10, Agosto 2023

O Concello de Avión acolle este venres, 11 de agosto, a XVII edición da Festa Mexicana, un dos eventos festivos máis notables do municipio por ser, ademáis, unha festa homenaxe aos emigrantes en xeral e con especial protagonismo a México, principal país receptor da emigración procedente do municipio de Avión.

Na presentación deste evento, que conta coa colaboración da Deputación de Ourense, participaron o alcalde de Avión, Antonio Montero Fernández; a responsable de organización da festa, Isabel Gabián Lorenzo; e Marcelo Quintas, do restaurante Rincón Azteca do Carballiño, un dos cinco establecementos que colaboran activamente na XVII Festa Mexicana do Concello de Avión.

Entre as novidades desta ano, a Festa Mexicana de Avión ensalzará de xeito especial os postres aztecas, e ofrecerá tamén unha ampliación de horario dos establecementos de restauración, entre as 17:00 e a 01:30 horas, onde se poderán degustar produtos gastronómicos mexicanos, como por exemplo as augas de sabores. Outra das grandes novidades desta edición será a disposición dunha superficie para aparcadoiro gratuíto, grazas á cesión da familia Fernández Merelles dunha finca para este fin, e que estará guiado por efectivos de Protección Civil.

Por último, a Festa Mexicana de Avión ofrecerá actividades gratuítas para os nenos e nenas a partires das 18:00 horas, así como sorteos de cestas de produtos mexicanos e o célebre xogo da “piñata”, elaboradas polos maiores do Centro Integral de Servizos Sociais “Alvetus” coa supervisión da psicóloga e directora do Centro da Muller do Concello de Avión, Yesica Moreno Valenzuela.

10, Agosto 2023

Onte os copernautas tivemosa sorte ou a desgracia de escoitar ao aínda alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira ," o resentido " que deixou mais que claro  o seu resentimento pola mocion de censura, mais que necesaria, porque o señor alcalde non lle parece necesario un cambio despois de mais de 40 anos de gobernos do PP ? O señor Lito saca a pasear igual ca Feijoo o da lista mais votada, vergonza lles debería dar os do PP poñer esa excusa cando eles mesmos se xuntaron con Vox en Extremadura e con Coalición Canaria para gobenar en Canarias a pesar de que o PSOE fora o mais votado, que choerencia e chamarlle pacto de perdedores cando os seus en Xinzo fixeron alcalde o candidato de AXIL, a terceira forza política ? Non ten vergonza señor Cerdeira ! Se p fixera tan ben como o di non houbese perdido a maioria absoluta ! Vostede sabra o que lles fixo os seus

9, Agosto 2023

O alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira Lorenzo, contra o que Xuntos polo Irixo e PSOE van presentar unha moción de censura deixóunos en COPE O Carballiño as suas impresións, que podes escoitar no audio adxunto.

9, Agosto 2023

O xefe da Policia Local do Carballiño considera que a actuación dos servizos de emerxencias que acudiron este pasado dia 2 de agosto para controlar un incendio declarado nas instalacións da axencia Cer&Ber, nunhas galerias de Julio Rodríguez Soto foi a correcta, saíndo ao paso das críticas veciñais.

E lamenta que os bombeiros que desenvolvían o seu traballo fosen "increpados por alguén",chegou a asegurar.

Escoita a entrevista no audio adxunto:

9, Agosto 2023

Vaya imagen. Que vergüenza.

9, Agosto 2023

Van sendo horas neste concello de face⁶r ben as cousas e empezar a pedir responsabilidades, nin sirve con decur si, para o ano hai que milloralo ou son pequenos detalles. O que se ve e falta de organizacion, tanto pola rua Carmen , como pola rua Aldara, un perigo para coches que o estar aberto o trafico teñen dereito a pasar como para a xente. 

Ahora viran mais eventos, concertos, festa de camisetas etc ....

Por outra banda, o mesmo cada dia de futbol, desorganizacion, cortes e descontrol de coches no Espiñedo, sin un solo guardia que ordene o trafico . 

Son moitas cousas durante todi o ano, e tempo de que a oposicion se mova e os concelleiros de turno se deixen de padear pola rua cando hai xente e esten o que teñen que estar. 

Cando pade unha desgracia , despois enchese todo de vallas, conos e señales...

Saudos 

 

 

9, Agosto 2023

Como pode ser que nun lugar que se espera aglomeración non se corte o tráfico.

Onte mentras tiña lugar a gran tapa seguían circulando coches e furgonetas dende a rúa Carmen á plaza maior.

Mentres as autoridades estaban alí , incluida a policia local as furgonetas e coches trataban de abrirse camiño entre nenos, maiores, carritos e toda a xente que alí se agolpaba, no lugar de máximo batiburrillo de xente.

Unha irresponsabilidade absoluta.

9, Agosto 2023

O presidente provincial do PPdeOU, Manuel Baltar, define o acordo avanzado este martes por COPE O Carballiño entre os grupos da oposición do Concello do Irixo que desembocará nos próximos días nunha moción de censura contra o alcalde, o popular Manuel Cerdeira, coma “unha triste loita polo poder, un reparto de cargos e de postos. Cuestións que hai que poñer, sempre, por detrás dos veciños, sen priorizar nunca temas persoais ou partidistas”.

“Esta moción de censura terán que explicala os concelleiros asinantes”, sinalou Manuel Baltar antes de lembrar que o acordo coñecido esta mañá “apenas dará a metade dos 100 días de cortesía tradicionais da democracia e, por suposto, non dará oportunidade ao goberno para poder desenvolver o programa apoiado de forma maioritaria pola veciñanza do Irixo nos comicios celebrados o pasado 28 de maio”. “Este acordo de intereses persoais demostra que, ou ben os grupos da oposición se equivocaron ao non poñerse de acordo antes da constitución dos concellos ou que o erro ven agora”, di o presidente provincial do PPdeOU, incidindo en que “no momento de presentar unha moción de censura hai que argumentala, hai que explicala, hai que sinalar as cuestión deficitarias e o que se pode mellorar. E todo isto aquí queda reducido, insisto, a unha mera loita polo poder”. “

Os asinantes deste acordo terán que explicar moi ben neste mandato, que ven de comezar hai so 52 días, as razóns polas que non acordaron un goberno antes da data de constitución das corporacións, o pasado 17 de xuño, e por que agora, empregando unha ferramenta definida para censurar o goberno, que accións do goberno critican e teñen que ver coa suposta argumentación dunha moción de censura improcedente, e por suposto sen razoar”. “Sentímolo polos veciños do Irixo. Pero creo sinceramente que esta moción de censura afondará nunha cuestión: para que nos presentamos aos comicios uns, e para que se presentan outros”, conclúe Manuel Baltar.

8, Agosto 2023

Os pulpeiros e pulpeiras do Carballiño conseguiron o que parecía imposible. Prepararon, soportando temperaturas extremas, a tapa de pulpo máis grande do mundo: 580 quilos, 65 máis que na pasada edición, dos que deron boa conta os centos de veciños, veciñas e visitantes que quixeron ser testemuñas da consecución deste dobre récord. E fixérono en 10 minutos e 28 segundos, conseguindo rebaixar o tempo con respecto ao 2022.

Ao redor dun prato de 5,37 metros de diámetro cortaron este manxar máis dunha trintena de profesionais e as impresionantes imaxes quedan para o recordo. Nesta 61 edición, a segunda dende que se declarou festa de interese turístico internacional, os pulpeiros e pulpeiras deixaron moi alto o listón.
Para a elaboración da tapa de pulpo tamén foron necesarios 45 litros de aceite, 5 quilos de sal e 2 de pimentón.

O Carballiño leva xa máis dunha semana celebrando a Festa do Pulpo cunha programación que se estenderá ata o domingo, 13 de agosto, cando está prevista a gran romaría no Parque Municipal. Debido a gran demanda registrada mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas, poranse a venda 100 novas entradas para a comida no recinto oficial.

O Concurso de Camisetas, o 12 de agosto, contará con animación DJ, a partir das 18.00 horas, e será outro dos pratos fortes.

Este é o programa detallado para os próximos días:

9 de agosto:
Concerto de pop rock: Soul & Roll. Praza Maior 20.30 horas.

10 de agosto:
Festival Folclórico Internacional. Praza Maior. 22.30 horas.

11 de agosto:
Torneo de fútbol Festa do Pulpo. CD Arenteiro-Lugo. Campo de Espiñedo. 19.30 horas.
Animación na rúa: Charanga Mekánica Rolling Banda. A partir das 20.00 horas.

12 de agosto:
Concurso de camisetas. Animación Dj`s. Praza Maior. A patir das 18:00 horas.

13 de agosto:
Festa do Pulpo no Parque Municipal.
11.00 horas: Saída dos grupos de música tradicional.
11.30 horas: Apertura de postos grastronómicos.
12.00 horas: Concertos “Son do Pulpo”. Música tradicional. Coribantes de Buchabade. Ardentía.
Saída das charangas pola vila.
14.00 horas: Apertura do recinto oficial.
17.00 horas: As charangas volven saír na vila.
20.30 horas: Orquestra Yukatán. Primeiro pase.
23.30 horas: Orquestra Yukatán. Segundo pase.

8, Agosto 2023

O acordo entre ambas formacións, Xuntos polo Irixo e PSOE, está pechado e formalizaráse entre o venres e o sábado desta mesma semana coa presentación do escrito de mosicon de censura que asinarán os cinco concelleiros que suman ambas formacións políticas e presentarán, como é preceptivo, no rexistro municipal do concello do Irixo.

Desde ese momento, e de forma automática quedará convocado o pleno extraordinario da corporación para o décimo día hábil ás 12 horas, polo tanto neste mesmo mes de agosto o concello do Irixo terá nova alcaldesa, que será a cabeza de lista de Xuntos, Susana Iglesias. Según o acordo que propicia esta moción de censura, no último ano do mandato Xuntos cederá a alcaldía ao socialista Iago Fariñas, que ademáis exercerá como portavoz do goberno bipartito e adxudícase a concellería de obras.

Nas pasadas eleccións municipais do mes de maio o Partido Popular obtivo 4 concelleiros, Xuntos 3 e PSOE 2. No pleno de investidura do 17 de xuño cada grupo votou ao seu cabeza de lista, polo que ao non haber maioria, resultou elixido alcalde  o máis votado o 28 de maio, que foi o candidato do Partido Popular Manuel Cerdeira, ao que agora unha moción de censura desaloxará da alcaldía.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS