacións da especie mediante a adopción de medidas que axuden a previr no posible futuros danos.
Trátase, en todo caso, dun instrumento adicional e complementario á caza regrada dentro dos terreos de réxime cinexético especial e común e tamén ás actuacións de control por danos, que seguirán a desenvolverse, indicou, nos termos fixados na resolución anual pola que se regula a caza en Galicia e nos protocolos de actuación establecidos ao efecto.
En concreto, durante a vixencia da declaración nestas comarcas permitirase abater ou capturar, sen límite de exemplares, xabarís de ambos sexos, prioritariamente femias adultas e subadultas de calquera idade.
Así mesmo, nas zonas en situación de emerxencia cinexética temporal será posible abater crías e femias seguidas de crías sempre e cando haxa unha autorización especial previa por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, de acordo co establecido na Lei de caza de Galicia.
Ademais, habilítanse nestas zonas unha serie de ferramentas cinexéticas que contribúan ao control das poboacións do xabaril, como a ampliación dos períodos nos que se pode exercer a actividade cinexética, en xornadas que non estean aprobadas no correspondente plan anual de aproveitamento da tempada 2023-2024 dos tecores, ou a autorización para o uso de medios auxiliares —como visores ópticos, detectores electrónicos de paso ou presenza de animais e cebadoiros de gran ou froitos colocados nos cultivos danados— que favorezan a eficacia e o óptimo aproveitamento cinexético, faciliten a identificación dos exemplares e garantan a seguridade das persoas.
De igual xeito, nas comarcas con declaración de emerxencia poderase autorizar aos propietarios afectados a realizar agardas ou esperas en terreos de réxime cinexético especial —persoalmente ou mediante terceiros— con autorización do titular do aproveitamento, así como outra serie de medidas que complemente a actividade cinexética regrada e o control dos danos da especie establecidos na resolución anual.
As declaracións de emerxencia cinexética temporal nas áreas sinaladas inclúen os tecores e zonas libres onde se poderán desenvolver estas medidas extraordinarias e excepcionais. En total, a declaración abrangue 37 comarcas (12 na Coruña, 9 en Lugo, 11 en Ourense e 5 en Pontevedra) que comprenden 248 concellos (75 deles coruñeses, 54 lucenses, 87 ourensáns e 32 pontevedreses) e un 80,7 % da superficie total de Galicia.
A vixencia destas resolucións estenderase desde este sábado, 16 de setembro —data de entrada en vigor das 4 resolucións— ata o 25 de febreiro do vindeiro ano, abranguendo así o período hábil de caza do xabaril na tempada 2023-2024. Con todo, poderá quedar suspendida antes no seu conxunto ou en parte do ámbito de aplicación, sempre previa resolución, de constatarse que desapareceron as causas que motivaron a declaración.
Primeira experiencia en 2019
A emerxencia cinexética temporal é unha medida prevista no regulamento de caza de Galicia para cando nunha comarca exista unha determinada especie cinexética en circunstancias tales que resulte especialmente perigosa para as persoas ou prexudicial para a agricultura, a gandería ou a seguridade viaria. En 2019 a Xunta recorreu por primeira vez a esta medida en 33 concellos de 4 áreas xeográficas de Galicia. Tras esta experiencia pioneira, no ano 2021 volveuse declarar a emerxencia cinexética temporal en 29 comarcas como medida adicional para minorar o impacto da especie nas mesmas.
As novas resolucións, que se publicarán no Diario Oficial de Galicia este venres, responden a unha análise pormenorizada e obxectiva das circunstancias actuais en cada comarca derivadas dos avisos por danos á agricultura polo xabaril, dos accidentes de tráfico, da superficie afectada e do censo gandeiro porcino e en base ás cales se decidiu declarar a emerxencia cinexética temporal nun total de 37 comarcas galegas.
Cómpre sinalar, tamén, que das tres ocasións en que a Xunta recorreu a esta medida, é a primeira vez que se fai extensible a un número tan grande de concellos, 248, que representan o 80 % dos de toda Galicia.
Neste sentido, Belén do Campo explicou que, se ben tras a declaración da emerxencia cinexética de 2021 detectouse un descenso do número de avisos polo xabaril, na tempada 2022-2023 recibíronse no teléfono 012 máis de 4.000 chamadas relacionadas con danos causados por estes animais, é dicir, case 900 máis que na tempada anterior.
Á falta dun censo oficial da especie a nivel estatal, a directora engadiu que este incremento dos avisos, unido aos datos de capturas obtidos a partir da información facilitada polos propios Tecores —uns 19.000 exemplares na tempada 2022-2023— levaron á Xunta a considerar necesario volver a recorrer a esta medida temporal e extraordinaria para reforzar o control da poboación de xabarís naquelas zonas de Galicia onde se está a constatar que ten unha maior incidencia.
Por último, do Campo incidiu na importancia de combinar medidas como a declaración da emerxencia cinexética e outras reformas normativas e de procedemento adoptadas nos últimos anos, coas liñas de axudas que ofrece a Xunta cada ano para previr e paliar os danos do xabaril, un esforzo que cifrou desde 2016 “en preto de 10 millóns de euros”.
O Xurado do Concurso fotográfico de tema libre, convocado pola Asociación Fotográfica O Potiños , xunto o Concello do Carballiño , así como o C.C.A. , outorgou os seguintes premios :
Primeiro premio a JAVIER ARCENILLAS, de Bilbao, pola fotografía RETRATO.
Segundo premio a JOSE MIGUEL ROMERO BARCO, pola fotografía O SALTO FALLIDO.
Terceiro premio a LUIS MANUEL BARRIO, pola fotografía MOSTEIRO.
As vinte mellores fotografías seleccionadas , estarán expostas no próximo Arenteiro Fotográfico 2023 , nos meses de Outubro e Novembro. Tamen poderán ser vistas na páxima web de O Potiños, potinos.com
O Gañador JAVIER ARCENILLAS é fotoperiodista profesional gañador do ANNUAL ART PRESS no 1997, así como gañador do WORD PRESS PHOTO no 2018, viaxeiro pola India, Guatemala, Honduras ou Salvador, a súa obra é moi coñecida e admirada no mundo fotográfico .

Ineco RuralTIC regresa aos pequenos municipios de España. A enxeñería e consultoría do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Ineco, abriu xa o prazo para que concellos de menos de 10.000 habitantes póidanse inscribir neste pioneiro programa que comezará a súa segunda edición en novembro.
Os profesionais da compañía convértense en nómades dixitais para desprazarse aos municipios seleccionados e desenvolver no territorio tarefas de dixitalización social e económica enfocadas aos habitantes e pemes locais, á vez que seguen desenvolvendo o seu traballo diario en remoto. Así, ademais de demostrar que o teletraballo pode converterse nunha poderosa ferramenta de dinamización do mundo rural, os nómades dixitais póñense ao dispor do municipio para contribuír a mellorar as necesidades relacionadas coa tecnoloxía.
Ineco RuralTIC baséase na dixitalización como palanca de transformación social e económica. Non en balde, a compañía conta con ampla experiencia no sector grazas a un equipo dedicado a este ámbito de máis de 800 profesionais e a unha ampla actividade de negocio que lle permitiu converterse nun dos principais subministradores de servizos tecnolóxicos para a Administración.
O primeiro eixo desta iniciativa consiste na dixitalización social, con formación e apoio no uso das novas tecnoloxías aos habitantes do medio rural, con especial foco na poboación maior. Así, os nómades dixitais de Ineco poñen a servizo dos habitantes distintos talleres presenciais, por exemplo o manexo de servizos en liña para a realización de trámites administrativos: xestión de citas médicas, banca electrónica… así como formación para coñecer aspectos sobre a seguridade na internet ou a pegada dixital. Ademais, hai xanelas de atención personalizadas en función ás necesidades específicas dos participantes.
O segundo eixo, a dixitalización económica, presta apoio e asesoramento ao tecido empresarial rural, a través do posicionamento dixital, con apoio á creación de servizos en liña. Neste caso, a atención céntrase nunha aplicación práctica de ferramentas que poden optimizar a actividade de pequenas e medianas empresas, como pode ser a apertura dunha páxina web ou o uso de perfís en redes sociais para o posicionamento no mundo dixital.
Ineco RuralTIC está dirixido a todos os municipios de menos de 10.000 habitantes que cumpran uns requisitos de partida: aloxamento para hospedar aos nómades dixitais e espazos para a realización de talleres, ambos con conexión 4G.
Os municipios poden inscribirse aquí ata o 30 de setembro para poder avaliar a súa candidatura.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- 114
- 115
- …
- seguinte ›
- última »