
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou as instalacións do grupo Coren en Santa Cruz de Arrabaldo e destacou a súa relevancia no eido cooperativo tanto dentro como fóra de Galicia. Así, acudiu a escoitar as súas demandas e suxestións, nun momento no que se está a traballar na nova Lei de cooperativas co obxectivo de axilizar a creación de entidades e de adaptalas aos novos tempos.
Como primeira cooperativa agroalimentaria de España e unha empresa referente da provincia de Ourense, Coren é ademais a oitava cooperativa cárnica europea en importancia. Así, aglutina preto de 4.300 socios integrados e asociados e máis de 3.000 persoas empregadas, delas máis de 700 son veciños e veciñas residentes nas comarcas do Carballiño-O Ribeiro, polo que pode considerarse -e con diferencia- a empresa que da máis empregos directos á poboación de ambas comarcas. O grupo Coren supera os 1.000 millóns de facturación anual.

Sobre as novas beirarrúas en Flores e outras obras promovidas ou permitidas polo concello.
A LEI 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade di
Artigo 3. Definicións
b) Accesible: condición dun contorno, produto ou servizo que se axusta aos requirimentos funcionais, dimensionais, de iluminación e de comunicación que garantan a súa utilización autónoma, segura e con comodidade para todas as persoas
Artigo 6. Itinerarios
1. Os itinerarios peonís, como parte da área de uso peonil destinada específicamente ao tránsito de persoas, incluíndo as zonas compartidas de modo permanente ou temporal entre estas e os vehículos, deseñaranse e realizaranse de forma que resulten accesibles a calquera persoa e garantan un uso non discriminatorio.
Artigo 43. Controis de execución
En todas as actuacións suxeitas ao cumprimento das determinacións recollidas na presente lei e regulamentos que a desenvolvan, a Administración competente na concesión da autorización administrativa comprobará que a execución se axusta ao proxecto aprobado, de acordo coas disposicións recollidas na presente lei e nos regulamentos que a desenvolvan.
Artigo 50. Infraccións moi graves
d) O incumprimento por parte das persoas obrigadas das normas legais sobre accesibilidade na planificación, deseño e urbanización dos contornos, produtos e servizos á disposición do público que impida o libre acceso e a utilización regulares polas persoas con discapacidade.
Artigo 51. Sancións
4. Para as infraccións moi graves, o importe da sanción irá desde un mínimo de 90.001 ata un máximo de 1.000.000 de euros.

A Feira da Pepa Loba despedíuse na tardiña deste domingo cunha das novidades da edición deste ano, a "Pepa Loba infantil", na que un numeroso grupo de nenas e nenos recrearon as andanzas da famosa bandoleira e a súa gabilla. baixo a dirección artística da agrupación teatral "Dar Trela", que desde fai anos ven colaborando activamente coa asociación de veciñas e amigos de Flores, mantendo viva esta tradición no barrio máis xenuinamente carballiñés.
Como cada ano no setembro previo ás festas patronais, Flores volveu acoller a un bo número de artesáns, asi como as diversas actividades programadas aínda que todo elo bastante condicionado pola inestabilidade meteorolóxica, que trouxo chuvascos e treboadas durante os tres dias da celebración.
A organización dedicou a edición deste 2023 á lembranza de Rosa Núñez Muñoz, veciña deste barrio de Flores e falecida no úlitmo ano, como unha das grandes impulsoras e dinamizadoras tanto da Feira da Pepa Loba como doutras actividades culturais e sociais no propio barrio de Flores.

O concelleiro de Xuntos polo Irixo, e responsable da área de cultura, deporte, xuventude, turismo, voluntariado e educación, do goberno municipal bipartito que conforman Xuntos e PSOE, ven de estrearse esta semana na súa nova responsablidade no concello do Irixocoa organización dunha excursión-peregrinaxe ao santuario dos Milagres.
Nesta actividade participou un numeroso grupo de veciños e veciñas do Irixo, e Juan Manuel Villanueva califica como "un éxito" a mesma. Ademáis, o concelleiro avanzou a COPE O Carballiño que está a ultimar un ambicioso programa de actividades para o novo curso das que dará detallada información nos próximos dias.

Xa son 11.000 as persoas que na provincia de Ourense perciben o Ingreso Mínimo Vital (IMV) logo de que o Goberno de Pedro Sánchez aprobase esta renda en plena pandemia –primeiro por Real Decreto e despois certificando a súa seguridade xurídica por lei no 2021–. “Trátase dun dereito que ten como obxectivo loitar contra a pobreza infantil e a desigualdade”, lembrou a deputada no Congreso, Marga Martín. Nesta liña, a tamén secretaria de Políticas Sociais do PSdeG-PSOE, explicou que a axuda foi pensada para as persoas que viven soas ou que están integradas nunha unidade de convivencia que non ten os recursos precisos para facer fronte ás necesidades máis básicas.
“Deses 11.000 beneficiarios que están a rercibir a prestación en Ourense, 4.467 son menores de idade e o 55% son mulleres”, incidiu sobre a importancia dunha medida enfocada tamén en reducir a fenda de ingresos con respecto aos homes. Tendo en conta os datos poboacionais, do total dos 11.000 beneficiarios no ámbito provincial, unhas 1400 persoas residen nas comarcas do Carballiño-O Ribeiro.
Coas cifras na man, a deputada lamentou: “É importante facer un paralelismo entre como afronta as problemáticas o Executivo de España e como o fai a Xunta de Galicia, coa maioría absoluta do PP de Feijóo e Rueda. A Risga, que é a prestación galega, atende nestes intres, só a 600 persoas e leva 30 anos en funcionamento”. Rematou afirmando que, tanto a nivel autonómico como estatal, a dereita implementa políticas antisociais que “lle dan as costas ás persoas máis necesitadas”.
Ademais dos datos que sitúan ao Ingreso Mínimo Vital como unha ferramenta indiscutible para os sectores de poboación en risco de exclusión social, esta semana coñeceuse que máis de 8.000 ourensás e ourensáns solicitaron outra das axudas outorgadas polo Goberno de Sánchez. En concreto, 8.328 persoas xa cobraron os 200 euros destinados a mitigar os efectos da subida de prezos. Os e as beneficiarias desta iniciativa –aprobada a finais de decembro do pasado ano– son traballadores, por conta propia ou allea, e beneficiarios da prestación ou subsidio de desemprego en 2022, que ese mesmo ano non superasen unha renda de 27.000 euros brutos e cuxo patrimonio, descontando a vivenda habitual, non rebasase os 75.000 euros.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou esta mañá o concello de Piñor de Cea para continuar co seu percorrido polos diferentes municipios ourensáns, cumprindo co seu obxectivo de traballar pola veciñanza desde o propio territorio, para coñecer in situ as súas necesidades e abordar estratexias de colaboración institucional que dean resposta ás mesmas. Luis Menor comezou a súa visita a Piñor da man do seu alcalde, José Luis González, na Casa Consistorial, onde tivo a oportunidade de asinar no libro de honra.
Posteriormente, trasladáronse ata o parque infantil do Arenteiro onde recentemente se executaron obras de mellora e ao pobo de Casfigueiro no que se realizaron traballos de humanización, ambas actuacións financiadas ao 100 % pola institución provincial. “Piñor é para nós un modelo de concello do rural, dinámico e que traballa por fixar poboación e prestar aos seus veciños os mellores servizos”, dixo o presidente da Deputación. “O alcalde é unha persoa con acreditado coñecemento do concello e así o demostra coa súa xestión”, engadiu Menor, quen destacou a colaboración da Deputación “co obxectivo de favorecer o desenvolvemento do territorio e que permita asumir novos retos para dar resposta ás súas necesidades”.
Pola súa parte, o alcalde de Piñor afirmou que a cooperación da Deputación co seu concello “sempre foi moi importante”. De feito “sen ela os municipios do rural non poderíamos dar un bo servizo á veciñanza”, e destacou a especial sensibilidade que amosa Luis Menor coas necesidades dos pequenos concellos, grazas a súa condición tamén de alcalde. Luis Menor continuará visitando os concellos que integran a provincia de Ourense para revisar, de primeira man, os proxectos cos que colabora a Deputación, así como para coñecer as súas demandas no marco dun dos seus eixos de traballo que pasa por ter unha presenza continúa no territorio. Un labor que está a realizar conxuntamente coas reunións que mantén diariamente cos rexedores locais no Pazo Provincial.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presentou a campaña Mercar no teu comercio ten premio, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio, en colaboración coa Federación de Comercio de Ourense, asociacións de comerciantes locais e os concellos do Barco de Valdeorras, A Pobra de Trives, Xinzo de Limia, Ribadavia, Verín, O Carballiño, Allariz, Castro Caldelas e Maceda.
O delegado territorial explicou que esta é a segunda edición desta campaña, que busca reactivar o consumo e achegar ao consumidor os establecementos locais, poñendo en valor o comercio de proximidade ourensán. En cada unha destas vilas levaranse a cabo campañas dunha semana de duración. Os tickets das compras realizadas durante ese tempo poderán canxearse o día final da campaña por boletos para participar nun sorteo en directo de premios. En total, serán 1.000 euros por localidade, en forma de tarxetas prepago para volver mercar, co que repercutirán de novo no comercio minorista local.
Realizaranse tamén diferentes iniciativas de animación para completar a campaña. Mercar no teu comercio ten premio está organizada pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Industria e Innovación, e a Federación Galega de Comercio; coa colaboración de Abanca, as federacións provinciais de comercio e distintas asociacións de comerciantes de toda Galicia. Enmárcase dentro do impulso da Administración autonómica do tecido asociativo do sector, con especial atención a diferentes iniciativas de dinamización.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse ao concello de Boborás para achegarse, acompañado da alcaldesa, Patricia Torres, ao Castro de Cameixa, onde supervisou as novas actuacións arqueolóxicas de investigación e posta en valor deste xacemento programadas para este ano e que son financiadas pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades cunha achega de preto de 18.000 euros.
O delegado territorial significou a importancia destas accións que teñen por obxecto acadar as medidas necesarias que garantan a conservación do castro e permitan a súa visita e aproveitamento sociocultural; pois “o noso patrimonio cultural é unha parte fundamental da nosa identidade como comunidade e a nivel individual. Tamén – continuou o delegado- os bens arqueolóxicos poden ser unha importante fonte de recursos económicos, xerando unha serie de actividades económicas e oportunidades de emprego estable, ata o punto de converterse nunha panca para o desenvolvemento rural.
Para Gabriel Alén “o patrimonio implica un proceso de recoñecemento, habitualmente de varias xeracións, dalgúns elementos como parte da bagaxe cultura e a súa vinculación co sentimento de grupo; forma en que unha sociedade é recoñecida e presentada aos demais”. Por iso, “comprender o noso patrimonio cultural axúdanos a entender unha parte importante de quen somos e cal é a nosa posición no mundo e na vida en xeral”, recalcou Gabriel Alén.
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades tamén está a levar a cabo o vén de rematar distintas intervencións arqueolóxicas na provincia; no castro de Sansón de Camba, en Castro Caldelas (17.600€); no Castro de Armeá, en Allariz, (20.000€); na mámoa de Maus de Salas e no Foxo do Lobo, en Muíños, (40.000€), no Castro de Garcián, en Beariz (15.984€) no antigo Mosteiro de San Xoán de Camba, en Castro Caldelas (14.507€) ou no xacemento romano de Río Caldo, en Lobios (17.908€).
As actuacións a desenvolver consisten na limpeza e roza, baixo control arqueolóxico, da vexetación da zona de actuación e a súa contorna máis inmediata, isto é, a parcela de actuación e acceso á mesma.
Posteriormente levarase a cabo a escavación con metodoloxía arqueolóxica dunha área entre os 80 e os 100 m2, sita no ángulo sueste do castro. Sería unha ampliación cara ao nordés do escavado en campañas anteriores, xunto con outros 6 metros de muralla. Deste xeito, efectuarase unha diagnose, consolidación e acondicionamento das estruturas arqueolóxicas que se localicen nesta nova campaña, garantido en todo caso unhas condicións de conservación axeitadas para a súa visita.
Así mesmo, estase a facer un levantamento topográfico xeorreferenciado, mediante fotogrametría 3D, da área de actuación e debuxo arqueolóxico das estruturas exhumadas, e recopilarase documentación exhaustiva fotográfica da escavación arqueolóxica. Incluída a realización de vídeo e fotografía aérea con tomas xerais do xacemento e de detalle dos seus elementos máis significativos e da área de actuación, para a actualización do panel interpretativo do xacemento arqueolóxico.
Tamén se están a ultimar accións de difusión da actuación realizada (charlas, visitas...) e sobre os valores propios do xacemento arqueolóxico na comunidade local, así como visitas guiadas, unha vez rematada a actuación; o mesmo que a elaboración dunha memoria técnica no que se recollan os traballos realizados e os seus resultados.
O Castro de Cameixa sitúase no concello de Boborás, en concreto, na parroquia de San Martiño de Cameixa, lugar de Cameixa. Trátase dun castro de obrigada referencia na bibliografía especializada debido a que foi un dos primeiros castros que se escavou con certa metodoloxía arqueolóxica (anos 40 do século XX) e que aportou datacións absolutas de C14 que permitiron reformular os distintos períodos da cultura castrexa. Presenta dous recintos amurallados e incluso outro antecastro máis exterior pero sen defensas ben definidas. Foi escavado nos anos corenta do século pasado por Florentino López Cuevillas e Xaquín Lorenzo Fernández deixando ao descuberto parte dun tramo de muralla xunto con dúas construcións circulares e unha cuadrangular. Froito da escavación exhumáronse restos cerámicos, pétreos, orgánicos (landras e legumes carbonizadas) e metálicos que abarcan un espectro cronolóxico que iría dende o século VI a.C. ata o I ou incluso II d.C.
Desde o ano 2018 estanse a levar a cabo campañas arqueolóxicas anuais para a posta en valor do dito xacemento: en 2018 procedeuse a seleccionar a zona de escavación partindo dos debuxos de Xaquín Lorenzo co gallo de localizar e exhumar os restos de estruturas que se rexistraron nas escavacións dos anos corenta, cuadriculando unha zona duns 100 m2. No ano 2019 procedeuse a seleccionar a zona de escavación cuadriculando unha zona duns 120 m2 (escavando unha superficie de 80 m2), e continuando coas xa escavadas no ano 2018. No ano 2020 procedeuse a cuadricular uns 80 m2 e continuouse cos restos estruturais atopados en 2019. O obxectivo era por un lado, completar o peche da estrutura cuadrangular que se superpón á circular no sector norte e por outro lado ampliar a escavación a unha zona non escavada por X. Lorenzo co fin de definir e comprobar datos estratigráficos e de materiais necesarios para seguir avanzando na investigación deste xacemento.
Imaxes relacionadas
Mois boas tardes a todos , gustariame que alguen me contase en que mundo vivimos, por que eu xa non sei pa onde vai isto, resulta que o señor Marnotes di que hai que facer un estadio novo, e dase conta agora que empezou a liga,durante todo o bran oin que ian amañar o que habia, as entradas pa estar nas gradas que supuestamente tiñan que estar feitas xa foron cobradas òs socios.¿ Onde se sentaron eses socios o domingo? por que a grada nova non està nin se lles espera.
O Carballiño ten un Centrto de Salud pesimo, non hai instalaciòns adecuadas, non hai material neceserio para mirar òs pacientes, e por non haber non hai nin médicos.
O Carballiño non ten unha estaciòn de Autobuses digna, donde podas estar o quente sen mollarte e tomandado un café mentras esperas o Autobus.
O Carballiño non ten uns colegios Pùblicos adecuados , están cheos de parches, remendos, e cheos de herbas e de merda de cans, solo hai que ver o colexio da uceira, da noxo coa merda de can que hai por donde teñen que andar os nenos, e as entradas os colexios estan cheas de malas herbas, parecen colexios abandoados, ( os da limpeza non podian arrancar as herbas dos patios e barrer tamen os patios de fora)
Realmente necesitamos un estadio novo?
Loitemos por unha boa enseñanza PÙBLICA, unha boa sanidade PÙBLICA, por ter uns servicios basicos cubertos . Sen o futbol podemos vivir. o futbol è un negocio de 4 pardillos.
o cheiriño pode ser o novo nome do carballiño....ese cheiro a suciedade que hay polas rúas....esa cantidade de suciedade por todas partes...contenedores que apestan...todos sucios rotos desbordantes....as rúas cheas de orins dos cans....pero claro non hai euros para invertir en limpeza por que hai que poñer cartéis e estatuas de pulpos e pulpeiras eso é o que conta...da igual que os que vivimos aquí nos de vergonza e noxo andar pola rúa o importante é que veña xente a comer pulpo...ainda que marchen pensando que o pulpo cheira mal....pero o que cheira mal é o o ambiente que hai por que non se invirte nada en limpeza....pero non pasa nada...temos un pulpo xigante ahora para os nenos
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 108
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- 114
- 115
- 116
- …
- seguinte ›
- última »