20, Xuño 2023

Nalgún comentario anterior insinuase que o PSOE do Irixo non ía pactar con Xuntos polo Irixo porque tamén eran o PP, non é certo, e se o fose tampouco xustificaría que os dous partidos non poidesen gobernar xuntos polo ben do pobo.

O único real e que este partido, Xuntos polo Irixo,  captou moito do voto dos descontentos con Manuel Cerdeira, e que antes votaban a Penedo, pero ata ahí.

E verdade que o número 2 da candidatura foi concelleiro do PP, pero a maioría, que eu sepa, non teñen carné de ningún partido, e maís, ata  familias tradicionalmente votantes do Psoe teñen vínculos con esa lista.

De todas formas, como xa dixen  pouca importancia ten esta cuestión, pois o único que debería preocupar  a estes partidos e acatar o mandato da xente que os votou, e desaloxar a Lito da alcaldía.

Noutro comentario falase de que Iago fariñas non é un demonio, o peor do peor...e ten razón o demo era Lito ata o día 28 de maio, Iago Fariñas sólo fixo o que calquer político que se precie, decir unha cousa en campaña e facer outra despois.

Efectivamente a culpa de que Lito siga sendo alcalde repartena o 50% os dous partidos, a entrevista na radio de Iago foi vergoñenta, solo queixarse da pouca cuota de poder que lle deixaban, xa pensando na vindeira campaña electoral pero por favor ! Qué nos importa os veciños quén é o concelleiro de obras ou o de urbanismo!.

Se tes idea de traballar polo teu pobo, podelo facer dende calquer área que che toque, da igual medio ambiente ca cultura ca servizos sociais, pero parece que os intereses son outros... Que pena!

Por outra parte, polos veciños equivocase en atacar a Iago no seu comunicado, con descalificacións que solo poden alonxar máis o pacto, máis diplomacia por favor!

Espero, que estes partidos recapaciten e volvan a negociar, están condenados a entenderse, sen pacto non teñen ningún futuro, e O Irixo tampouco.

 

20, Xuño 2023

Tralos resultados electorais na municipais do 28-M, os dous deputados que lle corresponde á comarca do Carballiño repártense entre Partido Popular e PSdeG-PSOE.

Este mércores dia 21 de xuño están convocados na Xunta Electoral de Zona, no Pazo de Xustiza, os 56 concelleiros que conseguíu o Partido Popular no conxunto dos 9 concellos da comarca carballiñesa, e os 18 que resultaron elixidos nas candidaturas do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE.

O Partido Popular volverá optar pola alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, para un novo mandato como deputada provincial, como primeiro suplente figura o alcalde de San Cristovo de Cea José Luis Valladares.

Os socialistas tamén volven confiar o cargo de deputado provincial ao concelleiro carballiñés Diego Fernández, que leva como primeiro suplente na súa candidatura ao alcalde de Maside, José Manuel Iglesias.

20, Xuño 2023

A Garda Civil investiga a estas persoas detidas nas últimas horas, entre elas un veciño do Carballiño de 21 anos, por diversos roubos rexistrados nos últimos meses, 3 deles nun bar de Cambeo, un nun estanco do concello de San Cristovo de Cea e outro na farmacia do concello de Piñor, todos eles son roubos con forza.

Ademáis do carballiñés detido por  estes roubos, tamén o foron outras catro persoas, veciñas de San Cibrao das Viñas, Ramirás e Lugo. Leva o caso o Xulgado de Intrucción nº 2 de Ourense.

20, Xuño 2023

Xuntos polo Irixo e PSOE seguide botandovos as culpas mutuamente do non pacto, que o ides pagar caro se tendes a cara de volvervos presentar.

Como veciño do Irixo dame igual o voso intercambio de cromos,  non tendes xustificaciøn ningunha.

Enfado, desilusión, desencanto, ganas de non volver votar nunca, ese e o sentir maioritario da xente ca que falei deste tema, veciños que votaron polo cambio e que agora se sinten enganados.

Fai unhos días ibades porta por porta poñendo a Lito coma o peor do peor, e agora deixades que goberne.

Fai unhos días pensaba que Iago era unha persona moi preparada para ser alcalde, e que realizara unha boa labor de oposición, pero despois das últimas declaracións na prensa sólo vexo que lle importa o Irixo o mesmo ca Lito: NADA.

De polos veciños gustabame que era xente nova,  que desexaba cambiar as cousas, que o podían facer tamén ben.

Igual me daba, Iago ca Susana, os dous merecían unha oportunidade, o caso era que houbera CAMBIO.

O dia, das eleccións despois da sorpresa de que non gañaran os de sempre, fixenme ilusións de que algo podía cambiar neste pobo por fin ! pero Non....todo segue igual. Así que sede felices na Oposición,  e non vos molestedes en facer campaña electoral nas próximas eleccións, xa á tendes feita!

 

20, Xuño 2023

Con permiso dos Istoriadores porque me considero unha ignorante na materia o acontecido no Irixo anque a outro nivel xa sucedeu noutra epoca istórica fai seculos entre Isabel de Castilla e a Beltraneja pola Coroa de Castilla.
Pois o acontecido no Irixo tamen se pode Extrapolar de algun xeito
Unha loita con guerra fraticida dende adentro dunha mesma sigla politica
Os dous bandos no senso figurado mandaron os seus soldados para tentar debilitar ou derrocar o bando contrario
Para maior gloria . Dos seus intereses e ambicions persoais
Pero nunca pensando nas necesidades a calidade de vida E as gravisimas problematicas que teñen os e as veciños do Irixo
Esa Suposta guerra fraticida soamente levaba a acadar a Alcaldia do Irixo E a cuota de poder dentro do mismo
Ante o grandisimo descontento que habia por parte da veciñanza contra o Alcalde Tamen foi bastante doado crear unha nova sigla para canalizar e neutralizar eses votos do descontento dos veciños e veciñas do Irixo E non caeran noutra sigla politica allea a esa suposta componenda
Se se crea unha sigla politica Por que se rexeita ir publicamente a un debate politico cos outros candidatos politicos para darse a coñecer E amosar publicamente o seu proxecto e programa electoral?
Como asimesmo outras aparicions nos medios de comunicacion
Cales eran os motivos?
Que se agochaba detras desas actitudes?
Unha sigla recien crada Porque rexeita a publicidade ou as aparicions nos medios publicos de comunicacion ?
Sempre na miña persoal opinion Que podo estar moi equivocada
Xuntos polo Irixo Foi un fraude emocional para os veciños e veciñas do Irixo que confiaron neles cegamente e lle confiaron os seus votos nas urnas Coa unica finalidade de que fixeran un pacto coa outra sigla politica E desaloxaran a ese Alcalde da Alcaldia
Cousa que non fixeron Nin puxeron a suficiente vontade para facelo Agora pensan que con botarlle todalas culpas o psoe teñen todo arranxado
Se con esta opinion persoal estou no certo . Obviamente os do Psoe nunca tiveron ningunha cabida E esa coalicion de goberno Nunca ia chegar a bo porto"
Se tratou de canalizar os votos dos descontentos coa xestion do Alcalde
Para que ?
Para non cambiar absolutamente nada de nada
Sinceiramente os veciños e veciñas do Irixo Nos importan a maneira de xestionar o Concello e cas nosas problematicas sexan arranxadas e escoitadas Que como cargos publicos defendan os nosos intereses
Se estamos no certo os veciños e veciñas do Irixo Soamente fomos utilizados como soldadiños de plomo" por parte dunha sigla politica
Para maior gloria dos seus intereses particulares e ambicions persoais
Porque os veciños e veciñas do Irixo Imos quedar gobernados igual ou peor do que estabamos E coa nosa vontade de cambio pisoteada polo chan "
O pobo soamente foi importante o 28 de Maio para ir a votar
Despois xa nin somos importantes Nin se conta comnosco para nada
Na Istoria de Castela
Isabel foi Raiña A
Beltraneja que perdeu a guerra desterrada e repudiada
Na Istoria do Irixo
Os do Sr Feudal" Gobernaran e os outros lles faran de leais vasallos "
Por outros entendase
Xuntos polo Irixo
Os do Psoe seguiran o seu camiño
Pero ninguen ten porque marcharse
Porque tanto o Alcalde como todolos demais concelleiros foron legalmente elexidos polo pobo
Os veciños e veciñas do Irixo Soamente nos queda esperar e confiar Que nas vindeiras eleccions
Se presenten a Alcaldia " Uns robot da intelixencia artificial Que cumplan a nosa vontade manifestada nas urnas Seguro co fan con mais etica moral, escrupulos responsabilidade e conciencia Que nesta ocasion o fixeron alguns humanos
Pero nos temos que sentir moi orgullosos de ser do Irixo
Anque nestes momentos nos sintamos moitos de nos defraudados decepcionados ou enganados
A suposta xogada tamen lles saeu mal
E tarde ou cedo pagaran un alto custo por ela
O pobo sempre e sabio !!!!
O que alguns estamos escribindo
Outros moitos o estaran pensando
Porque supostamente nos tentaron enganar Pero non nos enganaron
Xuntos polo Irixo
Para estar Xuntos nesta situacion politica
E moito mais positivo e sano mentalmente estar separados
Estas son opinions persoais Non feitos probados
E vai escrito co maior respeto e consideracion para todos e todas

20, Xuño 2023

O próximo 1 de xullo comeza a primeira edición de Cinema Circulante, un festival itinerante de cinema que busca converterse nun espazo de encontro coa cultura e cinema galegos en concellos do rural. O programa, financiado a través da convocatoria de Territorio Cultura da Xunta de Galicia, percorrerá dez vilas de menos de 5.000 habitantes das provincias de Lugo e Ourense ata o vindeiro 10 de xullo.

Con obradoiros, música, proxeccións de curtametraxes e coloquios, a programación condensa nunha única xornada diferentes actividades relacionadas co audiovisual e orientadas a todo tipo de públicos:

Sementando cineastas: obradoiro de creación cinematográfica para público infantil no que o cineasta Ángel Santos (nos concellos de Trabada, Cervantes, Quiroga, Rubiá e A Fonsagrada) e a cineasta Noemi Chantada (nos concellos de Monterrei, Calvos de Randín, Maside, Carballeda de Avia e Beariz) introducirán á rapazada da contorna no medio audiovisual. A actividade contará con 10 prazas por concello para nenos e nenas de 8 a 12 anos (aínda que a organización terá en consideración outras idades se non se completan as prazas). A inscrición pode facerse enviando un correo electrónico a cinemacirculante@nortecatrocinema.com facliitando os datos e sinalando o concello.

Cinema memoria: proxección e coloquio dedicado as nosas e nosos maiores no que a través de tres pezas de realizadoras e realizadores galegos xerarase unha conversa sobre as lembranzas e vivencias das e dos asistentes. As curtametraxes proxectadas nesta actividade serán O carro e o home (Antonio Fernández Román, 1945), As vacas de Wisconsin (Sara Traba, 2016) e Matria (Álvaro Gago, 2017). Actuación ao vivo do grupo Gure Terra. Cara ao final da tarde a veciñanza poderá gozar deste espazo musical que xira en torno ao imaxinario popular e á tradición.

Cinema na rúa: proxección de curtametraxes galegas ao aire libre. Os filmes que conformán esta sesión serán Xoves de comadres (Noemi Chantada, 2020), Así vendrá la noche (Ángel Santos, 2021), Rompente (Eloy Domínguez Serén, 2022) e Einstein-Rosen (Olga Osorio, 2017). Baixo as estrelas, coloquio posterior ás proxeccións no que o público poderá falar da proxección co cineasta Ángel Santos (nas primeiras cinco xornadas) ou coa cineasta Noemi Chantada (nas cinco seguintes).

O percorrido desta primeira edición de Cinema Circulante atravesará as provincias de Lugo e Ourense dende o 1 ata o 10 de xullo, comezando por Trabada (1 de xullo), Cervantes (2 de xullo), Quiroga (3 de xullo), Rubiá (4 de xullo), A Fonsagrada (5 de xullo), Monterrei (6 de xullo), Calvos de Randín (7 de xullo), Maside (8 de xullo) Carballeda de Avia (9 de xullo) e rematando en Beariz o 10 de xullo. Máis información sobre as actividades e horarios en cada concello dispoñible en www.cinemacirculante.com ou nas canles oficiais das distintas redes sociais do proxecto (Facebook, Instagram, Twitter e Telegram).

19, Xuño 2023

O concelleiro e probablemente portavoz de Espazo Común na nova corporación municipal do Carballiño, Adolfo Nogueira, culpou tanto a PSOE como a Partido Popular de impedir unha posible alianza que, no primeiro dos casos ofrecése estabilidade ao goberno do concello, e no segundo caso propiciase un cámbio máis radical na xestión do concello.

Nogueira asegura que desde Espazo Común intentarono ata ultima hora ofrecendo un mandato de cogoberno no que Partido Popular tería a alcaldia dous anos e Espazo Común os outros dous. E desde o respecto polas decisións adoptadas tanto por socialistas como por populares, o número 2 de Pachi Vázquez insta a unhos e a outros a que expliquen por qué rexeitaron eses acordos con Espazo Común.

Podes escoitar as manifestacións de Adolfo Nogueira no PODCAST de COPE O Carballiño deste lúns 19 de xuño, que encontrarás na sección "Programa" nesta mesma WEB.

 

19, Xuño 2023

O Concello do Carballiño e a Cámara Municipal de Alijó, localidade portuguesa coa que está irmandado, estreitan os seus lazos. O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, acudiu á Feira dos Vinhos e Sabores dos Altos, que se celebrou neste municipio luso pertencente ao distrito de Vila Real e tivo ocasión de establecer novas liñas de colaboración.

A ministra lusa de Cohesión Territorial, Ana Abrunhosa, presidiu a cerimonia de apertura da feira na que O Carballiño tamén se promocionou turísticamente. O edil fíxolle entrega da figura dunha pulpeira, co fin de poñer en valor a celebración que rende homenaxe ao prato típico e que estreou na última edición, a número 60, a declaración de festa de interese turístico internacional.

A presenza do Carballiño na Feira dos Vinhos e Sabores dos Altos contribuíu a dar a coñecer as bondades do concello. A Secretaria de Estado para la Valorización Interior, principal cargo de xestión para a loita contra a despoboación de Portugal, Isabel Ferreira, tamén mantivo un encontro co concelleiro de Turismo do Carballiño e manifestou a súa vontade de asistir á Festa do Pulpo que se celebrará o próximo mes de agosto.

José Paredes, presidente da Cámara Municipal de Alijó, localidade coa que O Carballiño se irmandou hai anos, recibiu de mans do edil unha figura da Veracruz en metacrilato, coa que se pon en valor un dos lugares máis emblemáticos da vila e se destaca que o concello ten moito que ofrecer, ademais da súa gastronomía. No encontro tamén estivo presente a vereadora de Turismo de Alijó, Sónia Andrea Rodrigues Pereira Pires.

19, Xuño 2023

Levo días escoitando e lendo nos medios e en redes sociais as opiniós sobre o que aconteceu no Irixo nestas pasadas elecciós e voume permitir, dende as antípodas ideolóxicas de calquera das tres candidaturas presentadas, ofrecer a miña humilde, aínda que penso que clarificadora, opinión sobre o tema. Penso facelo, ademais, dende o respecto e a educación que coido que faltan en moitas desas opiniós e nalgunhas denuncias aquí publicadas. Porque señoras e señores: a vida privada das persoas que se presentan ás elecciós, por moito que se expoñan publicamente, é iso, a súa vida privada e ninguién ten direito a opinar sobre ela, moito menos a desprezala ou facer burla. Habería que ver se se publicarían tantas denuncias e en tales termos se fose obrigado asinalas con nome e apelidos reais. 

Centrándome nos resultados das últimas elecciós, a primeira cuestión á que me gustaría referirme é ó resentimento e ó rancor con que certa xente se dirixe ós candidatos do PSOE, especialmente a Iago Fariñas, aínda que se pode observar esta actitude tamén con membros das listas do PP e de Xuntos polo Irixo. Unha queda pampa cando le certas opiniós, que poderían ser denunciadas polo odio e a bile que rezuman. Estes comentarios, nun primeiro momento, fannos pensar que, efectivamente, Iago Fariñas ten un ego desmesurado, é un demo con cornos, que bota lume pola boca e polos ollos e que é a persoa máis odiada do Irixo actualmente por múltiples motivos, entre eles ter unha fame de alcaldía extraordinaria, un interese inaudito en manexar “obras públicas” e permitir que Lito sexa investido como alcalde. Sen embargo, analizando un pouco máis eses escritos e comentarios en redes, o que parece é que unha parte veñen directamente da autoproclamada candidatura veciñal e que a outra parte procede de simpatizantes do PSOE desenganados coa actitude do seu candidato. Digo parece, porque o anonimato, en certos casos, sempre nos fará sospeitar que non é certo todo o que se di e que, precisamente, do PSOE non son. En calquera caso, e atendendo ós resultados electorais e á traxectoria de Iago Fariñas no concello, a miña análise é ben distinta. Esta persoa leva 8 anos sendo concelleiro no Irixo e falando moi claro nas súas declaraciós públicas e nas mociós que leva presentado no pleno municipal. E parece que isto é o que non gusta: a súa claridade e o seu carácter forte. Ben, pois se facemos un exercicio de memoria, o que a xente do Irixo dicía sobre os dous anteriores candidatos do PSOE á alcaldía era o contrario: non valían porque non tiñan carácter, seica eran manexables e non sabían imporse. Que se deduce de todo isto? Que o que molesta non son os candidatos, é o partido. No Irixo non se vota máis ó PSOE porque é o PSOE. 

Neste punto, quero parar un segundo a falar do PP. Está claro que a rede clientelar que este partido ten montada no noso concello é moi forte, fortísima, e isto inflúe tanto nos seus votos coma nos non-votos ó PSOE. A maioría dos veciños votaron o PP incluso cun alcalde que herdou o posto a “media” lexislatura e que o único que fixo foi levar a cabo as mociós que se foran aprobando dende 8 anos atrás (presentadas, na súa maioría, polo PSOE e por Fai o Irixo), vivir do traballo, moi vistoso, feito por Gloria Bernárdez, mater unha disputa antolóxica cos rapaces que levan a Banda de Gaitas, andar desaparecido e cobrar o soldo. Non nos confundamos, aquí volvemos a unha cuestión de partido. A maioría do Irixo non votou a Manuel Cerdeira, Lito, senón que votou o PP. O castigo foi perder concelleiros en favor da candidatura veciñal. Non me vou parar a falar moito da guerra Lito-Gloria, pero si que quero deixar caer aquí que só temos a versión pública dunha das partes. Non estaría de máis coñecer a da outra para comparar e sacar conclusiós máis acertadas ou achegadas á realidade dos feitos. Se cadra Manuel Cerdeira non foi o suficientemente espabilado para facer contracampaña coa súa versión, ou se cadra é que non hai outra versión.

Con este panorama bélico, pouco antes de comezar a campaña electoral coñecemos a nova candidatura: Xuntos polo Irixo. Cunha campaña exprés apoiada polas forzas vivas do PP que non queren a Manuel Cerdeira como alcalde, cun programa pouco afinado e moi xeral, sen aparecer en ningún medio de comunicación (ou eu non me enterei) e sen presentarse ó debate electoral organizado pola Cope do Carballiño, esta candidatura conseguiu 3 concelleiros. A candidata á alcaldía, Susana Iglesias, non estivo acertada en varias ocasiós, entre elas non acudindo ós medios de comunicación a que a coñecesemos máis, centrando a campaña en redes sociais e, digamos que, botando por fóra, como indicaba nunha denuncia un veciño de Parada que, dende o meu punto de vista, explicou bastante ben a situación naquel momento. A última noticia que teño desta candidatura é o comunicado que publicaron en redes onte: “Desmontando as mentiras de Iago Fariñas”. Sen entrar en moitas fonduras, e comparando esta versión coa dada por Fariñas na radio, só quero que reflexionen, que pensen nun instante comigo, sobre estas dúas cuestiós: levando, cando menos, unha persoa que se presentou nas listas co PP en 2019, atrévense a falar de goberno nefasto do PP?; e sabendo que parte da campaña lla fixeron, cando menos en privado, as forzas vivas do PP que non queren a Cerdeira como alcalde, como van xustificar un pacto co PSOE?

Ninguén publica nada sobre isto, aínda que falar, fálase, e a min paréceme moi importante. 

Por outra parte, dentro dunhas negociacións, está claro que se alguén quere todo, non vai obter o que quere da outra parte. Un partido, o PSOE, cunha organización interna clara, que leva traballando moitos anos no concello, que nas últimas lexislaturas lle aprobaron mociós que levaron a cabo 4 anos despois, ou máis, pra evitar que levase as rendas correspondentes en votos (no 2019), non se fía de ninguén, moito menos cando aparece unha candidatura veciñal da que nada se sabía no momento en que ese partido pode acadar maior número de concelleiros, ou verse favorecido por unha alta abstención, grazas á mala xestión e ós conflitos varios que ten abertos o actual alcalde.

O PSOE e Xuntos acúsanse do mesmo, de non deixar avanzar as negociaciós, de pedir de máis, de querer ser protagonistas… A min a impresión que me dá é que Xuntos polo Irixo descoñece os fundamentos da política municipal e da negociación política, que Susana Iglesias se precipitou pensando en que ía ser alcaldesa (porque diante non ten a calquera, ten persoas con experiencia apoiadas por un partido) e que o PSOE se excede pedindo 2 anos de alcaldía (cousa á que din que renunciaron), pero non en pedir un reparto igualitario de concellerías, en canto á súa visibilidade pública, porque, efectivamente, non é o mesmo manexar “obras públicas” ca “cultura”, mal que nos pese. É unha situación realmente complicada, con difícil solución, en parte polo ego dos dous candidatos, en parte polas circunstancias nas que parece toparse a candidatura veciñal. Un tema á parte, do que non vou falar máis, é pretender facernos crer que xestionar un concello pequeno coma o noso teña que levar consigo a dedicación exclusiva da figura do alcalde. Fagan o favor de non tomarnos o pelo. En calquera caso, as versiós do PSOE e de Xuntos sobre o mesmo tema son tan iguais e distintas á vez que me encantaría que nos ofrecesen probas documentais delas, ben seguro que tamén a máis veciños coma a min. Como o máis probable é que non suceda isto, vou ofrecer o dato que a min me fai decantarme pola versión do PSOE, que non é outro que o ton das declaraciós: un candidato falando con tranquilidade na radio e expoñendo os seus argumentos e conclusiós fronte a un comunicado escrito, publicado en redes sociais, que transpira xenreira e resentimento. Sumemos a isto todos eses comentarios e denuncias, algunhas delas tan faltas de respecto que dá pena ata lelas, que dalgún lugar saen. Todas son de votantes do PSOE co corazón roto? Perdoen que o dubide.

Cando dúas agrupaciós sentan a negociar, ten que haber liñas vermellas, pero tamén cesión por ambas partes. Cando alguén non cede, ten que entender que a outra parte tampouco o faga. E alguén debe dicir isto en público: o ruído que o PP e Xuntos están a facer en redes e coas denuncias nesta páxina, non favorecen en absoluto un cambio de goberno no Irixo. Por que? Porque o PSOE ten as súas liñas vermellas que non vai pasar e porque, no fondo, a maioría dos votantes do PP e de Xuntos son os mesmos, só que con distinta chaqueta, e non queren un cambio de cor no goberno do Irixo, queren a cabeza de Manuel Cerdeira.

As miñas palabras poden non gustar a todos, ou a ninguién, pero… poden sospeitar que non sexa certo o que digo?

Unha veciña do Irixo que se quere manter no anonimato.

19, Xuño 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezará este martes a execución das obras de rehabilitación do firme na autovía AG-53, Dozón-Cea, ás que destinará un investimento de 423.500 euros.

As actuacións forman parte da campaña de conservación da Xunta de reforzo localizado do firme e desenvolveranse en ambas as dúas calzadas do treito de preto de 13 quilómetros de lonxitude da AG-53, desde Cea e ata a A-52, entre os quilómetros 74,2 e 87, que presentan danos superficiais na capa de rodaxe existente. Nesta mesma intervención tamén se inclúe unha actuación puntual de renovación do firme na calzada dereita do tramo Dozón-Cea, á altura do quilómetro 59,9.

Os traballos de acondicionamento de firme, que se estima terán unha duración de entre 2 e 3 semanas, requirirá a realización de cortes de carril, con lonxitudes máximas de 3 quilómetros, para minimizar a afectación ao tráfico.

En concreto, as actuacións consistirán no fresado e reparación da capa de rodaxe e, nalgúns casos, tamén se intervirá na capa intermedia do pavimento existente. Estas actuación abarcarán unha superficie aproximada de 12.000 m2, cun volume de pavimento retirado e reposto de aproximadamente 2.700 toneladas.

Estes traballos terán continuidade coa renovación extraordinaria do firme xa programada para o vindeiro ano na AG-53 no tramo dese o enlace de Cea e a A-52.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS