
A normativa fixa como data límite para proceder á limpeza a do 31 de maio, a partir desa data o concello tería que proceder a sancionar os correspondentes, comunicandolles os incumprimentos, e se fose o caso pedir autorización xudicial para realizar os traballos con cargo aos propietarios.
Case dous meses despóis desa data límite, os veciños da contorna dun solar na rúa dos Carboeiros, manifestan estar cansos de reclamar que unha entidade bandaria con sucursal no Carballiño proceda a limpar un solar que é da súa propiedade, o estado no que se encontra preocupa aos veciños que teñen vivendas colindantes con esta parcela.

O Partido Popular qudeouse a 33 votos dos colleitados por Mariano Rajoi nas eleccións de 2004, este domingo con Feijóo chegou desta vez aos 4.465 votos, cun incremento de 14 puntos en relación ás eleccións de 2019, ao facerse co 56,26% dos 8.017 votos que se rexistraron nestas eleccións xerais de 2023 no municipio carballliñés. Trátase do terceiro mellor resultado electoral da democracia no Carballiño, aínda que se queda lonxe daqueles 4966 votos populares das xerais de 2011, tamén con Mariano Rajoi como candidato.
O PSOE baixou 5 puntos, e quedouse nos 1996 votos, co 25,15% do total. O BNG tivo 536 votos, case 2 puntos máis que fai 4 anos, VOX 457 votos, baixou 3,49% puntos a respecto de 2019, e SUMAR obtivo 342 votos. A Participación foi alta, o 71,26% do electorado carballiñés acudíu este domingo ás urnas.

Cine para todos os gustos e para todas as idades, con ata 4 películas para ver a diario ata o próximo xoves dia 27 de xullo (agás mércores que pecha por descanso) no cine de referencia para as comarcas do Carballiño-Ribeiro, no Novocine de Leiro.
Quería recordar a los vecinos de O Irixo que este Domingo 23 de Julio son las votaciones generales del Estado en las que se deciden los próximos 4 años de nuestro país.
En el primer párrafo, me refiero a lo de recordar ya que todo indica que al Partido Popular encabezado por Manuel Cerdeira no le interesa para NADA que se hable mucho de este tema, ni que los vecin@s se enteren para que NO vayan a ejercer su derecho a voto, ya que NO han puesto un solo cartel en todo el municipio.Y por qué este desinterés?? Pues por lo que tod@s ya sabemos, y es que salga una mayoría del PP en O Irixo en las elecciones generales que a no a habido en las municipales ( por el descontento con Manuel Cerdeira) y que posiblemente en estas generales si se pueda dar.
La verdad es que a los concejales y al partido del PP de O Irixo, les está luciendo el pelo a tódos y cada uno de ellos, pueden estar orgullosos de su trabajo y de su labor ya que no respetan ni a su presidente de partido, y a lo mejor futuro presidente de España. Esto me parece inaceptable!!
Una vecina de O Irixo.
Saludos.

Apenas 15 minutos é o tempo que se tarda en recorrer a distancia que temos por estrada desde O Carballiño ás parroquias máis próximas do concello de Carballedo, que son as da Aguada ou Buciños, e pouco máis á Barrela, que é a capitalidade municipal desde concello, un dos máis extensos en superficie de toda Galicia, que vai desde a zona de montaña próxima ao mosteiro de Oseira ata a mesma Ribeira Sacra.
Carballedo é un universo de patrimonio natural, con rutas de sendeirismo, culturais, etnográficas, e auténticas xoias do románico na súa arquitectura relixiosa. Con boa gastronomía e boas comunicacións, Carballedo pode ser ademáis un bo exemplo do que pode ser un concello dinámico no ámbito rural.
Enlace ao video promocional do concello de Carballedo:
http://www.concellocarballedo.es/portal_localweb/RecursosWeb/VIDEO/1/con...
Descubrimolo neste programa especial dos venres de verán en COPE O Carballiño, presentado por Xan Pinal, e coa colaboracíon desde a casa do concello de Carballedo de María Fernández, María Cabaleiro, Raquel Vázquez, Silvia Vázquez e Adrián Rodríguez. Escóitao aquí:
O PSdeG-PSOE de Leiro denuncia que namentres varios nenos e nenas, netos e netas de veciños e veciñas empadroadas e que están cumprindo coas condicións e co empadroamento real no municipio, quedaron “fóra” do campamento de verán, familiares dunha traballadora municipal censada na casa consistorial "si obtiveron praza no mesmo”. Os e as socialistas consideran que este “trato de favor” a unha persoa que reside no Carballiño e que está censada de forma “irregular” no municipio “é inadmisible”. “Estamos ante unha trama na concesión das prazas para beneficiar a certas persoas”, afirman.
Dende o grupo municipal socialista explican que as bases para obter praza no campamento de verán din claramente que a orde de preferencia “é en primeiro lugar para crianzas empadroadas no municipio, en segundo lugar para fillos, fillas e netos e netas de persoas empadroadas en Leiro”. Consideran “denigrante e vergoñento” que unha persoa que “non paga un só imposto no municipio e ten a súa residencia no Carballiño”, se vexa beneficiada a hora de acceder as prazas do campamento de verán, “namentres varios nenos e nenas, netos e netas de veciños e veciñas que cumpren relixiosamente cos seus empadroamentos en Leiro, quedasen fóra do mesmo”.
Os e as socialistas afirman que “esta traballadora municipal, que é a que xestiona os empadroamentos, aproveita o estar empadroada na casa consistorial, para meter a familiares no campamento”. Ante esta situación dende o PSOE de Leiro esíxenlle ao rexedor do Partido Popular, Francisco José Fernández, que “cese na súa actitude de empregar o concello como se fose a súa propia casa e de beneficiar a persoas afíns as súas siglas políticas e as que ten empadroadas nun edificio municipal de xeito irregular”.
“Estamos ante un agravio comparativo cara a veciñanza que está empadroada e reside en Leiro”, denuncian os concelleiros socialistas, antes de sinalar que “namentres esta persoa esixe legalidade total as persoas que se empadroan en Leiro, non é coherente na forma de actuar”. O PSdeG-PSOE de Leiro tamén afirma que as bases para o campamento de verán “están firmadas polo alcalde, que é coñecedor desta situación”.
Dende o grupo municipal socialista de Leiro lembran que a comezos do mes de xullo instaron ao grupo de goberno do Partido Popular a “mellorar” a oferta de prazas no campamento de verán que se celebrará entre o 3 de xullo e o 8 de setembro, xa que consideraban que 20 “son moi poucas prazas para a demanda actual de cativos e cativas que hai no municipio”. Tras quedar varios nenos e nenas fóra do campamento de verán, os e as socialistas subliñan que “a nefasta xestión do alcalde, quedou unha vez máis en evidencia, ao non prever a alta demanda de prazas e ao beneficiar a certas persoas empadroadas irregularmente”.
Por último, dende o PSdeG-PSOE de Leiro subliñan que “estamos ante unha reincidencia nas malas praxes”, xa que tal e como apuntan “xa nas eleccións municipais denunciamos e levantamos acta ante aos empadroamentos irregulares na casa consistorial, pero vemos que a cousa non só non parou ou se corrixiu, senón que aínda foi a máis”.

O salón de actos do concello carballíñés acolleu a presentación do cartel oficial da 61 edición da Festa da Pulpo, que se celebrará o próximo domingo 13 de agosto.
O cartel anunciador, que desde hoxe mesmo comeza a distribuirse para publicitar esta celebración que desde o ano pasado ten o recoñecento de Festa de Interese Turístico Internacional, é obra da artísta carballiñesa Ari Quintas.
O acto, no que exerceron como anfitrións o alcalde Fumega e o concelleiro de turismo Dacal, contou coa presenza de representantes de varios patrocinadores, tanto privados como institucionais.

Nun comunicado difundido nesta noite de xoves dia 20 de xullo o "concello de Cenlle amosa o seu pesar polo pasamento, este xoves 20 de xullo, de D. José Manuel Rodríguez Lamas, Alcalde de Cenlle entre os anos 2020 e 2022. Nestes momentos tan difíciles, a Corporación Municipal quere transmitirlle o pésame a familiares, achegados, compañeiros e amigos. Tanto o persoal como tódolos membros da corporación queremos expresar o noso cariño e apoio emocional ante esta inesperada e repentina noticia. Descanse en Paz".
José Manuel Rodríguez Lamas contaba con 63 anos de idade, veciño da parroquia de Vilar de Rei, foira elixido alcalde do concello de Cenlle en 2020, formando parte do grupo municipal do Partido Popular, unha vez que Gabriel Alén foi nomeado delegado territorial da Xunta. Mantívose no cargo ata finais de 2022, cando presentou a súa demisión aínda que continuou formando parte da corporación, sendo relevado na alcaldía por Rebeca Sotelo, tamén do Partido Popular.
Nestas pasadas eleccións municipais do mes de maio José Manuel Rodríguez Lamas presentouse como cabeza de lista de Compromiso por Galicia no concello de Cenlle, obtendo a acta de concelleiro, cargo que exercía na actualidade.

A Xunta ven de publicar no DOGA do mércores 19 de xullo a autorización administrativa de construcción do proxecto do parque eólico denominado Paraño Oeste, que se localiza en montes dentro dos termos municipais de Beariz e Forcarei, ambos concellos presentaran reparos a este proxecto durante o periodo de exposición pública, igual que veciños e asociacións da bisbarra de Terra de Montes.
A promotora do novo parque eólico é a sociedade Eólica Galenova, que proxecta instalar unha potencia de 49,7 megavatios, cunha inversión que supera os 36 millóns de euros, sen IVE.
A resolución de autorización autonómica aínda non é firme na via administrativa, pois contra a mesma pode presentarse recurso de alzada no prazo dun mes.
Agora resulta que cando lle propuxeron o Sr. Lino ser candidato xa sabían que había incompatibilidades co seu traballo na banca. Pese a todo este Sr. aceptou e tirou para diante. Agora di na televisión local que está tramitando e agardando a que se resolva a excedencia do seu posto. Vamos a ver, quen é tolo que renuncia a un soldo de director de banco (o seu soldo andará tranquilamente cerca dos 45.000 euros), e en excedencia non se cobra un euro. Levaron o chasco de que escolleron a alcaldesa de Boborás como representante da comarca na Deputación. Agora con Baltar fora tamén se torcen as cousas para tratar de conseguir o único posto de Coordinador do Partido (o soldo anda máis ou menos en 43.000 euros), 2 postos de asesor do Partido (o soldo anda máis ou menos en 40.000 euros) ou un dos 3 postos de administrativos do Partido (no que o soldo é de cerca de 30.000 euros). Todos eles con cargo o presuposto da Deputación de Ourense.
En breve, saberemos que posto é capaz de conseguir o Sr. Lino, porque se me equivoco será a primeira persoa que coñezo que renuncia o seu traballo e polo tanto o soldo que lle corresponda por defender os intereses dos cidadáns a cambio de nada. Porque o que se cobra por asistir os plenos é o que é.
Se me equivoco e non consegue ningún dos postos dos que falo, que alguén me explique a xogada que fixo o Sr. Lino e en que estaba pensando, porque non se entende.
O novo presidente é máis afín a Rueda e Feijóo do que era Baltar. E tendo tan preto as elección autonómicas non creo que anden con historias. E todos sabemos que Argimiro e polo tanto Lino eran de Baltar. As cousas torcéronse co da multa, e agora os cargos a dedo non están tan claros.
Non se descarta a renuncia de Lino se non consegue un posto remunerado, é normal, antes tiña un traballo ben remunerado do que vivir coma calquer cidadán e agora non pode ser concelleiro o mesmo tempo que director de Banco sen cobrar prácticamente nada.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 124
- 125
- 126
- 127
- 128
- 129
- 130
- 131
- 132
- …
- seguinte ›
- última »