24, Setembro 2025

El muro del cementerio municipal ha cedido  hace casi dos años constituyendo un peligro para la seguridad de las personas que allí asisten, y la administración local no ha tomado ninguna medida. Incurriendo en dejación de funciones.

Legislación relevante:

  • Decreto 19/2014, de 13 de febrero, por el que se aprueba el Reglamento de policía sanitaria mortuoria de Galicia: Este decreto establece que el Ayuntamiento es la entidad responsable del control y vigilancia de los cementerios en su ámbito territorial. Específicamente, el artículo 56 del decreto menciona que los ayuntamientos deben vigilar el cumplimiento de las normas en materia de policía sanitaria mortuoria, lo que incluye el mantenimiento y la seguridad de las instalaciones.
  • Ley 5/1997, de 22 de julio, de Administración Local de Galicia: Esta ley atribuye a los municipios la competencia en materia de cementerios y servicios funerarios, reafirmando su papel como garantes del orden público y la seguridad en estas instalaciones. A pesar de que la propiedad del terreno o las instalaciones pueda ser eclesiástica (del Obispado), las competencias de policía y seguridad son de titularidad municipal.

 

Justificación de la responsabilidad

 

Aunque la titularidad del cementerio sea del Obispado, el Ayuntamiento asume la responsabilidad de la seguridad y el mantenimiento por una cuestión de salud pública y seguridad ciudadana. El Obispado debe cuidar el recinto, pero el ente público (el Ayuntamiento) es quien tiene la obligación legal de velar por el bien común, la seguridad de las personas y la salubridad del lugar. Por lo tanto, ante la caída del muro, el Ayuntamiento sería la entidad competente y responsable de tomar medidas para garantizar la seguridad del cementerio.

El Ayuntamiento debe notificar al Obispado la necesidad de reparación y, si la situación representa un peligro inminente, puede incluso actuar de forma subsidiaria y luego repercutir los costos al Obispado.

  1. Ley 5/1997, de 22 de julio, de Administración Local de Galicia:
    • Artículo 86: Atribuye a los municipios, en su calidad de entidades locales básicas, la competencia en materia de "cementerios y actividades funerarias". Aunque el cementerio sea de titularidad privada (en este caso, del Obispado), la competencia de policía, sanidad y seguridad sobre él sigue siendo municipal.
  2. Decreto 129/2023, de 14 de septiembre, de sanidad mortuoria de Galicia:
    • Este decreto, que deroga y sustituye a la normativa anterior, refuerza la responsabilidad de los municipios. Aunque no se menciona un artículo 56 como en una versión anterior, la nueva normativa sigue la misma línea. Por ejemplo, el Artículo 2 (Inspección) establece que "Las empresas funerarias, tanatorios, velatorios, crematorios, cementerios, así como toda clase de medios o prácticas sanitarias sobre cadáveres o restos, podrán ser inspeccionados por las autoridades sanitarias competentes de la Administración autonómica y local."

       

    • Además, el decreto establece que los ayuntamientos deben vigilar el cumplimiento de la normativa en materia de policía sanitaria mortuoria, lo que incluye la seguridad y el buen estado de las instalaciones. Aunque el mantenimiento de la propiedad (el muro en este caso) corresponde al propietario, la obligación de velar por la seguridad de los ciudadanos que acceden al recinto es del ayuntamiento.

En resumen, la base legal se encuentra en la atribución de competencias en materia de cementerios a los ayuntamientos, lo cual es un principio fundamental del derecho local y de la policía sanitaria mortuoria. El ayuntamiento, como entidad pública, tiene el deber de garantizar la salubridad y la seguridad de sus ciudadanos, lo que le otorga la potestad de exigir al propietario del cementerio que realice las reparaciones necesarias.

23, Setembro 2025

Este sábado, 27 de setembro, sobre o escenario do Auditorio Manuel María actuarán a partir das 20,00 horas a Coral Polifónica Casino do Carballiño (organizadora do evento), así como as dúas agrupacións convidadas: Coro Vales Mahia (Bandeira, Silleda) e Coro Mesao en Canto (Mesón Frío, Portugal).

O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, puxo en valor na presentación do festival o esforzo da Coral Polifónica Casino, que se supera en cada nova edición.

“A colaboración do Concello é máxima, pero máxima tamén é a nosa gratitude polo esforzo e traballo que facedes, sempre nos sorprendedes”, apuntou o edil. Nesa liña, Jaime González Pichel, director da coral, recordou que a escolla musical é distinta cada ano para que o público desfrute. “Participan tres corais cunha importante traxectoria, que traballan con moita ilusión e esforzo”, asegurou Pichel.

O festival contará con dous andamentos: Iacobus, adicado ao Camiño de Santiago e ás súas músicas relixiosas e profanas, e Pangea. “O segundo andamento aborda o concepto da música como elemento integrador, cando escoitamos a calquera músico de calquera sitio do mundo, a nosa imaxinación viaxa sen movernos do noso sofá. Queremos poñer en valor que é moito máis o que nos une que o que nos separa”, explicou o director da Coral Polifónica Casino.

Pola súa parte, José Antonio Barge, secretario da agrupación, destacou a longa traxectoria do festival, que roza xa o medio século de historia. “Estas 42 edicións dan conta da trascendencia e da importancia do festival, que cada ano é distinto”, apuntou.

A presentación do evento contou coa actuación musical de dous membros da coral: Paz González, flautista, e Luis Rodríguez, pianista.

Escoita aquí a entrevista en COPE O Carbaliño:

23, Setembro 2025

O Concello do Carballiño levará a cabo unha renovación das instalacións da biblioteca municipal para adecuar o espazo ás necesidades actuais e mellorar o benestar dos numerosos usuarios e usuarias que se achegan a recoller libros, ler, estudar e mesmo participar en actividades.

A intervención, valorada en 30.000 euros, inclúe a renovación integral do mobiliario do segundo andar (ademais da demolición dun tabique e do peche do oco en forxado), así como diversas reparacións en paramentos e carpintaría interiores de todo o edificio. A financiación da intervención provén do Plan CooperOU da Deputación de Ourense, a través do que reparte as aportacións estatais ás entidades locais.

As obras darán comezo o próximo luns, 29 de setembro, polo que as persoas con libros en préstamo poderán devolvelos nas oficinas de Cultura do Concello, no segundo andar da Casa Consistorial. Lorena Castro, concelleira de Educación, pon en valor esta intervención na biblioteca, a primeira das previstas polo Concello. “Somos conscientes das necesidades da biblioteca e xa estamos traballando nas próximas actuacións”, avanza a edila.

A concelleira tamén aproveitou esta intervención radiofónica para comentar o estado das actuacións que están a levarse no auditorio do Carballño para resolver a problemática do gas radón nas dependencias que ocupa o conservatorio de música:

Escoita aquí a Lorena Castro, concelleira de educación do concello do Carballiño

22, Setembro 2025

A alcaldesa do Irixo Rosa María Dalama asinou unha resolución pola que acorda nomear á concelleira do Partido Popular, María José Villanueva De Juane, como primeira tenenta de alcaldesa do concello do Irixo.

Este nomeamento é un paso máis dado pola alcaldesa para garantir a estabilidade no goberno municipal do Irixo, asegurándose desta maneira o apoio do Partido Popular, o grupo maioritario con catro representantes na corporación municipal.

O nomeamento ven de publicarse no BOP: https://bop.depourense.es/portal/anuncio/347619

 

21, Setembro 2025

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, volve a retomar o programa provincial da Vía da Prata por etapas para ofrecer os peregrinos a posibilidade de coñecer os atractivos turísticos da provincia a través do Camiño Mozárabe. Preto de medio cento de persoas comezaron hoxe este percorrido.

Á saída da primera etapa asistiu este domingo o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, quen explicou que con esta actividade, o goberno provincial pretende seguir dando a coñecer este itinerario xacobeo, eixo vertebrador do territorio ourensán ao atravesar preto dun terzo dos municipios da provincia, entre a propia poboación local e os posibles usuarios procedentes doutros territorios interesados por este itinerario.

Para elo, o programa que inclúe guía e autobús, permite realizar os diferentes tramos do Camiño Mozárabe durante varios domingos, podendo optar os usuarios por facer etapas soltas ou inscribirse en tódolos tramos. O peregrinos descubrirán a través do Camiño parte da etnografía, cultura popular e patrimonio dos concellos polos que transita esta ruta xacobea.

Os tramos

A primeira etapa saiu hoxe de Ourense a Cea, incluíndo unha visita a Oseira e facendo un percorrido de 21 km. O seguinte domingo, 28 de setembro, a etapa partirá de Cea e pasará por Piñor, Dozón rematando en Puxallos, logo de percorrer 22 km. A terceira etapa, o 5 de outubro, os peregrinos sairán de Puxallos para chegar a Silleda tras un recorrido de 22 km. O 12 de outubro, os peregrinos poderán optar pola etapa de Silleda a Vedra de 23km ou de Silleda a Susana de 30 km. Finalmente, a última etapa deste itinerario terá lugar o 19 de outubro entre Susana e Santiago de Compostela, tras un percorrido de 10 km.

As inscricións

As inscricións e todos os detalles da iniciativa están dispoñibles na web www.conocegalicia.es e tamén se pode obter máis información a través do teléfono 988 25 33 59.

O custe da inscrición completa en tódalas etapas é de 49 euros, mentres que por etapas soltas o prezo é de 15 euros. Ambas opcións inclúen a guía oficial e o autobús.

21, Setembro 2025

Que no nos quieran convencer con 4 fotos sacadas desde un determinado punto o a una determinada actuacion, esto esta acabado, si no se hace de otra forma y bien. 

Eso de rellenar dias con orquestas del monton, actuaciones a horas de siesta, como si hubiese prisa por terminar pronto y noches sin juventud ni opciones, pir ejemplo son algunos ejemplos.

La Fiesta de la Juventud, para dos, en modo privado, mañanas silenciosas, poner como fiesta el 18 dia do neno y el 19 ....esto ya de traca, y ahora saldran y diran que todo bien. 

Alguien sera el responsable, concejales, comision, oposicion, el que ofrece las contrataciones .....quien?

Que nos quedamos sin Septiembre!!!

19, Setembro 2025

A Xunta de Galicia adquirirá unha superficie de 15 hectáreas no ámbito do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa por un importe de 241.962,43 €. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, tras asinar o acordo co representante da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cristimil e A Torre, Modesto Rodríguez, propietarios dos terreos.

No acto protocolario de sinatura do documento, nas instalacións do Parque Arquelóxico, tamén estivo presente o alcalde do concello de San Amaro, Fernando Redondo. Precisamente, este sábado celébrase o Festival Céltico de San Amaro, unha xornada histórica e festiva que se desenvolve neste xacemeento arqueolóxico, coñecido como "a cidade" Tal e como explicou o representante do Goberno galego, o Parque Arqueolóxico conta cunha superficie total de 20 hectáreas, das cales 15 pertencen a esta Comunidade de Montes.

“Trátase dun terreo que inicialmente foi cedido á Xunta de Galicia polo Concello e cuxa propiedade, posteriormente, foi outorgada á Comunidade de Montes pola vía xudicial”, informou antes de engadir que no ámbito desta superficie está localizado o centro de interpretación do Castro de San Cibrao de Las. “Este xacemento é un dos máis destacados de Galicia polo seu tamaño, estado de conservación e a súa importancia tanto a nivel histórico como científico por iso para a Xunta de Galicia era unha prioridade poñer fin ao conflito”, precisou López Campos, engadindo que, deste xeito, “acadamos un acordo histórico para toda a Comunidade porque nos permite poñer en marcha un novo proxecto”.

Así, tal e como subliñou, o documento asinado hoxe posibilita que se inicien os trámites da expropiación amigable e a declaración da prevalencia de utilidade pública destes terreos. “Este é un primeiro paso importante e o noso compromiso é que estea finalizado antes de que remate o ano 2026”, puntualizou. Cómpre lembrar que o Castro de San Cibrao de Las, situado a uns 10 quilómetros do Carballiño, nos termos municipais de San Amaro e Punxín, conta xa co máximo réxime de protección como ben representativo do patrimonio arqueolóxico de Galicia ao terse iniciado, en maio deste mesmo ano, o expediente de incoación para declarar o conxunto como Ben de Interese Cultural.

Esta declaración fundaméntase no seu interese científico e na súa importancia histórica e arqueolóxica, sendo un dos xacementos máis sobranceiros e coñecidos da Comunidade Autónoma, como elemento crucial da Idade do Ferro. Así o expediente aínda en marcha destaca que a súa integridade preservouse de forma excelente, sen que se vise afectada substancialmente a súa morfoloxía ao longo dos varios séculos de historia desde ou seu abandono. Foi precisamente esta singularidade a que fixo que a Xunta de Galicia o escollese para crear o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, un centro de interpretación para difundir este coñecemento entre a poboación e os visitantes que recibe cada ano máis de 10.000 persoas.

Escoita aquí a entrevista a Modesto Rodríguez, presidente dos comuneiros de Cristimil e A Torre:

18, Setembro 2025

O castro de San Cibrán de Lás acollerá este próximo sábado, día 20 de setembro, o cuarto Festival Céltico unha xornada organizada polo concello de San Amaro e rememorando os tempos nos que os nosos antepasados habitaban esta terras ubicadas entre actuaís oconcellos de San Amaro e Punxín.

O evento comezará ás 12:30 horas coa Benvida do Druída, a música ancestral e a degustación gastronómica castrexa. Ás 13:30 horas teatro “Pelexa entre A Lúa e Ou Ferro” e ás 14:30 horas a comida popular.

Pola tarde, haberá demostración de artesanía castrexa, tiro con arco, xogos de habilidade así como “Segredos e voces ocultas de Ou Castro” con Felipe Senén e Xurxo Souto. Completaráse a xornada festiva coa degustación de porco celta ás 21 horas e concertos de Gabi Reboredo e Zeltia.

Este ano, o Festival rende homenaxe ao "druída" Victor Gulías, falecido recentemente, e gran colaborador e animador nos últimos anos desta festa histórica.

17, Setembro 2025

O Concello do Carballiño pecha este xoves dia 18 de setembro as portas da oficina turística despois dun verán de récord de visitantes. Polas instalacións municipais, ubicadas no centro da vila, pasaron máis de 1.300 persoas durante os meses de xullo e agosto, o que dá conta do atractivo do patrimonio cultural, natural e gastronómico do municipio.

O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, amosa a súa satisfacción polas cifras, que superan o milleiro de visitantes rexistrado no verán de 2024. “Estamos moi satisfeitos de como foi a campaña estival e queremos seguir mellorando e dando a coñecer as xoias que temos no Carballiño”, apunta.

A maioría dos turistas chegaron desde diferentes puntos de España, principalmente Galicia, Madrid (o 20% do total de visitantes), Andalucía e Cataluña. No referente ao turismo internacional, México, Portugal e Francia foron os principais países, seguidos de Alemaña e Arxentina.

No referente ao perfil dos visitantes, as persoas de máis de 50 anos representaron case a metade do público (48% do total), o que reflicte a relevancia cada vez maior do turismo sénior, seguidas do tramo de idade de entre 30 e 50 anos. O groso de visitantes estivo composto por grupos familiares.

Por tipo de aloxamento, a maioría de visitantes pernoctaron no termo municipal do Carballiño, ficando a maior parte nos establecementos hoteleiros do Carballiño, e na Residencia de Tempo Libre situada no Parque Municipal, así como nas casas rurais dispoñibles na comarca. Do mesmo xeito, sen ser a maioría, foron múltiples as persoas que se achegaron a pasar o día no Carballiño.

Este xoves a oficina pecha as súas portas, pero as persoas que cheguen ao Carballiño poderán solicitar información turística e cultural nas dependencias municipais.

Pola súa parte, o Museo do Muíño do Anxo, situado no parque etnográfico do río Arenteiro, tamén contou cunha gran afluencia de visitantes durante os meses de verán. Preto de 800 persoas percorreron as instalacións do equipamento para coñecer os segredos da vida dos muiñeiros. De novo, a maioría dos turistas chegaron desde outras partes de Galicia e desde Madrid.

Prácticas do programa integrado de emprego

Este verán, a oficina de turismo do Carballiño formou parte das prácticas do programa integrado de emprego do Concello de San Amaro. Durante os meses de verán, cinco alumnos e alumnas (dous deles, usuarios de Aspadisi) realizaron as súas prácticas e finalizaron a súa formación no espazo municipal. A experiencia foi “moi enriquecedora” e permitiulles poñer en práctica os coñecementos adquiridos previamente, gañar seguridade, adquirir máis habilidades sociais e prepararse para a futura búsqueda de emprego, tal e como detalla a coordinadora do programa, Mari Carmen Limia.

17, Setembro 2025

Minutos despóis das once da mañá saía do Templo da Veracruz a tradicional procesión do patrón San Cibrán, co acompañamento musical da Banda de Música de Boborás. Trala imaxe do patrón, unha ampla representación dos párrocos do Arciprestazgo do Carballiño.

O bo tempo, totalmente de verán -hoxe agardamos temperaturas máxinas de 31 graos- está favorecendo o ambiente festivo nestas Festas do Setembro 2025, e a afluencia de público ás actividades programadas.

Hoxe é dia non laborable, festivo local no municipio do Carballiño, e no programa festivo tamén figura a animación musical da charanga Castro Bello polas rúas e prazas da vila, ás 13:15 h. a Banda de Música de Boborás ofrece un concerto na Praza da Veracruz, ás 18:0o h. na Praza Maior preséntase o espectáculo musical da Escola de Musica Pulpo Bests, e desde as 19:30 h. tardeo -tamén na Praza Maior- coa orquestra de baile Galilea, que tamén amenizará a verbena.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS