24, Xuño 2023

A Festa do Pan de Cea é a protagonista do cupón da ONCE do mércores, 28 de xuño. Cinco millóns de cupóns difundirán este evento co que se rende homenaxe ás panadeiras e panadeiros do municipio.

Manuel Martínez Pan, delegado da ONCE en Galicia, José Luis Valladares Fernández, alcalde de San Cristovo de Cea, Carlos Manuel Rodríguez Rodríguez, presidente da Indicación Xeográfica Protexida (IGP) do Pan de Cea, e David Cejudo Maior, director da ONCE en Ourense, presentaron este cupón.

Desde o concello de San Cristovo de Cea fan un recoñecemento especial e manifestan o seu agradecemento aos irmáns José e Pablo Rodríguez Mïguez, ceéses por raíces paternas e traballadores da Organización Nacional de Ciegos de España -ONCE- como verdadeiros artífices desta iniciativa que comezou a fraguarse en xuño do ano 2022, que que puxeron todo o seu empeño para que se fixera realidade", remarcan.

O Cupón Diario da ONCE pon en xogo un premio de 500.000 euros ao número máis a serie, e 49 premios de 35.000 euros ás cinco cifras do número premiado. Ademais: 450 premios de 250 euros ás catro primeiras cifras e outros 450 premios ás catro últimas; 9.000 premios de 25 euros no caso de tres últimas ou tres primeiras; e o mesmo para as dúas primeiras e últimas (6 euros), e reintegro de 2 euros á primeira ou a última cifra do número premiado. Os cupóns da ONCE comercialízanse polos máis de 19.000 vendedores e vendedoras da Organización. Ademais, pódense adquirir desde www.juegosonce.esel cupón da ONCE difunde a Festa do Pan de Cea, en honra aos panadeiros do municipio(abrirase nova xanela), e en establecementos colaboradores autorizados.

24, Xuño 2023

O centro sociocomunitario do Carballiño despedíu curso coa celebración cun festival que se celebraba este pasado dia 16 no auditorio do Carballiño, agora da conta de que ampliamos moi significativamente a oferta de actividades programadas para este verán onde a maiores das actividades físico deportivas: Ximnasia (2 grupos), Ioga (2 grupos) Pilates e Cachibol, abrimos inscrición, neste caso en colaboración co grupo social ACOLLE, para as seguintes actividades.

TALLER DE CRECEMENTO PERSOAL (autoestima, manexo de emocións) Os venres pola mañá , nos meses de xullo e agosto.

GRUPO DE MARCHA NÓRDICA, martes e xoves, meses de xullo e agosto.

CURSO DE INFORMÁTICA E MÓBILES durante os meses de xullo e agosto, os luns pola mañá.

COSTURA E ARREGLOS, onde terán a disposición unha máquina de coser por participante así como todo o material preciso. Será todos os mércores do verán ás 10:00.

Para máis información, horarios, etc, asi como realizar a inscripción, as persoas interesadas poden achegarse ata o Centro Sociocomunitario do Carballiño, na rúa Julio Rodríguez Soto.

23, Xuño 2023

Maria Luisa Rodríguez, Sebastián Lamazares, Manuel Nogueira e Fátima Gómez comparten a derradeira tertulia da tempada en COPE O Carballiño.  Este tempo de radio dos venres estará de volta no próximo mes de setembro.

23, Xuño 2023

Despues de leer outras denuncias
E sendo unha autentica ignorante no eido da politica
Estou abraiada Co que leo sobre o non pacto do Irixo
Porque esto de ser certo parece un reparto de cromos entre rapaces
Que algo serio como e a negociacion dunha estable coalicion de goberno
Tanto Iago como susana Os seus votantes a traves das furnas lles mandaron unha clara mensaxe
Coa unica finalidade de botar ao Alcalde fora
Porque cada un por si mesmo Non acadou os votos suficientes
Se supostamente a primeira liña vermella que puxo Susana Xa foi ca Alcaldia non e negociable Me parece desafortunado porque hay pactos de goberno cas alcaldias as comparten por anos dous socios de goberno A susana os seus votantes lle mandaron unha mensaxe clara Que botara a ese alcalde fora da Alcaldia Que non lle mandaron a mensaxe de que Iago non podia compartir algun tempo a alcaldia sendo socios de goberno
Nalgun pacto de goberno a compartiron por anos
Pero teño entendido que Iago renunciou a Alcaldia E pideu a concejalia de obras
Que tampouco de principio lle queria dar Susana Ata que no dia anterior da votacion Segundo din
Susana o chamou por telefono e lle mandou mensaxes Pero Iago non contestou
Anque non estou na politica activa Que caste de negociacions serias e formales foron estas Sin ningun animo de ofendelos Susana e Iago
Pero esto foi algo serio ou un pajolero cachondeo Onde quedaban a negociacions dos seus respectivos programas electorais
Para chegar a acordos Pois neses programas electorais ian escritas propostas de melloras na defensa dos intereses dos veciños e veciños
Co Irixo ten gravisimas problematicas sen arranxar en varios eidos
Sin animo de ofendelos Iago e Susana vostedes non son ninguns executivos de ningunha empresa privada Nin foron elexidos por ningun Consello de Administracion
Foron elexidos polos seus votantes como representantes de servicio publico para a defensa dos seus intereses A chamada vontade popular Porque tamen no Concello do Irixo a soberania a ten o pobo E tanto a vostede Susana como a Iago os elexiron como servidores publicos na defensa dos intereses dos veciños e veciñas do Irixo
Se supostamente empezamos coa alcaldia e innegociable E quero obras A quen estan servindo aos seus votantes ou os seus intereses particulares e privados e ambicions persoais
Susana no seu programa electoral poñia Que a alcaldia fora imnegociable
Iago no seu programa electoral poñia Que si non lle daban a Conselleria de obras Se poñia " fora de cobertura
Eso estaria moi ben se calqueira dos dous tivera unha maioria suficiente para gobernar Pero non a teñen E tiñan cos dous ceder para cumplir co mandato cos seus votantes lle deron nas furnas
E ou non souberon negociar Ou non quixeron negociar
Que sentindo moito e polo que me inclino a pensar
Señor Iago teño que estar nun erro E vostede nunca dixera " Que non ia ser vostede o que deixara caer a Lito"
Porque se supostamente dixo esto E forte pero que moi forte porque contradice totalmente todo o seu discurso da campaña electoral
Que mensaxe entendeu vostede que lle mandaron os seus votantes
Que non deixara caer a Lito Ou que axudara a botar a Lito fora do Concello como Alcalde ?
Vostede mesmo Pero co tipo de campaña que fixo os seus electores non entenderian precisamente que teña que ser o soporte de Lito na Alcaldia
E ahi xa lles fallou ata a saciedade
En canto a esa suposta pataleta"
Que contan que colleu vostede porque creia que ia a sacar 4 concelleiros E agora esta cheo de odio e rabia Segundo comentarios
Sr Iago se vostede creia que ia sacar 4 concelleiros tamen pecou vostede de optimista Porque con Manuel Penedo sacou 3 Concelleiros
E sabendo que Xuntos polo Irixo ian arrastrar moitos votos que ian para Lito Creo sinceiramente co seu resultado non foi tan malo como para estar supuestamente con esa " pataleta "
Ademais ca vontade popular asi o decideu
Sr Iago Vostede e politico e sabia perfectamente Que entre os veciños do Irixo habia moito descontento coa Xestion do Alcalde Pero non habia tanto descontento coa sigla do Alcalde
Segundo comentarios O descontento era supostamente co Alcalde E Gloria
Non coa sigla politica a cal pertencen
O modelo de xestion do Alcalde foi un autentico desvario
Para favorecerse a el mismo e a os seus amigos E acabou facendolle moito daño a maioria dos veciños do Irixo
O papel de Gloria como non coñezo este tema Non vou a opinar sobre el
Coñezo unha version Pero me falta coñecer a outra parte
Tamen vostede Sr Iago falou na campaña das presuntas irregularidades que se esconden detras da marca O Irixo
Pois eso tamen nos interesa a unha maioria de veciños
Descoñezo o seu modelo de oposicion con Manuel Penedo
Contra o actual Alcalde teño a sensacion de que foi un chisco " Descafeinada"
Tanto vostede como Susana O unico camiño que lles queda para salvarse da " queima " E preparar unha boa mocion de Censura Cun bo e estable pacto de goberno
Porque do contrario van a quedar ante os veciños e veciños do Irixo como os maiores farsantes e embusteros Supostamente enganando na xente de porta en porta
E a sua credibilidade agora mesmo e de 0 E esperemos que non lle teñamos que sacar decimales ao 0
Susana e Iago Sodes servidores publicos para servir os intereses dos veciños do Irixo E a soberania e vontade esta no pobo Nos vosos votantes
Pois non mais medias verdades Que son as peores das mentiras Non mais excusas E non mais
Vanas xustificacions
Soamente os queda unha oportunidade para cumplir co mandato que vos deron os vosos votantes nas furnas
A MOCION DE CENSURA!!
Pois espero e desexo que vos poñades a traballar nela Con seriedade responsabilidade e rigor E non continuedes insultando mais as nosas inteligencias
Con excusas baratas
Que non vos van a levar a ningunha parte
Ata o dia de hoxe soamente lle distes os vosos votantes desilusions decepcions y traizons
Pois na ultima oportunidade que os queda Ojalla seades capaces de darlle a
" volta a tortilla"
E como servidores publicos que sodes ao servicio dos veciños e veciñas do Irixo Cumplades co mandato que vos deron cos seus votos nas furnas
Botar a ese Alcalde fora da Alcaldia
Vai ser a ultima oportunidade que teñades
Esperamos e desexamos Ca manifestacion e encargo dos vosos votantes a cumplades a " rajatabla"
Porque do contrario ides quedar coma uns farsantes que vos aproveitastes sin ningun escrupulo etica nin moral das suas vontades
Porque tanto esbardalla Tanto o Psoe como Xuntos polo Irixo Sobre aquela forasteira das listas a numero 5
E visto o visto
Secadra era mais valida para gobernar
E chegar a pactos estables de Goberno
Ca vos os 5 xuntos
Pois ahi os queda a pelota no vosos tellados"
Nos sentimos moi orgullosos de ser do Irixo Como todos eses veciños que foron o dia 28 a votar
Por ese cambio de goberno e xestion no concello que se lles prometia
De todas e todos eses hai que sentirse moi orgullosos porque o merecen
O pobo a soberania popular a vontade popular
Esa que quedou polo de agora " mais pisoteada cun felpudo "
" La Alcaldia no es negociable" " Quiero la Concejalia de obras" " porque sino estou apagado o fuera de cobertura"
" Tales para cuales e todos iguais"
Os veciños e veciñas do Irixo Nos merecemos a outras persoas Que miren como servidores publicos polos nosos intereses
Se non facedes ese pacto Supoñemos que pola estar na oposicion estaredes de balde E sin que sen cobrar un so Euro Que saen dos petos de eses que vos deixastes quedar despois de supostamente enganalos a prol dos vosos intereses e ambicions persoais
Donde esta aqui o cambio ?

22, Xuño 2023

As piscinas municipais do Carballiño inaguran a tempada este venres 23 de xuño, mentres que as da Rañoa de Maside abren este sábado dia 24, según veñen de corfirmar tanto o concello carballiñés como o masidao.

A apertura diaria nas piscinas carballiñesas será de 11:00 a 20:30 horas, ofrecendo ademáis servizo de bar-restaurante. Ademáis o concello carballiñés tamén comunica que se abre a inscripción para os cursiños de natación que se impartirán en horario matinal, tanto en iniciación como para perfeccionamento.

Ademáis, na entrada do recinto tamén poderán adquirirse os bonos para os usuarios da piscina para esta tempada, obtendo unha rebaixa considerable a respecto da entrada diaria.

22, Xuño 2023

Ante las declaraciones hechas ayer por Susana Iglesias de Xuntos por Irixo, solo nos queda cuestionarnos a los vecinos de Irixo quién nos está mintiendo y porqué no se lleva el pacto adelante. 

En mí opinión, entiendo que las negociaciones entre los partidos en este caso PSOE y Xuntos son más complicadas de lo que a los de fuera nos puede parecer, pero antes las declaraciones de unos y otros yo NO ENTIENDO NADA. 

Por un lado, Susana Iglesias dice que la alcaldía no es negociable, Iago Fariñas dice que no quiere que se diga que por su nombre no va ha ser que Manuel Cerdeira salga del Concello (eso lo dijo en sus primeras declaraciones, luego más adelante ya no se refería directamente a la persona sino al PP. Un tanto extraño no les parece), luego pide la concejalía de Obras y tienen sus más y sus menos pero según Susana se la terminan cediendo un día antes de que ocurra el pleno el Sábado, pero Iago no contesta ni a mensajes ni a teléfono. Y yo le doy la razón a Susana, en el Concello si se quiere trabajar de verdad por los vecinos hay mucho que hacer, no puedes decir que hay concejalías menos AGRADECIDAS, porque ya se están viendo las intenciones (y siempre es el primero que dice que va a trabajar, que es capacitado etc)

Yo no creo como se dice en otras denuncias que el PSOE tenga que soltar el "oro y el moro" simplemente para que Manuel Cerdeira deje la alcaldía, pero SI que creo que tienen que ser unas negociaciones ACORDES a las votaciones y de momento 3>2.

Iago Fariñas en estas votaciones se creyó que iba a sacar 4 concejales (por el descontento de la gente) y ganar las elecciones o a lo mejor no ganar, pero si pactar para poder ser alcalde, y al salir en las votaciones con sus solo 2 concejales se llenó de rabia y de ira (solo hay que escuchar las primeras declaraciones después de las elecciones). 

Por lo que yo creo que está mintiendo y no es que no sea claro en sus declaraciones (pero en muchas ocasiones se contracide a sí mismo, en muchas), yo creo que se está mintiendo a sí mismo, lleva años queriendo e intentando ser alcalde y el dice que es humilde, válido etc.... se nota que está sediento de poder.

Y después de tantos años con el PP en el Concello y este año solamente por mérito de Manuel Cerdeira y Gloria, por su mala gestión, por sus egos, por su mal hacer, la gente necesita y pide cambio (lo querían ya), se consigue en las votaciones pero no se está llevando a cabo por Iago Fariñas y esto es así y el tiempo lo dirá.

Después de las votaciones, los vecinos importamos y lo voy decir bien claro, UNA MIERDA, da igual a quien votaran, esto va de sillas, de intereses personales, de querer quedar unos por encima de los otros y se escucha que ambos ya piensan en las próximas elecciones, pués se lo digo bien clarito a ambos, pueden todos ustedes quedarse en casa a dormir que se están luciendo.

Finalmente, no se porqué creo que Iago Fariñas y Manuel Cerdeira tienen intereses en común (€) y que a lo mejor puedan tener un pacto escondido por debajo de la mesa.Mis dudas son debido a que en los 3 años y medio que lleva Cerdeira en la alcaldía no hizo ninguna oposición firme, comparando con lo que hacía cuando estaba Manuel Penedo. En este tiempo dijo que iba a revisar las facturas del tema marca Irixo, castañas, gastos absurdos que hubo en el Concello que seguramente ha habido muchos y tampoco hasta ahora se sabe nada de ese tema. No se hacían los plenos en su fecha y hasta llegado un tiempo no le importó, los presupuestos se sacaron no tarde, si no muy tarde.. y más cosas.

En fin, ahora en los próximos plenos que haya en el Concello muchos se quitarán la careta y se mostrará la realidad de todo esto. Porque le intentas buscar un sentido, y no lo tiene.

Un vecino de O Irixo. Saludos 

 

22, Xuño 2023

Señores de Xuntos polo Irixo
Personalmente sempre os tiven admiracion polo valientes que fostes
Porque recoñezo que habia que ser moi valientes para enfrentarse a ese Alcalde E sempre pensara que no Irixo
Habia un tipo de persoas que non ian ter a valentia de facelo
Por eso me levei unha grata sorpresa
Era un " bonito globo inflado" Cando se produceu o debate ese " globo" Empezou a desinflarse "
Porque non e loxico Cunha candidatura que se presenta por primeira vez a unha alcaldia Non faga acto de presenza
Algo estaba claro Que se lle tentaba sacar por todolos medios a maioria absoluta o Alcalde
Pero para que ?
Calqueira persoa responsable que teña a valentia de dar ese paso E ca sua prioridade sexa os defender apoiar escoitar e arranxar os dos veciños do Irixo
Sabia perfectamente Que nese camiño non habia volta atras E soamente cabia camiñar hacia adiante Se os veciños o apoiaban
E conxuntamente coa outra sigla politica
Se tiña o apoio suficiente
No Irixo Si houbo ese apoio Por eso e tan importante que xuntos polo Irixo
Explique publicamente O
O por que non se fixo ese pacto de goberno
Na miña humilde opinion tampouco favorece levar nunha lista de segundo a unha persoa que teño entendido que xa foi concelleiro co actual Alcalde
Eso pode crear a dia de hoxe unha desconfianza Que seguramente nada teña que ver coa realidade
Como a sombra da dubida sempre e alargada " Non queda outra que explicarlle os votantes con luz e taquigrafos"
Porque cada un de nos e moi libre de pensar o que queira
E absurdo pensar co Psoe fora a representar un paripe para neutralizar os votos e perpetuar o Alcalde no posto
E outra sigla politica
Xuntos polo Irixo
Como non expliquen as cousas claramente
Tenden a crear mais sombras de dubidas
Que queriades a
" A cabeza do Alcalde nunha bandexa de prata " Nos quedou a todos clarisimo
Pero para que ?
Porque non quero nin pensar No espantoso e esperpentico ridiculo que fixestes
De porta en porta dos veciños do Irixo
Para ter unha cuota de poder dentro do Concello do Irixo E asi negociar con el?
Pois seran os vosos intereses e ambicions persoais
Pero nunca para favorecer en nada as persoas que os votaron Porque polo de agora estan igual ou peor que antes
E ahi a sua confianza xa quedou para sempre traicionada
Porque que caste de oposicion ides ser ?
Se non fostes capaces de forxar un estable pacto de coalicion de goberno
E ter nas vosas mans a Alcaldia
Os do psoe ou son suicidas" Ou terian mais cuota de poder nun goberno en coalicion ca como 2 paus na oposicion
Agora hai un refran que di " O que todo o quere todo o perde"
A xente os votou para sacar a ese Alcalde da Alcaldia Non para estar sentados como paspans na oposicion
E a vontade dos vosos votantes non a cumplistes ningun dos dous
Ahi soamente deixastes decepcion e traizon
E como non fagades unha mocion de censura
Ese sanbenito no lombo o ides levar sempre
Pero bueno a morte e a unica que non podemos comprar con diñeiro Todo o demais ten un prezo
A vontade dos votantes soamente conta o dia das votacions Despois se regala ou se vende o mellor postor
No irixo o mais sensato sexa botar a D.branco Nunca sae elexido candidato
Pero tamen nunca te decepciona nin te traiciona
O Nunca fagades caso dos falsos profetas" Se o dixeron fai miles de anos E case seguro que pensaban no Irixo
Señores de Xuntos polo Irixo
Esto non era un xogo
E cando se nomea a Xuntos polo Irixo Estou nomeando os 3 concelleiros electos
Non a outras persoas que fosen na candidatura O igual cos seus simpatizantes nin votantes
Agora os 3 concelleiros electos si tiveron que ter responsabilidade nas negociacions para o pacto de goberno Coa outra sigla politica Psoe Como tamen considero responsables os 2 concelleiros electos do Psoe Non as outras persoas que foron nas listas ou os seus militantes simpatizantes nin votantes
Esto que quede clarisimo
Que tamen se teñen que sentir decepcionados
O sr do Psoe deu as suas explicacions nos medios de comunicacion
Agora teñen que facer o mesmo
Os señores de xuntos polo Irixo
Porque non nos contara algun co Alcalde antes era o Demo E agora se converteu nun Anxo E un ser de luz"
E antes se pedia a
" cabeza do Alcalde Nunha bandexa de prata"
E agora bla , bla , bla

21, Xuño 2023

Discrepancias na elección da alcaldesa de Boborás como deputada provincial do Partido Popular pola comarca do Carballiño, asi se puxo de manifesto na votación celebrada esta mañá na Xunta Electoral de Zona, onde estaban convocados os 56 concelleiros electos o pasado 28-M nos 9 concellos da comarca carballiñesa.

O grupo municipal popular no concello do Carballiño, con 5 concelleiros, non apoiou a elección de Patricia Torres, o grupo liderado por Lino González manifestou o seu malestar porque asegura que había un compromiso adquirido pola dirección provincial do PP de que o deputado fose o seu cabeza de lista no concello do Carballiño.

Tampouco se presentou á votación o grupo municipal de Beariz, que conta con 7 concelleiros, neste caso o alcalde bearicense Manuel Prado manifestou a COPE O Carballiño que non comparte a modelo de elección "a designación debía facerse acordandoa nunha reunión con todos os cabezas de lista, como se facía antes, e non desta maneira".

Sí apoiaron a designación da alcaldesa de Boborás como deputada provincial o resto dos grupos municipais populares nos outros 7 concellos da comarca carballiñesa. Como primeiro suplente figura o alcalde de Cea, José Luis Valladares.

21, Xuño 2023

Son a veciña anónima do Irixo e, como resposta á persoa que escribiu a denuncia “Excusas baratas”, gustaríame aclarar certos puntos que, dende o meu punto de vista, puideron non quedar claros na miña denuncia e, tamén, responder algunha das súas afirmaciós. 

A min non me gusta facer afirmaciós tan rotundas como as que fai vostede, pois o que escribo non é máis cá miña humilde opinión froito da observación e escoita directas, por iso pode parecer que "insinúo" certas cuestiós, pero o que fago é afirmalas, sempre como opinión persoal. É a miña visión do asunto e non quero dicir que non sexa válido que vostede faga afirmaciós rotundas, senón que explico o porqué de non facelo eu.

Sobre o tema que nos ocupa, en primeiro lugar, por suposto que calquera partido ou agrupación pode gobernar en conxunto con outra, pero sempre e cando ambas sexan razoables. Penso que non se lle pode reprochar ó PSOE que pida o que pensa que é máis conveniente para o seu futuro. Diso trata a política. Por desaloxar o sr. Cerdeira do sillón teñen que ceder en absolutamente todo? Non creo que sexa xusto para eles nin para os seus predecesores e sucesores. Neste sentido, é certo que Fariñas non facilitou, de momento, a caída de Cerdeira, e que é reprochable que diga unha cousa e que faga outra, pero, entón, eu dende aquí pídolle ó sr. Fariñas que, de presentarse a máis elecciós, avise de que fará todo o posible por desaloxar o PP do concello, pero sempre e cando non lle pidan "el oro y el moro", que por aí non vai pasar (nótese a ironía). Por favor! Sería tan absurdo facer algo que todos deberíamos sobreentender… E o mesmo se pode aplicar a Xuntos. Exactamente o mesmo.

En canto á entrevista na radio, temos visiós ben distintas, aínda que a súa fai que me reafirme na miña: non gusta que Fariñas fale con claridade e contundencia do que é a política municipal e do que o seu partido busca ou quere conseguir. Supoño que el debería tomar nota disto.

Por outra parte, creo que non é totalmente certo o que di vostede de que ós veciños non lle importa de que é ou non é concelleiro tal ou cual persoa. Ogallá lle dese todo o mundo tanta importancia coma min á visibilización e dinamización cultural e á conservación e coidado do patrimonio! Pero eu non vexo que sexa así porque levo oíndo toda a vida como se di que un alcalde "fai moito" se hai obras (e se non hai problemas cos permisos), se se limpan as cunetas, se os traballos sociais van funcionando (aínda que sexa a ralentí), se se cambian as bombillas, e se chaman á deputación pra cambiar os contenedores da basura e os bancos, por poñer varios exemplos habituais. Ogallá non fose así, pero esa é a miña experiencia ó respecto. Polo tanto, comprendo, neste punto, a posición do PSOE de querer e a de Xuntos de non ceder, aínda que ambas me parezan máis ca cuestionables.

Antes de rematar de aburrilos coas miñas cousas, quería facer dous apuntes.

O primeiro é sobre o tema das familias vinculadas de sempre a un ou outro partido. Ben é certo que o que vemos e oímos na casa nos inflúe, sobre todo, na infancia e na mocidade, pero a medida que nos imos convertendo en persoas autónomas, tamén o noso pensamento se fai autónomo, na maioría dos casos. Con isto quero dicir que aínda que unha familia se vincule "de toda a vida" a un partido, non tódolos seus membros poden sentir esa vinculación e, polo tanto, actuar e votar en consecuencia. Cantas familias falanxistas viron como fillos e netos se facían socialistas ou comunistas, noutros tempos? E cantas familias de esquerdas ven, actualmente, como os fillos e netos xiran á dereita? Por iso eu non lle fago moito caso a iso de "eses sempre foron do "soe"/PP".

O segundo apunte, e xa remato, é sobre unha cuestión que me fixo gracia de varias denuncias (2 ou 3, non estou segura), nas que se confunde a Xuntos polo Irixo con Polos Veciños. Por que será…?

Moitas grazas polo seu comentario e, coma vostede, eu tamén agardo que Xuntos e o PSOE aparten os egos das negociaciós, que volvan sentar, cedan ambos e cambien o goberno, pero moito me temo que non vaia ser posible, mal que nos pese. 

Ogallá non perdan esta oportunidade histórica.

Saúdos cordiais.

21, Xuño 2023

Catro narradoras galegas percorrerán as vilas e aldeas de oito concellos de menos de 5 mil habitantes: A Baña, Boborás, Dodro, Friol, Rois, San Cristovo de Cea, Touro e Vilarmaior, co propósito de compartir a arte de contar historias e promover o seu patrimonio inmaterial. Esta iniciativa desenvolverase íntegramente en galego. En Boborás xa tivo lugar unha primeira xornada celebrada este pasado sábado no campo da festa de Feás.

Durante os meses de xuño, xullo e agosto, a equipa de Cóntame un mundo levará a cabo máis de 40 actividades para recoller e salvagardar as historias vividas en cada lugar, ademais daqueles mitos e lendas que se transmitiron de xeración en xeración a través da comunicación oral. Todas as actividades e novidades do proyecto pódense consultar na súa páxina web: contameunmundo.org.

As persoas que habitan no rural, dende os máis novos ata os maiores, serán as protagonistas. Preténdese xerar un intercambio de coñecementos entre elas que favoreza a conservación e pervivencia da cultura propia.

Este proxecto levarase a cabo grazas aos fondos europeos Next Generation no marco do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea; co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais dentro do programa Territorio Cultura dedicado á ampliación e diversificación da oferta cultural en zonas non urbanas; e grazas á colaboración dos concellos participantes e algunhas das súas parroquias.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS