Señores de Xuntos polo Irixo
Personalmente sempre os tiven admiracion polo valientes que fostes
Porque recoñezo que habia que ser moi valientes para enfrentarse a ese Alcalde E sempre pensara que no Irixo
Habia un tipo de persoas que non ian ter a valentia de facelo
Por eso me levei unha grata sorpresa
Era un " bonito globo inflado" Cando se produceu o debate ese " globo" Empezou a desinflarse "
Porque non e loxico Cunha candidatura que se presenta por primeira vez a unha alcaldia Non faga acto de presenza
Algo estaba claro Que se lle tentaba sacar por todolos medios a maioria absoluta o Alcalde
Pero para que ?
Calqueira persoa responsable que teña a valentia de dar ese paso E ca sua prioridade sexa os defender apoiar escoitar e arranxar os dos veciños do Irixo
Sabia perfectamente Que nese camiño non habia volta atras E soamente cabia camiñar hacia adiante Se os veciños o apoiaban
E conxuntamente coa outra sigla politica
Se tiña o apoio suficiente
No Irixo Si houbo ese apoio Por eso e tan importante que xuntos polo Irixo
Explique publicamente O
O por que non se fixo ese pacto de goberno
Na miña humilde opinion tampouco favorece levar nunha lista de segundo a unha persoa que teño entendido que xa foi concelleiro co actual Alcalde
Eso pode crear a dia de hoxe unha desconfianza Que seguramente nada teña que ver coa realidade
Como a sombra da dubida sempre e alargada " Non queda outra que explicarlle os votantes con luz e taquigrafos"
Porque cada un de nos e moi libre de pensar o que queira
E absurdo pensar co Psoe fora a representar un paripe para neutralizar os votos e perpetuar o Alcalde no posto
E outra sigla politica
Xuntos polo Irixo
Como non expliquen as cousas claramente
Tenden a crear mais sombras de dubidas
Que queriades a
" A cabeza do Alcalde nunha bandexa de prata " Nos quedou a todos clarisimo
Pero para que ?
Porque non quero nin pensar No espantoso e esperpentico ridiculo que fixestes
De porta en porta dos veciños do Irixo
Para ter unha cuota de poder dentro do Concello do Irixo E asi negociar con el?
Pois seran os vosos intereses e ambicions persoais
Pero nunca para favorecer en nada as persoas que os votaron Porque polo de agora estan igual ou peor que antes
E ahi a sua confianza xa quedou para sempre traicionada
Porque que caste de oposicion ides ser ?
Se non fostes capaces de forxar un estable pacto de coalicion de goberno
E ter nas vosas mans a Alcaldia
Os do psoe ou son suicidas" Ou terian mais cuota de poder nun goberno en coalicion ca como 2 paus na oposicion
Agora hai un refran que di " O que todo o quere todo o perde"
A xente os votou para sacar a ese Alcalde da Alcaldia Non para estar sentados como paspans na oposicion
E a vontade dos vosos votantes non a cumplistes ningun dos dous
Ahi soamente deixastes decepcion e traizon
E como non fagades unha mocion de censura
Ese sanbenito no lombo o ides levar sempre
Pero bueno a morte e a unica que non podemos comprar con diñeiro Todo o demais ten un prezo
A vontade dos votantes soamente conta o dia das votacions Despois se regala ou se vende o mellor postor
No irixo o mais sensato sexa botar a D.branco Nunca sae elexido candidato
Pero tamen nunca te decepciona nin te traiciona
O Nunca fagades caso dos falsos profetas" Se o dixeron fai miles de anos E case seguro que pensaban no Irixo
Señores de Xuntos polo Irixo
Esto non era un xogo
E cando se nomea a Xuntos polo Irixo Estou nomeando os 3 concelleiros electos
Non a outras persoas que fosen na candidatura O igual cos seus simpatizantes nin votantes
Agora os 3 concelleiros electos si tiveron que ter responsabilidade nas negociacions para o pacto de goberno Coa outra sigla politica Psoe Como tamen considero responsables os 2 concelleiros electos do Psoe Non as outras persoas que foron nas listas ou os seus militantes simpatizantes nin votantes
Esto que quede clarisimo
Que tamen se teñen que sentir decepcionados
O sr do Psoe deu as suas explicacions nos medios de comunicacion
Agora teñen que facer o mesmo
Os señores de xuntos polo Irixo
Porque non nos contara algun co Alcalde antes era o Demo E agora se converteu nun Anxo E un ser de luz"
E antes se pedia a
" cabeza do Alcalde Nunha bandexa de prata"
E agora bla , bla , bla

Discrepancias na elección da alcaldesa de Boborás como deputada provincial do Partido Popular pola comarca do Carballiño, asi se puxo de manifesto na votación celebrada esta mañá na Xunta Electoral de Zona, onde estaban convocados os 56 concelleiros electos o pasado 28-M nos 9 concellos da comarca carballiñesa.
O grupo municipal popular no concello do Carballiño, con 5 concelleiros, non apoiou a elección de Patricia Torres, o grupo liderado por Lino González manifestou o seu malestar porque asegura que había un compromiso adquirido pola dirección provincial do PP de que o deputado fose o seu cabeza de lista no concello do Carballiño.
Tampouco se presentou á votación o grupo municipal de Beariz, que conta con 7 concelleiros, neste caso o alcalde bearicense Manuel Prado manifestou a COPE O Carballiño que non comparte a modelo de elección "a designación debía facerse acordandoa nunha reunión con todos os cabezas de lista, como se facía antes, e non desta maneira".
Sí apoiaron a designación da alcaldesa de Boborás como deputada provincial o resto dos grupos municipais populares nos outros 7 concellos da comarca carballiñesa. Como primeiro suplente figura o alcalde de Cea, José Luis Valladares.
Son a veciña anónima do Irixo e, como resposta á persoa que escribiu a denuncia “Excusas baratas”, gustaríame aclarar certos puntos que, dende o meu punto de vista, puideron non quedar claros na miña denuncia e, tamén, responder algunha das súas afirmaciós.
A min non me gusta facer afirmaciós tan rotundas como as que fai vostede, pois o que escribo non é máis cá miña humilde opinión froito da observación e escoita directas, por iso pode parecer que "insinúo" certas cuestiós, pero o que fago é afirmalas, sempre como opinión persoal. É a miña visión do asunto e non quero dicir que non sexa válido que vostede faga afirmaciós rotundas, senón que explico o porqué de non facelo eu.
Sobre o tema que nos ocupa, en primeiro lugar, por suposto que calquera partido ou agrupación pode gobernar en conxunto con outra, pero sempre e cando ambas sexan razoables. Penso que non se lle pode reprochar ó PSOE que pida o que pensa que é máis conveniente para o seu futuro. Diso trata a política. Por desaloxar o sr. Cerdeira do sillón teñen que ceder en absolutamente todo? Non creo que sexa xusto para eles nin para os seus predecesores e sucesores. Neste sentido, é certo que Fariñas non facilitou, de momento, a caída de Cerdeira, e que é reprochable que diga unha cousa e que faga outra, pero, entón, eu dende aquí pídolle ó sr. Fariñas que, de presentarse a máis elecciós, avise de que fará todo o posible por desaloxar o PP do concello, pero sempre e cando non lle pidan "el oro y el moro", que por aí non vai pasar (nótese a ironía). Por favor! Sería tan absurdo facer algo que todos deberíamos sobreentender… E o mesmo se pode aplicar a Xuntos. Exactamente o mesmo.
En canto á entrevista na radio, temos visiós ben distintas, aínda que a súa fai que me reafirme na miña: non gusta que Fariñas fale con claridade e contundencia do que é a política municipal e do que o seu partido busca ou quere conseguir. Supoño que el debería tomar nota disto.
Por outra parte, creo que non é totalmente certo o que di vostede de que ós veciños non lle importa de que é ou non é concelleiro tal ou cual persoa. Ogallá lle dese todo o mundo tanta importancia coma min á visibilización e dinamización cultural e á conservación e coidado do patrimonio! Pero eu non vexo que sexa así porque levo oíndo toda a vida como se di que un alcalde "fai moito" se hai obras (e se non hai problemas cos permisos), se se limpan as cunetas, se os traballos sociais van funcionando (aínda que sexa a ralentí), se se cambian as bombillas, e se chaman á deputación pra cambiar os contenedores da basura e os bancos, por poñer varios exemplos habituais. Ogallá non fose así, pero esa é a miña experiencia ó respecto. Polo tanto, comprendo, neste punto, a posición do PSOE de querer e a de Xuntos de non ceder, aínda que ambas me parezan máis ca cuestionables.
Antes de rematar de aburrilos coas miñas cousas, quería facer dous apuntes.
O primeiro é sobre o tema das familias vinculadas de sempre a un ou outro partido. Ben é certo que o que vemos e oímos na casa nos inflúe, sobre todo, na infancia e na mocidade, pero a medida que nos imos convertendo en persoas autónomas, tamén o noso pensamento se fai autónomo, na maioría dos casos. Con isto quero dicir que aínda que unha familia se vincule "de toda a vida" a un partido, non tódolos seus membros poden sentir esa vinculación e, polo tanto, actuar e votar en consecuencia. Cantas familias falanxistas viron como fillos e netos se facían socialistas ou comunistas, noutros tempos? E cantas familias de esquerdas ven, actualmente, como os fillos e netos xiran á dereita? Por iso eu non lle fago moito caso a iso de "eses sempre foron do "soe"/PP".
O segundo apunte, e xa remato, é sobre unha cuestión que me fixo gracia de varias denuncias (2 ou 3, non estou segura), nas que se confunde a Xuntos polo Irixo con Polos Veciños. Por que será…?
Moitas grazas polo seu comentario e, coma vostede, eu tamén agardo que Xuntos e o PSOE aparten os egos das negociaciós, que volvan sentar, cedan ambos e cambien o goberno, pero moito me temo que non vaia ser posible, mal que nos pese.
Ogallá non perdan esta oportunidade histórica.
Saúdos cordiais.

Catro narradoras galegas percorrerán as vilas e aldeas de oito concellos de menos de 5 mil habitantes: A Baña, Boborás, Dodro, Friol, Rois, San Cristovo de Cea, Touro e Vilarmaior, co propósito de compartir a arte de contar historias e promover o seu patrimonio inmaterial. Esta iniciativa desenvolverase íntegramente en galego. En Boborás xa tivo lugar unha primeira xornada celebrada este pasado sábado no campo da festa de Feás.
Durante os meses de xuño, xullo e agosto, a equipa de Cóntame un mundo levará a cabo máis de 40 actividades para recoller e salvagardar as historias vividas en cada lugar, ademais daqueles mitos e lendas que se transmitiron de xeración en xeración a través da comunicación oral. Todas as actividades e novidades do proyecto pódense consultar na súa páxina web: contameunmundo.org.
As persoas que habitan no rural, dende os máis novos ata os maiores, serán as protagonistas. Preténdese xerar un intercambio de coñecementos entre elas que favoreza a conservación e pervivencia da cultura propia.
Este proxecto levarase a cabo grazas aos fondos europeos Next Generation no marco do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea; co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais dentro do programa Territorio Cultura dedicado á ampliación e diversificación da oferta cultural en zonas non urbanas; e grazas á colaboración dos concellos participantes e algunhas das súas parroquias.
Nalgún comentario anterior insinuase que o PSOE do Irixo non ía pactar con Xuntos polo Irixo porque tamén eran o PP, non é certo, e se o fose tampouco xustificaría que os dous partidos non poidesen gobernar xuntos polo ben do pobo.
O único real e que este partido, Xuntos polo Irixo, captou moito do voto dos descontentos con Manuel Cerdeira, e que antes votaban a Penedo, pero ata ahí.
E verdade que o número 2 da candidatura foi concelleiro do PP, pero a maioría, que eu sepa, non teñen carné de ningún partido, e maís, ata familias tradicionalmente votantes do Psoe teñen vínculos con esa lista.
De todas formas, como xa dixen pouca importancia ten esta cuestión, pois o único que debería preocupar a estes partidos e acatar o mandato da xente que os votou, e desaloxar a Lito da alcaldía.
Noutro comentario falase de que Iago fariñas non é un demonio, o peor do peor...e ten razón o demo era Lito ata o día 28 de maio, Iago Fariñas sólo fixo o que calquer político que se precie, decir unha cousa en campaña e facer outra despois.
Efectivamente a culpa de que Lito siga sendo alcalde repartena o 50% os dous partidos, a entrevista na radio de Iago foi vergoñenta, solo queixarse da pouca cuota de poder que lle deixaban, xa pensando na vindeira campaña electoral pero por favor ! Qué nos importa os veciños quén é o concelleiro de obras ou o de urbanismo!.
Se tes idea de traballar polo teu pobo, podelo facer dende calquer área que che toque, da igual medio ambiente ca cultura ca servizos sociais, pero parece que os intereses son outros... Que pena!
Por outra parte, polos veciños equivocase en atacar a Iago no seu comunicado, con descalificacións que solo poden alonxar máis o pacto, máis diplomacia por favor!
Espero, que estes partidos recapaciten e volvan a negociar, están condenados a entenderse, sen pacto non teñen ningún futuro, e O Irixo tampouco.

Tralos resultados electorais na municipais do 28-M, os dous deputados que lle corresponde á comarca do Carballiño repártense entre Partido Popular e PSdeG-PSOE.
Este mércores dia 21 de xuño están convocados na Xunta Electoral de Zona, no Pazo de Xustiza, os 56 concelleiros que conseguíu o Partido Popular no conxunto dos 9 concellos da comarca carballiñesa, e os 18 que resultaron elixidos nas candidaturas do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE.
O Partido Popular volverá optar pola alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, para un novo mandato como deputada provincial, como primeiro suplente figura o alcalde de San Cristovo de Cea José Luis Valladares.
Os socialistas tamén volven confiar o cargo de deputado provincial ao concelleiro carballiñés Diego Fernández, que leva como primeiro suplente na súa candidatura ao alcalde de Maside, José Manuel Iglesias.

A Garda Civil investiga a estas persoas detidas nas últimas horas, entre elas un veciño do Carballiño de 21 anos, por diversos roubos rexistrados nos últimos meses, 3 deles nun bar de Cambeo, un nun estanco do concello de San Cristovo de Cea e outro na farmacia do concello de Piñor, todos eles son roubos con forza.
Ademáis do carballiñés detido por estes roubos, tamén o foron outras catro persoas, veciñas de San Cibrao das Viñas, Ramirás e Lugo. Leva o caso o Xulgado de Intrucción nº 2 de Ourense.
Xuntos polo Irixo e PSOE seguide botandovos as culpas mutuamente do non pacto, que o ides pagar caro se tendes a cara de volvervos presentar.
Como veciño do Irixo dame igual o voso intercambio de cromos, non tendes xustificaciøn ningunha.
Enfado, desilusión, desencanto, ganas de non volver votar nunca, ese e o sentir maioritario da xente ca que falei deste tema, veciños que votaron polo cambio e que agora se sinten enganados.
Fai unhos días ibades porta por porta poñendo a Lito coma o peor do peor, e agora deixades que goberne.
Fai unhos días pensaba que Iago era unha persona moi preparada para ser alcalde, e que realizara unha boa labor de oposición, pero despois das últimas declaracións na prensa sólo vexo que lle importa o Irixo o mesmo ca Lito: NADA.
De polos veciños gustabame que era xente nova, que desexaba cambiar as cousas, que o podían facer tamén ben.
Igual me daba, Iago ca Susana, os dous merecían unha oportunidade, o caso era que houbera CAMBIO.
O dia, das eleccións despois da sorpresa de que non gañaran os de sempre, fixenme ilusións de que algo podía cambiar neste pobo por fin ! pero Non....todo segue igual. Así que sede felices na Oposición, e non vos molestedes en facer campaña electoral nas próximas eleccións, xa á tendes feita!
Con permiso dos Istoriadores porque me considero unha ignorante na materia o acontecido no Irixo anque a outro nivel xa sucedeu noutra epoca istórica fai seculos entre Isabel de Castilla e a Beltraneja pola Coroa de Castilla.
Pois o acontecido no Irixo tamen se pode Extrapolar de algun xeito
Unha loita con guerra fraticida dende adentro dunha mesma sigla politica
Os dous bandos no senso figurado mandaron os seus soldados para tentar debilitar ou derrocar o bando contrario
Para maior gloria . Dos seus intereses e ambicions persoais
Pero nunca pensando nas necesidades a calidade de vida E as gravisimas problematicas que teñen os e as veciños do Irixo
Esa Suposta guerra fraticida soamente levaba a acadar a Alcaldia do Irixo E a cuota de poder dentro do mismo
Ante o grandisimo descontento que habia por parte da veciñanza contra o Alcalde Tamen foi bastante doado crear unha nova sigla para canalizar e neutralizar eses votos do descontento dos veciños e veciñas do Irixo E non caeran noutra sigla politica allea a esa suposta componenda
Se se crea unha sigla politica Por que se rexeita ir publicamente a un debate politico cos outros candidatos politicos para darse a coñecer E amosar publicamente o seu proxecto e programa electoral?
Como asimesmo outras aparicions nos medios de comunicacion
Cales eran os motivos?
Que se agochaba detras desas actitudes?
Unha sigla recien crada Porque rexeita a publicidade ou as aparicions nos medios publicos de comunicacion ?
Sempre na miña persoal opinion Que podo estar moi equivocada
Xuntos polo Irixo Foi un fraude emocional para os veciños e veciñas do Irixo que confiaron neles cegamente e lle confiaron os seus votos nas urnas Coa unica finalidade de que fixeran un pacto coa outra sigla politica E desaloxaran a ese Alcalde da Alcaldia
Cousa que non fixeron Nin puxeron a suficiente vontade para facelo Agora pensan que con botarlle todalas culpas o psoe teñen todo arranxado
Se con esta opinion persoal estou no certo . Obviamente os do Psoe nunca tiveron ningunha cabida E esa coalicion de goberno Nunca ia chegar a bo porto"
Se tratou de canalizar os votos dos descontentos coa xestion do Alcalde
Para que ?
Para non cambiar absolutamente nada de nada
Sinceiramente os veciños e veciñas do Irixo Nos importan a maneira de xestionar o Concello e cas nosas problematicas sexan arranxadas e escoitadas Que como cargos publicos defendan os nosos intereses
Se estamos no certo os veciños e veciñas do Irixo Soamente fomos utilizados como soldadiños de plomo" por parte dunha sigla politica
Para maior gloria dos seus intereses particulares e ambicions persoais
Porque os veciños e veciñas do Irixo Imos quedar gobernados igual ou peor do que estabamos E coa nosa vontade de cambio pisoteada polo chan "
O pobo soamente foi importante o 28 de Maio para ir a votar
Despois xa nin somos importantes Nin se conta comnosco para nada
Na Istoria de Castela
Isabel foi Raiña A
Beltraneja que perdeu a guerra desterrada e repudiada
Na Istoria do Irixo
Os do Sr Feudal" Gobernaran e os outros lles faran de leais vasallos "
Por outros entendase
Xuntos polo Irixo
Os do Psoe seguiran o seu camiño
Pero ninguen ten porque marcharse
Porque tanto o Alcalde como todolos demais concelleiros foron legalmente elexidos polo pobo
Os veciños e veciñas do Irixo Soamente nos queda esperar e confiar Que nas vindeiras eleccions
Se presenten a Alcaldia " Uns robot da intelixencia artificial Que cumplan a nosa vontade manifestada nas urnas Seguro co fan con mais etica moral, escrupulos responsabilidade e conciencia Que nesta ocasion o fixeron alguns humanos
Pero nos temos que sentir moi orgullosos de ser do Irixo
Anque nestes momentos nos sintamos moitos de nos defraudados decepcionados ou enganados
A suposta xogada tamen lles saeu mal
E tarde ou cedo pagaran un alto custo por ela
O pobo sempre e sabio !!!!
O que alguns estamos escribindo
Outros moitos o estaran pensando
Porque supostamente nos tentaron enganar Pero non nos enganaron
Xuntos polo Irixo
Para estar Xuntos nesta situacion politica
E moito mais positivo e sano mentalmente estar separados
Estas son opinions persoais Non feitos probados
E vai escrito co maior respeto e consideracion para todos e todas

O próximo 1 de xullo comeza a primeira edición de Cinema Circulante, un festival itinerante de cinema que busca converterse nun espazo de encontro coa cultura e cinema galegos en concellos do rural. O programa, financiado a través da convocatoria de Territorio Cultura da Xunta de Galicia, percorrerá dez vilas de menos de 5.000 habitantes das provincias de Lugo e Ourense ata o vindeiro 10 de xullo.
Con obradoiros, música, proxeccións de curtametraxes e coloquios, a programación condensa nunha única xornada diferentes actividades relacionadas co audiovisual e orientadas a todo tipo de públicos:
Sementando cineastas: obradoiro de creación cinematográfica para público infantil no que o cineasta Ángel Santos (nos concellos de Trabada, Cervantes, Quiroga, Rubiá e A Fonsagrada) e a cineasta Noemi Chantada (nos concellos de Monterrei, Calvos de Randín, Maside, Carballeda de Avia e Beariz) introducirán á rapazada da contorna no medio audiovisual. A actividade contará con 10 prazas por concello para nenos e nenas de 8 a 12 anos (aínda que a organización terá en consideración outras idades se non se completan as prazas). A inscrición pode facerse enviando un correo electrónico a cinemacirculante@nortecatrocinema.com facliitando os datos e sinalando o concello.
Cinema memoria: proxección e coloquio dedicado as nosas e nosos maiores no que a través de tres pezas de realizadoras e realizadores galegos xerarase unha conversa sobre as lembranzas e vivencias das e dos asistentes. As curtametraxes proxectadas nesta actividade serán O carro e o home (Antonio Fernández Román, 1945), As vacas de Wisconsin (Sara Traba, 2016) e Matria (Álvaro Gago, 2017). Actuación ao vivo do grupo Gure Terra. Cara ao final da tarde a veciñanza poderá gozar deste espazo musical que xira en torno ao imaxinario popular e á tradición.
Cinema na rúa: proxección de curtametraxes galegas ao aire libre. Os filmes que conformán esta sesión serán Xoves de comadres (Noemi Chantada, 2020), Así vendrá la noche (Ángel Santos, 2021), Rompente (Eloy Domínguez Serén, 2022) e Einstein-Rosen (Olga Osorio, 2017). Baixo as estrelas, coloquio posterior ás proxeccións no que o público poderá falar da proxección co cineasta Ángel Santos (nas primeiras cinco xornadas) ou coa cineasta Noemi Chantada (nas cinco seguintes).
O percorrido desta primeira edición de Cinema Circulante atravesará as provincias de Lugo e Ourense dende o 1 ata o 10 de xullo, comezando por Trabada (1 de xullo), Cervantes (2 de xullo), Quiroga (3 de xullo), Rubiá (4 de xullo), A Fonsagrada (5 de xullo), Monterrei (6 de xullo), Calvos de Randín (7 de xullo), Maside (8 de xullo) Carballeda de Avia (9 de xullo) e rematando en Beariz o 10 de xullo. Máis información sobre as actividades e horarios en cada concello dispoñible en www.cinemacirculante.com ou nas canles oficiais das distintas redes sociais do proxecto (Facebook, Instagram, Twitter e Telegram).
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 131
- 132
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- 138
- 139
- …
- seguinte ›
- última »