17, Febreiro 2025

Diante da nova do apedramento sufrido na sede do PSOE do Carballiño, dende o Bloque Nacionalista Galego desta localidade queremos manifestar a nosa máis rotunda repulsa por uns actos vandálicos que tan só amosan a covardía de quen os fai amparándose na noite e o anonimato.

As ideas deben confrontarse nos lugares que a democracia dispón para iso, non con actos violentos que en nada axudan á convivencia pacífica e libre das veciñas e veciños.

Este acto ven amosar, mais unha vez, o resultado dunha forma de facer política que tan só busca o insulto, a falsidade e a mentira como único xeito de confrontar as ideas, ou o que ven ser o mesmo, diante da falla de argumentos políticos o máis sinxelo é acudir á violencia verbal en todos os foros posíbeis coa única intención de provocar crispación, odios e teimas, e con iso que calle na cidadanía a falsa conclusión de que na política todo vale ou que todos os políticos son iguais.

Por tanto, a nosa maior solidariedade coas e cos militantes socialistas, agardando que as ou os responsábeis deste atentado sexan descubertos no menor tempo posíbel.

17, Febreiro 2025

Queixanse os de Boborás que teñen que agardar 3 días para ir ao médico. Pois no Carballiño de 9 días non baixa e para que por encima te atenda un médico que nin sequera é o teu. Así está a sanidade na comarca.

17, Febreiro 2025

O Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento aprobou o primeiro convenio colectivo para o persoal operativo dos parques de bombeiros dependentes desta entidade, así como a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) deste servizo.

Ambos acordos aprobáronse no transcurso das convocatorias da comisión negociadora do convenio e da mesa xeral de negociación do Consorcio, ambas celebradas no Pazo Provincial. Tamén na mesma mañá celebrouse o pleno desta entidade, que ratificou a aprobación do convenio colectivo e maila aprobación inicial da RTP.

O consorcio está integrado pola Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, estando xestionado pola institución provincial.

O convenio colectivo e a RPT serán de aplicación aos 72 bombeiros (18 por centro de traballo) que prestan os seus servizos nos parques do Carballiño-Ribeiro, Valdeorras, Xinzo de Limia e Verín.

Nas convocatorias celebradas esta mañá participaron, segundo a representación establecida, por parte da Deputación de Ourense o deputado Plácido Álvarez (en calidade de presidente do Consorcio e da comisión negociadora e mesa xeral); a vicepresidenta primeira da institución, Marta Nóvoa; e o deputado e José María Lago.

A representación da Xunta estivo encabezada no pleno polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mentres que o subdirector xeral de Interior e Seguridade, Andrés Iglesias e o xefe do servizo de Emerxencias da xefatura territorial de Ourense, José Olivier, participaron nas tres reunións.

Pola parte dos traballadores, na comisión e na mesa xeral estiveron representados os sindicatos CSIF, CIG, UXT, CC.OO e SIBGAL.

17, Febreiro 2025

Agora no centro de saude en Boboras non hai citas ata o venres, canto sempre houbo dun día para outro, ahora son 4 días no futuro serán 5,6,7 ou o que toque, dende logo as cousas non están nada ben, ou a pinta polo menos boa non e, pode ese facer edificios espectaculares coma en Lalin pero se non te atienden de pouco vale.

17, Febreiro 2025

O pasado 24 de Xuño saia a noticia na "Región" na que se falaba da reforma do antigo colexio do noso concello por 225.000 euros achegados por parte do goberno central. Ahí aparecia o noso ilustrisimo alcalde e o subdelegado do goberno en Ourense que se ía cambiar a cuberta, carpinterías, eficiencia enerxéticas.... e demáis.

As obras na cuberta están en marcha, e para a miña sorpresa, onde está o cambio de cuberta. Ponerlle tella do pais enriba das uralitas iso non é un cambio de cuberta. Pero o que e peor e que esa uralita ten amianto. E logo so nos preocupamos polo radón neste concello?. Seguimos facendo as cousas mal.

 

16, Febreiro 2025

Como información adicional, o tramo entre a rotonta da Fontela e a rotondilla do Alcampo estaba mal iluminado, sin señalización correcta de obras, nin se advierte que o tramo está sen pintar, e a sinalización vertical sen colocar. Somentes estaban as sinais verticais dentro da rotonada indicando giro de glorieta, pero no estaban nin están inda hoxe as obrigatorias por normativa para indicar unha rotonda próxima (a de ceda o paso antes da rotonda e a de perigo de xiro en rotonda advertindo con suficiente antelación). Estou falando no sentido de entrada a Carballiño. Ahí o deixo, cadaquen que interprete o que lle parezca.

15, Febreiro 2025

A Agrupación Local do PSdeG-PSOE ven de denunciar que a súa sede, na rúa Perfectino Viétez do Carballiño, sufríu importantes desperfectos na madrugada deste sábado tras ser apedreada.

A cristaleira, que antigamente era un escaparate, apareceu rota e unha pedra de grandes dimensíóns á beira.

Asemade, o personal de limpeza municipal retirou restos de botellas que supostamente tamén foron lanzadas contra a fachada da sede comarcal socialista.

A dirección local difundíu un comunicado no que manifesta a súa intención de denunciar os feitos ante a Policia Local "agardando que os autores deste acto vandálico poidan ser identificados e sancionados".

Desde O PSdeG-PSOE carballliñés proclaman que non se van amedrentar por esta agresión "senón todo o contrario, cada agresión reafírmanos que estamos no camiño correcto e que os violentos non teñen cabida nesta sociedade".

Finalmente, fan un chamamento á reflexión "a aquelas formacións políticas que teñen na confrontación e a mentira o seu facer diario, dándolles azos aos violentos".

15, Febreiro 2025

O da rotonda do Alcampo víase vir. Pero non é algo novo no Carballiño. Estamos a costumados a facer ou mandar facer cousas fora da lei e despois toca indemnizar. É non hai máis porque a xente non denuncia. Esa nova rotonda é ilegal a todas luces e non cumpre as medidas mínimas de diámetro estipulado para rotondas dun carril. Igual que tampouco  cumpre as medidas mínimas a rotonda da alameda. A rotonda do Recar podería cumplir porque hai sitio pero haberia que desplazar o centro da mesma e os entronques de Ben Cho Sei e Celso Emilio Ferreiro, pero tal como quedou non cumpre. Xa non falamos do famoso cruce  do Pituxo, no que os que veñen pola dereita teñen que ceder o paso os que pretenden xirar a esquerda. Debe ser un caso único en España no que o que ven pola dereita non ten prioridade. Debe ser cousa de política, e como os chamados de dereitas non están ben vistos...

15, Febreiro 2025

Ao enxeñeiro que proxectou semellante cousa debeulle quedar a cabeza ben descansada. É que nin centrada quedou. Ademais non sirve para que os autobuses e camions maniobren e den a volta. Os do equipo de goberno non din nada. Como puideron aceptar tal cousa. Todos caladiños.

13, Febreiro 2025

Venres, 28/02
na Praza Maior – rúas – Disco Maxim´s
- 11.30 h Música na feira co grupo Os Serandeiros
- 12.00 h Desfile de entroido escolar e animación musical
- De 17.30 a 19.30 h Festa infantil con toro mecánico. Organiza Discoteca Maxim´s
- 20.00 h Festa de indi@s e vaqueir@s
- De20.00 a 23.00 h Grupo Feitizo de pau
- De 20.30 a 23.00 h Charanga Mekánica

Sábado, 1 na Praza Maior e rúas
- De 11.30 a 13.30 h Obradoiro infantil de máscaras e complementos de entroido
- De 16.00 a 18.00 h Animación musical DJ Tibu e Concurso infantil de disfraces
- 18.00 h Espectáculo musical Viaxe ó entroido dos 90 con “Os de sempre” dj Pinche & dj Beni & dj Casi
- 21.00 h Espectáculo musical itinerante “Carballiño te suena 2”. Organiza Colectivo “@s amig@s de sempre”

Domingo, 2 na Praza Maior e rúas
- 19.00 h Os Liborianos
- 19.30 h Charanga folc Tokaide

Luns, 3 na Praza maior e rúas
- 20.00 h Charanga Louband
- 21.00 h Espectáculo itinerante “Revival 80”. Organiza Colectivo “@s amig@s de sempre”

Martes, 4 na Praza Maior e rúas
- 16.45 h Batucada PercuCar. CMUS do Carballiño
- 17.00 h Gran desfile-concurso de comparsas e charangas
- 19.00 h Gran baile – ORQUESTRA ALKAR

Mércores, 5 na rúa Principal e Praza Maior. Saída da Praza dos Liborianos
- 19.30 h Representación do Enterro da Sardiña por ASPADISI e DAR TRELA
Animación Charanga Castro Bello BICA E CHOCOLATADA

Domingo, 9 polas rúas, restaurantes e Praza Maior
XXX FESTA DA CACHUCHA
- 11.00 h Animación musical de charangas:
Doctor Anchoa - CLK - Castro Bello - Feitizo dde Pau- 11.30 h Desfile de folións, comparsas e charangas
- 14.00 XANTAR DA CACHUCHA con animación musical
- 17.30 h Gran desfile de folións, comparsas e charangas
Os da Caña de Marín, Os Solfamidas de Campo Lameiro, As Sonecas de Campelo, comparsas de Amoeiro, de Cea, folións de Petín, de Tameirón, de Chandrexa de Queixa... ademais das comparsas da comarca.
- 19.00 h Gran baile – ORQUESTRA GRAN PARADA

Outras actividades: concertos, teatro, cine, exposicións fotográficas...

PROGRAMA TEATRO
Sábado, 22 no Auditorio ás 20.30 h
Musical - O FANTASMA DA ÓPERA

Domingo, 23 no Auditorio ás 18.00 h
Teatro – PEOR IMPOSIBLE de PETER PUNK (RGTA)

Sábado, 29 no Auditorio ás 20.00 h
Teatro – NON PASARÁN (RGTA)

PROGRAMA - CINE CLUB CARBALLIÑO
Venres, ás 20.00 e 22.30 (VOS) no Auditorio
Domingo, ás 19.00 h no Auditorio

Domingo, 2 – NUESTRO DÍA
Domingo, 30 – EL ÚLTIMO VERANO

EXPOSICIÓNS FOTOGRÁFICAS de Asociación fotográfica O POTIÑOS

CASA DO CONCELLO – O RÍO ARENTEIRO
CASINO – FOTOS DE OLIVA SANS
EDIFICIO RAMÓN PUGA – SOMBRAS DE A.F. O POTIÑOS
ASADOR VERACRUZ – POTI EXPO 2024
CAFÉ PLAZA – POTI EXPO 2023
HOTEL ARENTEIRO - PREMIOS CONCURSO´23
GALERIA ANGO – INSPIRACIÓN DE A.F. O POTIÑOS
CAFETERÍA MANXARES – BALNEARIOS DO CARBALLIÑO

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS