Todos son a dar opinións pra que nos deixe o Fumega: que si baixaron noutros concellos, que si desapareceron noutros, que si tal e que si cual. Nótase ben que o que dí iso non lle votou.
Eu penso que o cabeza de lista que tivo máis votos debería ter a opción de ser alcalde. Ou é que o da lista máis votada só é cando convén?
É responsabilidade de todos os concellais porse de acordo pra que a lexislatura bote a andar con normalidade e polo ben de todos os de Carballiño.
O Concello non pode ser un pastel pra repartir e... pese a que pese... Francisco Fumega ten a confianza da maioría dos carballiñeses. Se os da oposición queren contribuír ao ben do pobo... xa saben... arrimar o ombreiro e construír acordos. Así veremos que realmente lles importa O Carballiño!
Non hai mellor control que aquel no que todos -ou a maioría- dos partidos- poidan participar nas decisións. Pero iso si, o alcalde que quixo o pobo é indiscutiblemente Don Francisco Fumega. Polo menos... nesta lexislatura. Pra iso fomos votar!
Prá outra... ao mellor gañades vós.

A Xunta vén de comezar as obras que culminarán a humanización da travesía da estrada autonómica OU-154 no Reino, no concello de Piñor, e que supoñen un investimento de preto de 300.000€.
Esta nova intervención, cun prazo de execución de 3 meses, desenvólvese en dous treitos da OU-154 que suman 500 metros de lonxitude: entre os puntos quilométricos 1+450 e 1+741; e do 2+025 ao 2+235, ao paso polo núcleo do Reino.
As obras consisten na humanización deste tramo, incluíndo o soterramento das redes aéreas de electricidade, iluminación pública e telecomunicacións.
Os traballos comezaron polas demolicións, da beirarrúa e de parte da calzada, que se repoñerán mellorando a accesibilidade e a sección de firme afectada. Posteriormente realizarase unha rehabilitación superficial completa do firme da calzada.
No treito entre os puntos 1+686 e o 1+723 elevarase a beirarrúa sobre a plataforma da estrada, manténdose no mesmo nivel no resto desa zona.
Ademais, entre os puntos 1+723 e 1+740, coincidindo co cruce do Camiño de Santiago, disporase unha plataforma sobreelevada, quedando a calzada ao mesmo nivel que a beirarrúa.
Tamén se disporá unha nova rede de alumeado público con luminarias de tecnoloxía led para unha mellora da eficiencia enerxética.
Os traballos completaranse coa reposición da sinalización horizontal e vertical afectada e a colocación de nova sinalización.
Esta intervención completará a remodelación xa executada no treito situado entre os quilómetros 1+741 e 2+025 para protexer a circulación dos peóns e rehabilitar o firme, que supuxo un investimento autonómico de 160.000 euros.
Tras ver os decepcionantes resultados dos socialistas na comarca, fagome a seguinte pregunta, ninguen pensa dimitir e asumir a sua responsabilidade polo fracaso nas pasadas eleccions municipais ? Ou pensan seguir apoltronados o seu sillon como ata agora vendo como o partido se esfuma ? Que mais ten que pasar ?
Os socialistas quedaronse fora en 4 dos 9 concellos da comarca, e baixaron en todos agas en Punxin, onde subiu 1, perdendo 9 concelleiros no conxunto da comarca, mentres que o PP subiu 6, sendo o mais destacado o seu anunciado tropezon no Irixo.
Despois de desangrarse en votos e perder tres concelleiros, que haxa xente que ainda pense que Fumega e o seu apático e apoltronado equipo é o ben do Carballiño dá que pensar. Debe ser cousa de cegueira sectárea, ou da comodidade, ou dunha macabra tentativa de tomarlle o pelo á xente.
O mellor que podería facer Fumega polo ben do Carballiño e polo PSdeG do Carballiño sería dimitir. E deixar paso a esas estrellas emerxentes como o fillo do exalcalde de Maside, o señor do SEPE, que tan ben o pasou nestas eleccións dando mítines e chamando miñocas aos seus adversarios. Este tipo de xente ten que marchar en xullo e deixar paso ás súas miñoquiñas pra que fagan carreira no partido dos Tito Berni e Cía.
E sobre esas obras imaxinarias "de gran calado" de Fumega, é mellor calar.
Hai xente que non entende o que di a cidadanía, pero O Carballiño berrou alto e claro cambio. E este berro será máis rotundo nos comicios de xullo.

Nas pasadas eleccións, o Partido Socialista do Carballiño foi a lista máis votada polos vecinos e veciñas polo tanto, o seu candidato, D.Francisco Fumega Piñeiro, o que máis confianza xerou na cidadanía e claramente é o que ten que gobernar, esa é a lectura dos datos por máis que os outros candidatos vexan outras interpretacións.....E eses outros candidatos, que tanto enchen as súas bocas falando de que van a traballar polo ben do Carballiño, que d din que o que os move é o ben do Carballiño, poden comezar a facelo desde xa apoiando ó candidato da lista máis votada e ós proxectos de calado que, grazas a él, están a punto de poñerse en marcha.

Dos resultados rexistrados este 28-M no municipio carballiñés despréndese que houbo un importante trasvase de votos desde o PSOE que foron a parar a Partido Popular, Espazo Común e BNG, os tres melloran a porcentaxe de votos recibidos en relación as eleccións de 2019.
Pero hai outro dato certamente relevante, o descenso na participación, ou o que é o mesmo, o incremento dos carballiñeses e carballiñesas que optaron por non acudir ás urnas. E non foron poucos, xa que rexistraronse 435 votos menos que fai catro anos.
En 2019 exerceron o seu dereito ao voto no concello do Carballiño un total de 8.159 persoas, mentres que este 28-M fixérono 7.724, incluidos os votos recibidos polas candidaturas, asi como os votos nulos e en branco, que tamén se incrementan en relación a fai catro anos, pasando dos 118 aos 191.

Os resultados electorais deste 28-M deixan no aire quen será o próximo alcalde do Carballiño, Fumega gaña con 2645 votos, tras experimentar unha gran perda de votos en relación a 2019, daquela superara lixeiramente os 4.000 votos. O PSOE obtén 6 concelleiros na próxima corporación municipal.
O Partido Popular de Lino González sobe un concelleiro e pasa a contar con 5, grazas aos seus 2.230 votos, e aguanta como a segunda forza poliltica da corporación carballiñesa. O Espazo Común de Pachi Vázquez continúa como terceiro grupo da corporación, non logra o "sorpasso" ao sumar 1969 votos, 469 máis que fai catro anos aínda que lle dan para sumar dous concelleiros máis e empatar co Partido Popular en número de concelleiros, tamén consigue 5.
Completa a próxima corporación o BNG, que incrementa o seu apoio electoral a respecto de fai 4 anos, sobe ata os 634 votos con Sofía García como candidata. Son 180 votos máis que fai 4 anos.
Podemos obtén un resultado marxinal, con apenas 55 votos, nestas eleccións de 2023.

José Manuel Iglesias salva para os socialistas a única alcaldía que conservan con maioría absoluta na comarca do Carballiño, aínda que o fai cun resultado máis apretado en relación a fai 4 anos.
Desta vez con 1.018 votos que apoiaron ao candidato socialista, fronte aos 765 que optaron polo Partido Popular, con Nacho Campo -que debutaba nestas eleccións- mellorando o resultado do se predecesor.
O BNG, con 115 votos, quédase fora da corporación.

O Partido Popular de Boborás liderado por Patricia Torres consigue o mellor resultado electoral da historia neste municipio nunhos comicios municipais, ao facerse co 86,58% do electorado que votou este 28-M.
A candidata popular suma 1.181 votos, fronte os 170 do PSOE, con apenas o 12,46% en porcentaxe de voto.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 132
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- 138
- 139
- 140
- …
- seguinte ›
- última »