28, Maio 2023

José Luis Valladares retrocede un concelleiro, aínda que conserva unha ampla maioria no pleno da corporación de Cea na que o Partido Popular contará con 8 concelleiros ao conseguir o 70,97% dos votos, que foron 971. 

O Bloque Nacionalista Galego, liderado por Manuel Pérez consigue para os nacionalistas o mellor resultado electoral da comarca, cos seus 331 votos este 28-M, o que representa o 24,19% do voto válido, terá 3 concelleiros na próxima corporación, un máis que no mandato que agora remata.

O PSOE, con apenas 57 votos en Cea, volve quedarse fora da próxima corporación.

28, Maio 2023

Antonio Montero obtivo finalmente o 48,98% dos votos e conserva a maioria absoluta na corporación de Avión, con 5 concelleiros.

Novos Aires por Avión, a candidatura liderada por Dario Boullosa faise co 28,83% dos votos, que son 269, que lle aportan 3 concelleiros na corporación do concello para o próximo mandato.

VOX consigue en Avión a única acta do noso ámbito, co 18,86% dos votos, que foron 176, polo que Lilian Cerdeira Mosquera entra na corporación, da que se queda fora o PSOE, que con apenas o 3% dos votos perde o concelleiro que mantiña este mandato.

28, Maio 2023

Retrocede en votos e concelleiros o Partido Popular de Leiro, ainda que conserva unha cómoda maioria absoluta e Frnacisco J. Fernández seguirá gobernando con 6 concelleiros, 1 menos dos que tiña no pleno do concello. Acada o 59,07% en porcentaxe de voto, foron 576 votos recibidos

O PSOE. agora liderado por Pedro José González, suma un segundo concelleiro, e serán polo tanto 2 os que van ter os socialistas no próximo mandato, co 26,76% de apoio electoral nestes comicios, 261 votos.

Conserva a súa representación o BNG, con 125 votos, que representa o 12,82% do electorado, que lle da unha acta na corporación de Leiro a Rebeca Paz.

 

28, Maio 2023

O Partido Popular perde a maioria absoluta da que gozaba na corporación municipal, perde 2 concelleiros e quédase con 4, sumando o 43,72% do voto válido neste 28-M. Manuel Cerdeira, que baixou aos 453 votos, ve perigar a alcaldia do Irixo, e queda a expensas de negociacións para a sesión de investidura e a postura dos outros dous grupos que completan a corporación.

Xuntos polo Irixo, a canditura encabezada por Susana María Iglesias, co 30,21% dos votos escrutados, obtén 3 concelleiros ao sumar 313 votos.

O PSOE de Iago Fariñas, que perde un concelleiro co 23,38% ao recibir 263 votos, paradoxicamente pasa a ter a chave da gobernabilidade do concello do Irixo.

28, Maio 2023

O Partido Popular de José Luis González consigue ampliar a súa maioria absoluta, cun incremento de 2 concelleiros, polo que terá un total de 7 na próxima corporación municipal. Obtivo o 72,19% de apoio electoral, 631 votos.

Espazo Común retrocede e perde un concelleiros, quedase con 2 na nova corporación piñorense, con 169 votos. E quédanse fora da corporación tanto o PSOE como o BNG.

28, Maio 2023

O Partido Popular de San Amaro consigue o mellor resultado da historia municipal neste concello, Fernando Redondo suma o 68% dos votos, que son 533, terá 7 representante na próxima corporación.

Xuntos por San Amaro, a candidatura liderada por Carlos Paz conserva os 2 concelleiros de fai 4 anos, co 19,69% e 153 votos.

E descalabro absoluto do PSOE, que en 2019 obtivera 3 concelleiros, e agora quédase fora da corporación ao sumar apenas o 6,56% do voto electoral neste 28-M.

28, Maio 2023

O Partido Popular continúa sendo hexemónico no concello de Beariz, no que o alcalde Manuel Prado non terá oposicion, ao conseguir o 87,09% dos votos, 452, e pleno de concelleiros, 7 en total nesta corporación.

Non obteñen representación nin BNG, a pesar de sumar o 10,98% de votos, nin tampouco o PSOE, con apenas o 1,15%.

28, Maio 2023

Todo por decidirse en Punxín, onde o único concelleiro de Compromiso por Galicia, Eladio Fernández ten a chave para decidir que gobernará este concello. Obtivo 71 votos, que reprenta o 15,63%.

O Partido Popular de Manuel Casalta o 45,15% e 205 votos, terá 3 concelleiros, os mesmos que o PSOE de Lorena Peleteiro, co 35,02% e 159 votos.

28, Maio 2023
27, Maio 2023

A partir das 20:30 horas, en emisión simultánea a través do 91.9 FM e online por medio de www.copecarballino.es, esta emisora de radio ofrecerá en directo o programa especial 28-M, no que darémos conta do desenvolvemento da xornada electoral, concello a concello, nun programa conducido por Xan Pinal.

Coa emoción do reconto e os primeiros datos provisionais, cos datos definitivos, os comentarios dos nosos analistas nos estudos de COPE O Carballiño, conexións con todos os concellos e as primeiras reaccións dos candidatos e candidatas tras coñecerse quenes van gobernar os nosos concellos e quenes van exercer a oposición para o mandato 2023-2027.

Tamén os oíntes poderán achegar as súas impresións e comentarios no WASSAP 698 127 241

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS