4, Xuño 2023

A problemática é xa unha estampa habitual cada vez que se rexistra unha forte tromba de auga en pouco tempo, tal como está acontecendo coa série de tormentas dos últimos dias, e os veciños da zona volven mostrar o seu malestar porque non acaba de buscarse unha solución.  As deficiencias estructurais derivadas da incapacidade da rede de recollida de pluviais en absorver a auga provoca esta situación.

A consecuencia, baixos e sotos inundados, e a rúas Compostela e Piñor que por momentos quedan intransitables tanto para a circulación de vehículos e os peóns. Tamén na rúa Evaristo Vaamonde persiste este mesmo problema, e quen máis o sufre é unha vivenda na zona máis próxima a Praza da Veracruz, a súa propietaria vese impotente para facer fronte á riada que vai parar a súa casa procedente tanto da Praza da Veracruz como da rúa Eusebio Lorenzo.

Asemade, a tormenta deste domingo tamén provocou danos na avenida do Arenteiro, a altura da rúa Costa Rica, onde a rede de pluviais de auga reventou e levantou varios metros do alfalto.

4, Xuño 2023

O Carballiño volveu a render homenaxe a Emilia Pardo Bazán. Preto dun cento de persoas participaron no Roteiro que leva o nome da escritora e que promoven o colectivo de mestres, en colaboración co Centro de Estudos Chamoso Lamas e o Concello do Carballiño.

Os asistentes foron recibidos na Casa Consistorial polo alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, nun acto no que tamén se recoñeceu a aportación da mestra Mercedes Taboada á cultura da vila. Foi ela quen antes de falecer a causa dunha grave enfermidade promoveu o roteiro e o seu marido, o mestre Carlos Fernández, recibiu un agasallo de mans do rexedor municipal.

Na organización deste Roteiro en homenaxe a Emilia Pardo Bazán, o colectivo de mestres contou coa colaboración de membros do Centro de Estudos Chamoso Lamas como Carlos Rodríguez, Carlos Rodríguez, Carlos Montes, Xosé Luís Sobrado, Ana Gordín ou Juan Rodríguez.

Esta iniciativa cultural estendeuse durante todo día e centrouse nos espazos que formaron parte da vida de Emilia Pardo Bazán e na súa obra “El Cisne de Vilamorta”. Precisamente, coa obra reeditada polo Concello do Carballiño foron agasallados os asistentes ao Roteiro. Pola mañá realizouse unha visita ao casco urbano e, xa pola tarde, percorréronse Banga e Cabanelas.

2, Xuño 2023

Escoita aquí a tertulia semanal de COPE O Carballiño deste venres dia 2 de xuño na que, moderada por Xan Pinal, participaron Alberto Otero, Fátima Gómez, Sebastián Lamazares e Manuel Nogueira.

2, Xuño 2023

Está visto que os/as cheerleaders de Fumega e o equipo de saraos e festexos non asimilaron a contundente derrota nas urnas e cal boxeador que se levanta do chan queren seguir o combate. Que alguén lles bote a toalla porque están a decir burradas que non favorecen a ninguén. Non se poden agarrar a un ferro candente e acollerse ás chorradas do amigo de Marcial Dorado. 

4888 persoas do Carballiño dixeron que non queren que Fumega siga vendendo fume. 11 concelleiros de 17 teñen a posibilidade de cumplir co mandato que lles diu a cidadanía que non quere a Fumega e os festexeiros en solitario. O mensaxe das urnas é nítido.

Incluso podería haber un cogoberno de Fumega tutelado ou ben por Pachi ou ben por Lino. Pero o goberno de festexos e outros saraos non ten capacidade máis que pra gastar cantidades inxentes de cartos en propaganda e pra vender fume. Ou ben ten que ser tutelado, ou ben ten que sair fora, pese a quen lle pese, doa a quen lle doa.

Os/as cheerleaders do goberno vende fume tragaron tan fondo as patrañas, que teremos que facer un exercicio de boa veciñanza  pra extraerlle do fondo das súas mentes as filfas que tando dano lles fan. Non é doado posto que é máis sinxelo enganar a alguén que convencelo de que foi enganado. Comecemos polo básico: Señores e señoras palmeros e palmeras do goberno de fextexos e saraos, Fumega e os festexeiros foron triturados nas urnas e quedaron como un salchichón. Un goberno de Fumega e festexeiros en solitario é un solemne disparate. O apoio que tería nas urnas é pírrico. A capacidade operativa sería nula. Sería bo pra serenar o ego de Fumega, festexeiros, e demáis palmeros. Sería un bálsamo para apaciguar a contundente derrota, pero unha aberración para os intereses do Carballiño. 

 

2, Xuño 2023

Querido copernauta, vosyede non recorda a Casado e a Feijoo repetir hasta a saciedade que tiña que gobernar a lista mais votada ? Se tanto odiaban o actul alcalde porque non se presentaron todos en contra del nunha coalición ? Pois no Carballiño pese a quen lle pese o mais votado foi o PSOE, non o PP, tanto en concelleiros como en votos, o candidato mais apoiado foi Paco Fumega, con 400 votos largos mais ca Lino, e o lóoxico sería un goberno en minoría con apoios puntuais dos diferentes partidos, que esta lexislatura terán unha gran importancia, de haberes un goberno en clara minoría, podendo facer propostas e ideas para mellorar Carballiño, o mais importante e sacar adiante o centro de saude e a ampliación do polígono industrial así como a humanización da rúa Ourense

2, Xuño 2023

O Irixo falou e esta claro que Manuel Cerdeira non é Penedo, pero ainda así para a maioría dos veciños do Irixo sigue sendo o seu alcalde , acadando 4 concelleiros de 9.

O PSOE con Iago Fariñas é o gran derrotado, pero ainda así é chave para un goberno en coalición.

Susana Iglesias con Xuntos polo Irixo ten 3 concelleiros e moita soberbia, tampouco creo que esté para dar clases de ética, moral ou transparencia a ninguén, de momento sigue sendo a dependienta de farmacia , a que a farmaceutica lle debería recetar unhas pastilliñas de humildade, os partidos celébranse cando se ganan non antes, pois o resultado pode cambiar.

Por outro lado os veciños respétanse sexan de Parada ou da Candosa, xa que a eles lles debes os 3 concelleiros, porque sin o seu voto non os ibas ter, polo tanto un pouco de modestia.

De momento Manuel Cerdeira é o alcalde e celebrar unha alcaldía sen tela é como limpar o cu sin cagar, nada quitas e nada tes, un bo alcalde, como ti,  Susana decías no teu programa ten que gobernar para todos e para iso hai que ter máis humildade e menos soberbía.

 

Un veciño de Parada.

2, Xuño 2023

La mayoría de Carballiño habló claro 11 de 17 concejales reeflejan que Carballiño no quiere que gobierne Fumega. Y me parece increible que Lino prefiera dejar gobernar a Fumega antes que negociar. Yo no le voté para que se quede el alcalde que està, le voté porque Carballiño no aguanta 4 años más con este señor. Las empresas se van a ir a pique y nos vamos a quedar todos sin trabajo. Claro que le voté porque pensaba que era el mejor para Carballiño, pero visto que no està dispuesto a luchar por este pueblo y que prefiere dejar que Fumega se quede en el sillón otros 4 años, así a la primera de cambio, está visto que me equivoqué.

Lino, no hagas como todos, piensa primero en Carballiño.

Fumega se tiene que ir YA.

Si tuviera un mínimo de decencia y vergüenza ya hubiera dimitido con el fiasco de resultados.

1, Xuño 2023

Co fin de dignificar o rueiro do Carballiño e homenaxear a aquelas mulleres que deixaron unha forte pegada neste pobo, o Concello rebautizará a rúa Conde Vallellano, que se denominará María Teresa Miras Portugal. A científica e catedrática en Bioquímica e Bioloxía Molecular recibiu en abril, a título póstumo, a Medalla de Ouro Honorífica do Concello. Con este recoñecemento o executivo local manifesta o seu compromiso por recoñecer a súa contribución á historia do Carballiño.

O cambio de nome da rúa Conde Vallellano levarase a cabo dun xeito paulatino co fin de causar as mínimas molestias á veciñanza e aos establecementos da zona. Con esta medida, o Concello do Carballiño tamén dá cumprimento á Lei de Memoria Histórica.

Ademais, co obxectivo de que non haxa vías sen nomear no rueiro municipal, oito delas levarán os nomes de Eugenia Pereira, Inés de Sanabria, Antonia Ferrín Moreiras, Camiño do Paraisal, Rúa O Carballo, Rúa Os Barreiros, Rúa Tupino e Marie Curie. Desta maneira finaliza un trámite imprescindible para os veciños e veciñas afectados e un compromiso do goberno local.

A primeira muller en presidir a Real Academia Nacional de Farmacia

María Teresa Miras estudou Farmacia en Santiago de Compostela e rematou a carreira na Universidade Complutense de Madrid con Premio Extraordinario e Premio Nacional da Licenciatura de Farmacia. Doctorouse na Universidade Louis Pasteur de Estrasburgo e tamén na Complutense de Madrid. Foi catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular nas Universidades de Oviedo, Murcia e Complutense de Madrid. Miras destacou na súa faceta investigadora, á que se dedicou durante máis de 40 anos. Publicou máis de 350 artigos en revistas especializadas.

Cómpre destacar que a carballiñesa foi a primeira muller en presidir a Real Academia Nacional de Farmacia e acadou numerosos premios, tanto das institucións académicas como científicas, así como das administracións públicas e fundacións privadas.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS