14, Xullo 2023

Redecinema é un ciclo de proxeccións de filmes en galego en formato cinema de verán (ao exterior e con gran pantalla) que viaxará por 18 concellos membros da Rede de Dinamización Lingüística durante os meses de estío. Para chegar a todos os públicos, a compañía ofrece a cada concello a oportunidade de elixir entre os títulos do seu catálogo: Cuñados, Melancolía, A Galiña Turuleca, A illa das mentiras, Engurras, Eroski-paraíso, Jacinto e O que arde.

O primeiro pase será este sábado 15 na praza do Concello de Negreira, onde as persoas interesadas poderán achegarse ás 22,30 horas para gozar do filme de animación infantil e familiar A galiña Turuleca. Despois seguirá por Forcarei, Outeiro de Rei, Allariz, Ponteareas, Laxe, A Laracha, Ares, Xove, Sober, Lobios, Viana do Bolo, Maside, Barro, Silleda, O Rosal, Beariz e Mondoñedo. As datas, horas e lugares exactos poderán consultarse na Axenda de Cultura de Galicia e no Portal da Lingua Galega.

13, Xullo 2023

Despois de ver atónito o pleno de hoxe do Carballiño, onde o grupo de goberno se sube o soldo da man do PP, despois de estar 7 anos sen rascala, é de vergonza.

Sinceramente penso que tanto o PP como PSOE se están burlando da xente do carballiño.

12, Xullo 2023

Aínda que non deixa de ser reiterativo, non quixera deixar pasar a ocasión de denunciar o estado de abandono e suciedade deste pobo. 

Parece non ser unha prioridade dos responsables municipais o que supón a mala imaxe deste estado de abandono tanto para os que vivimos aquí como para os  forasteiros que nos visitan, atraídos algúns deles polas campañas de promoción turística de vila de natureza e gastronomía. 

Por outro lado, nesta campaña de prevención de incendios, os cidadáns deberían manter limpio os seus terrenos e o concello debería, antes que nada, dar exemplo e limpiar os seus.

 

12, Xullo 2023

Son da opinión que un alcalde que no Carballiño cobrase 100.000 euros sería barato sempre e cando fose un bo xestor. 

Non é o caso de Francisco Fumega, que é un pésimo xestor.

E por qué discrepo dos anteriores comentarios e os tildo de enxabonamento ao alcalde.

1) Estes plantexamentos de suba de salario hai que plantexarllos á cidadanía, que é quen paga, antes do contrado (acordo de vontates coa cidadanía). O contrato é asinado pola cidadanía o día das eleccións: Esto opera tanto pra alcaldesa de Boborás, como para o do Carballiño.

2) Pra xustificar esta suba de salarios de espaldas á cidadanía cando xa non é posible que a cidadanía se poda opoñer, paréceme unha aberración facer comparacións con funcionarios do grupo A, e moito máis insinuar que non fan nada e dicir que o alcalde fai moito. A primeira diferencia é que un funcionario do grupo A ten que pasar unhos anos da súa vida preparando una carreira superior. E despois ten que pasar outros cantos (tres de media) en superar unhas oposicións. E ten que cumplir a raxatabla o horario establecido polo estatuto do empregado público. Así que por favor, menos xabón ao alcalde, e por suposto que menos falacias contra o empregado público, e aprendamos a separalo do político, que normalmente sérvese do público e non serve ao público. 

Brevemente, paréceme moi mal que tanto a alcaldesa de Boborás como o alcalde do Carballiño fagan esta suba que non é baladí, un 25% no caso do Carballiño, de espaldas á cidadanía. Se o alcalde vale e plantexa esta suba é a cidadanía a que asina o contrato nas urnas, polo tanto o plantexamento ten que ser ex ante. E no caso do alcalde do Carballiño non ten sentido esta suba cando ten cada vez menos crédito político e unha confianza da cidadanía pírrica.

12, Xullo 2023

O concello de Punxín cedeu á asociación cultural San Wintila a xestión do servizo de bar-cafetería, que estará aberto a diario de 12:00 a 20:00 horas, e organizará actividades lúdicas e musicais os venres e sábados. A apertura da tempada tivo lugar este mércores dia 12 de xullo.

As termas do Bañiño de Punxín ofrecen baños en augas mineromedicinais en dúas pozas acondicionadas, a temperatura da auga é de 27 graos, e o uso é totalmente gratuíto, o mesmo que o resto dos servizos, como son aparcadoiro para vehículos, vestiarios e aseos. Durante o horario oficial  de apertura tamén se conta con servizo de socorrismo.

12, Xullo 2023

Non sei quen e vostede pero quero agradecerlle o seu sentido común nos seus comentarios, para o que non o sepa a alcaldesa de Boboras no pleno de organización subiuse o soldo ata o máximo legal nese caso 40.000€ brutos anuais, para un concello de 2.200 habitantes censados, viviendo moito menos, así que inda que o do Carballiño inda que cobre 50.000€ a proporción e moito menor e como ben di este copernauta alguna funcionarios sobre todo do grupo A1 poden cobrar mais co alcalde se teñen moita antigüedades e con moita menos dedicación o seu plato ca a que ten o noso alcalde 

11, Xullo 2023

Non son de ningún partido político en concreto, e o meu son os números e hai que ser obxetivos.

Gustaríame  facer unhas aclaracións respecto o soldo do Alcalde. Porque penso que se están a mezclar conceptos de soldo bruto e neto.

Para empezar non é certo o da subida de 20.000 euros e pasar a cobrar de 30.000 a 50.000 euros.

Actualmente o alcalde está cobrando case 41.000 euros brutos anuais e máis ou menos lle veñen quedando mensuais limpos uns 2.472 euros. Está claro que é un bo soldo comparado ca maioría dos traballadores (o soldo medio bruto en Galicia pasa lixeiramente dos 23.000 euros), pero é unha merda comparado co de calquer outro traballador público. Para non ir tan lonxe, meu cuñado que so é mestre en FP sen plaza, non anda tan lonxe dese soldo neto e non ten que aguantar o que ten que aguantar o alcalde.

Eu dende logo non me fago alcalde por ese soldo. Outra cousa é que cos anos que xa ten, e os que leva cotizado como alcalde neste último tramo da vida laboral vaia ter unha boa ou a máxima pensión de xubilación. Iso é indiscutible. 

Se eres legal, a política non está nin ben pagada nin valorada. Os partidos políticos a nivel local custalles moito facer as listas nos postos de saida con xente preparada e de valía. Os que son autonómos teñen máis que perder que gañar, por iso hai tantos funcionarios sen risco de perder o posto de traballo ou os seus clientes.

A política é mal negocio para o que queira durmir tranquilo.

 

11, Xullo 2023

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, acompañada polo rexedor municipal, Manuel Prado, e a xefa territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Victoria Núñez, visitou a zona que foi obxecto dos traballos, un tramo próximo á ponte medieval de Ricovanca, pertencente á conca do Verdugo-Oitavén.

Tras indicar que esta é unha das actuacións impulsadas polo Goberno galego no marco do programa Mil Ríos —financiado con fondos europeos para restaurar estes ámbitos, incrementar a súa biodiversidade e optimizar a conectividade ecolóxica—, do Campo explicou que os traballos remataron a semana pasada e consistiron basicamente na limpeza e retirada de árbores mortas e restos de madeira no dominio público hidráulico. Ademais, tamén se eliminaron algunhas especies exóticas invasoras, uns labores de restauración que permitiron recuperar a continuidade do ecosistema fluvial ao tempo que se facilitou tamén o tránsito pola zona que dá acceso á ponte e ao muíño.

Cómpre lembrar que Galicia conta con máis de 31.000 quilómetros de ríos, cun alto valor ecolóxico e que enriquecen os valores naturais e paisaxísticos da Comunidade, constituíndo un dos principais reservorios de especies silvestres de flora e fauna. Por este motivo, a directora xeral de Patrimonio Natural salientou a importancia de actuacións como a que se acometeu en Beariz para poñer en valor o papel dos nosos ríos como elemento vertebrador e identitario ademais de supoñer un atractivo máis desde o punto de vista do turismo verde e sustentable.

11, Xullo 2023

Parece mentira que despois de estes desastrosos 4 anos de Fumega, sen pegar sello, co pobo sucio sucio sucio e o tremendo golpe que levou nas eleccios. Ahora queira cobrar mais. E non un chisco , seica 20mil euros.

Di a Rosa a de rural que non hai cartos para nada e o alcalde seica non lle chegan 30 mil euros. Seica ten que cobrar 50mil. Que non os gana calquera. E ademais sen traballalos. Así porque sí polo morro. Non hai dereito. 

10, Xullo 2023

Non son político, pero a verdade, é que non me estranan os resultados electorais do PSOE na últimas municipais. Non vou entrar en se o fixeron ben, mal ou regular. O que está claro é que a campaña foi moi mala e non souberon transmitir o que fixeron. Polo menos hai que saber vender os proxectos conqueridos e informar con claridade. 

Agora alguén afín a eles nos dí que esteamos tranquilos, que as obras se farán pase o que pase o 23J que están en licitación e que comezarán en outono... como se fose a palabra de Deus Todopoderoso.

Carallo!! Se é así aportade probas e dades un bo sopapo os críticos e todos a calar.

Vou facerlles un favor porque son incapaces e vou aportar a proba de que é certo. Inda rematou o prazo este pasado 3 de Xullo para que as empresas fagan ofertas económicas o proxecto realizado.

Haber se aprendedes que non vou vivir sempre.

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS