16, Maio 2023

O Concello do Carballiño, en colaboración coa Asociación Fotográfica O Potiños, vén de poñer en marcha a iniciativa “Vive O Carballiño”, coa que dará vida a máis dunha decena de muros, peches e escaparates da vila. Coa colaboración dos veciños e veciñas que cederon as súas propiedades, procedeuse á instalación de lonas e vinilos con imaxes dos puntos máis emblemáticos do municipio e de anacos da súa historia.

Co lema “O Carballiño a un paso” nas rúas locen fotografías do entorno do río, de veciños e veciñas ilustres do Barrio das Flores; os oficios da Carreira, de diferentes momentos da Festa do Pulpo ou da ponte da Toscaña, entre outras. Ao mesmo tempo que se promociona o concello e o seu potencial turístico, embelécese o entorno.

O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, agradeceu a súa colaboración a todos os veciños e veciñas que cederon as súas propiedades para poder levar a cabo esta iniciativa que pretende poñer en valor O Carballiño como destino turístico e a súa historia.

Tamén nas últimas semanas procedeuse á instalación dun mupi de case dous metros de alto na estación de tren de Chamartín para promocionar a Festa do Pulpo e o concello. Tamén co lema “O Carballiño a un paso” invítase aos viaxantes a facer parada na vila e gozar da súa gastronomía e da celebración pulpeira, declarada de interese turístico internacional. A imaxe fala por si mesma, xa que en primeiro plano pode verse a tapa de pulpo máis grande do mundo. Ao fondo a Veracruz, emblema patrimonial do Carballiño e bandeira da súa oferta cultural.O mupi, de 175x120 centímetros, permanecerá na estación madrileña durante catro meses.

15, Maio 2023

Acabo de coñecer a proposta de Espazo Común, de se gañan as eleccións, poñer un novo parque infantil na zona dos Catro Camiños, que me parece estupendo.

Pero, digo eu, non será máis normal adaptar o municipal a todas as idades? Porque espazo hai suficiente e parques infantiles (ó sol) hai bastantes... Pero, e zonas para aqueles rapaces de, por exemplo, entre 9 e 18 anos, para onde van? Conque xogan? Onde se reúnen? Vaian á praza que vaian, "prohibido balón", nos parques zonas para eles, cero, pistas adecuadas para diversos deportes, xa nin mencionamos... Non será máis coherente buscar alternativas para todas as idades e non centrarnos solamente nos máis pequenos? Que lles estamos ofrecendo no Carballiño á xente máis nova? Logo queixámonos de que a xente marcha... Se nin para ter unha festa mesmo de cumpleanos os rapaces de 9 anos por exemplo, teñen para onde ir... Menos mal que se vai trampeando con algún familiar cun sitio decente para que se xunten... Que coas opcións que se ofrecen, parece que a partir dos 6-8 anos, deixan de ser cativos.

Creo que unha boa opción era un abanico un pouco máis amplo....

15, Maio 2023
15, Maio 2023

O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica o procedemento para a adxudicación de estadías nas Residencias de tempo libre de Panxón (Nigrán) e O Carballiño. As familias que queiran desfrutar do verán nestes centros teñen desde mañá e ata o vindeiro día 30 de maio para presentar as solicitudes. Poderase cursar unha única solicitude por unidade familiar, na cal se indicará a orde de preferencia no desfrute das estadías e en que residencia.

Estas deberán dirixirse ás Xefaturas Territoriais de Ourense ou Vigo, en función do centro residencial que se elixa. Ademais, as peticións poderán realizarse a través da sede electrónica da Xunta. O Goberno galego conta este ano con 2760 prazas para achegarlles ás familias galegas máis posibilidades nesta campaña estival, distribuídas do seguinte xeito: 1320 prazas na Residencia de tempo libre do Panxón, en Nigrán; e 1440 na Residencia de tempo libre do Carballiño. Outra das novidades que hai nesta convocatoria é a ampliación das quendas ata finais de setembro, para aquelas familias con fillos maiores ou sen fillos que tamén queiran desfrutar destas residencias.

Prezos e descontos Ao igual que en convocatorias anteriores, as familias de especial consideración como as numerosas, as monoparentais, as acolledoras ou as vítimas de violencia machista terán prioridade no acceso a unha destas prazas. Ademais, a Xunta volveu adiantar publicación da convocatoria para darlle máis marxe ás familias para organizar as súas vacacións de verán. As familias contarán con servizo de aloxamento e de comedor para desfrutar durante a súa estancia de todas as comodidades mentres poden aproveitar o tempo de vacacións para fortalecer os lazos familiares e gozar de tempo de ocio e lecer. O prezo por persoa e día é de 37 euros en pensión completa, ao que se engaden descontos por nenos (dun 50 %) e familias galegas de especial consideración como numerosas ou monoparentais, acolledoras ou vítimas de violencia machista (dun 30 %).

14, Maio 2023

COPE O Carballiño súmase á campaña electoral do 28 de Maio para ofrecer á súa audiencia a mellor información do seu concello, desta maneira esta emisora de radio- que foi pioneira nesta iniciativa- volve programar debates na maioría dos concellos do seu ámbito de cobertura radiofónica. Na foto, os participantes do debate de 2015 no concello de Leiro.

Desta maneira, todos os candidatos e candidatas ás alcaldías que concorren a estas eleccións municipais están invitados a participar neste debates concello a concello, que levaránse a cabo en directo nos estudos de COPE O Carballiño, moderados por Xan Pinal,  serán retransmitidos en emisión simultánea pola FM (91.9) e a través de internet (www.copecarballino.es)  Ademáis, os debates quedarán dispoñibles para a súa descarga no PODCAST diario de COPE O Carballiño, nesta mesma páxina WEB.

Cada candidato contará en total con 12 minutos para as súas intervencións, e o calendario previsto é o seguinte:

LUNS 15: PUNXÍN (PP, PSOE, BNG, COMPROMISO POR GALICIA)

MARTES 16: AVIÓN (PP, VOX, AIRES NOVOS POR AVIÓN, PSOE)

MERCORES 17: PIÑOR (PP, BNG, PSOE, ESPAZO COMÚN)

XOVES 18: SAN CRISTOVO DE CEA (PP, BNG, PSOE)

VENRES 19: SAN AMARO (PP, PSOE, XUNTOS POR SAN AMARO, ESPAZO COMUN)

LUNS 22: LEIRO (PP, PSOE, BNG)

MARTES 23:  BEADE (PP, PSOE, BNG, AVIDE E POR BEADE)

MERCORES 24: O IRIXO (PP, PSOE, XUNTOS POLO IRIXO)

XOVES 25: MASIDE ( PSOE, PP, BNG)

VENRES 26: O CARBALLIÑO (PSOE, PP, ESCO, BNG, PODEMOS)

14, Maio 2023

Asi estaba esta mañá a acera da N-541, algún dia tera esto solución ou non ?

12, Maio 2023

No día de hoxe saiu o rexidor comentando nun medio de comunicación " que os Veciños que non lle recriminaron nada" unha vez mais minte e manipula, porque ten o síndrome do SAPO (SOBERBIA-ARROGANTE-PREPOTENCIA E OBSTINACIÓN)

Os veciñ@s e @s socialistas lle decimos alto e claro OS VECIÑ@S DO POBO DE LEBOSENDE SUFREN UN TOTAL ABANDONO DO GOBERNO MUNICIPAL DE LEIRO O portavoz dos socialistas de Leiro, volve a poñer o foco de atención e se fai eco no pobo de Lebosende, debido a cantidade de queixas, que estamos a recibir dos veciñ@s neste días, despois da nova de que o pobo, quintuplicou o numero de cativ@s nos medios de comunicación. Leiro 11/05/23: Queremos denunciar públicamente e asi o comprobamos “in situ” A PRAZA PÚBRICA DA RUA SAN ROQUE (LEBOSENDE) E A PROPIA RUA, xa que o deteriroro é cada vez maior polo que presentan unha serie de anomalías e carencias bastante palpables para o desenrolo e a calidade de vida dos noso veciños e veciñas con fochancas en certas partes do camiño e na praza pública, así como deterioro do asfaltado debido a falta de mantemento das mesmas o que supón un risco tanto para a seguridade das persoas que transitan polas mesmas, como tamén para os diferentes veciños e veciñas que viven no lugar, non nos podemos esquecer que na Praza Pública de San Roque e da rúa se accede ao cemiterio parroquial tanto da parroquia de Lebosende e Leiro, e a imaxe que se da non é máis axeitada, polo seu abandono e falta de mantemento, asi como o mobiliario urbano.

E o que non pode decir o rexidor “ o que me pediron foi un columpios” porque e totalmente falso, xa que ai escritos no propio Concello advertindo de estás anomalías no pobo, como tamen unha Mocion presentada polo noso Grupo Municipal expoñen esta problemática e que foi rexeitada no Pleno do mes de Febreiro pasado, tanto por o rexidor como por o resto de concelleiros do Partido Popular. ¿Donde esta a coherencia do grupo de goberno? en ningún lado e os feitos nos remitimos. Tamen queremos destacar a estrada municipal que da acceso o Barrio de Outeiro (Lebosende) e que da acceso tamen o deposito da agua, que esta con unhas grietas e fochancas considerables, debido o estado de abandono de este goberno municipal. Así como o lavadoiro do barrio da Costa, que debido a o derribo do muro superior, pois caeron as pedras do mesmo sobre o lavadoiro, facendo caso omiso o Concello despois de varios avisos de queixa por parte dos veciñ@s, incluso con escritos, podedes comprobar o seu estado nas fotografías as cales adxuntamos.

Os socialistas tamen queremos denunciar, outra zona do Pobo de Lebosende neste caso a Praza O Curro ocupada con escombros de un muro os cales non se retiraron da mesma, xa que levan semanas no mesmo sitio, sin que nadie tome medidas, neste caso o Concello, mirando para outro lado, pero seguro de que si fora un veciño, xa estaría denunciado. Polo que dende o Grupo Municipal Socialista lles pide aos responsables municipias que teñan a ben en realizar as súas funcións de exercer as súas funcións de vixiancia e control en evitación de situacións potencialmente perigosas para usuarios da citada infraestrutura pública, de modo que compete aos servizos municipais, o mantemento e conservación da mesma, como tamén a seguridade dos lugares públicos. Estas competencias aparecen recollidas no artigo 25.2 a 25 in fine da lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réximen Local. Que a falta de actuación no sentido expresado anteriormente sería unha inactividade ppr parte desta Administración Local, que sería impugnable a tenor do disposto na Lei 29/1998, da xurisdicción contencioso-administrativa. Por eso que Leiro e as súas xentes merecen un trato dígno, ter a sua disposición uns servizos de calidade e que o municipio presente un aspecto vivo, limpo e coidado. Os socialistas seguiremos a loitar por Leiro, porque creemos que o noso Concello ten gran potencial e a pesar da negativa do alcalde a destacalo, os socialistas non imos a rendernos e seguiremos dando batalla por mellorar Leiro.

12, Maio 2023

O IES M. Chamoso Lamas organiza para o próximo 16 de Maio dende as 9:30 ata as 12:30 a cabo a II Xornada de emprendedores no salón de actos do centro.

O obxectivo desta xornada é dar a coñecer ao alumnado os recursos que teñen para poder emprender o seu propio negocio e ter de primeira man a experiencia de varios emprendedores que no seu día lanzaron o seu proxecto propio. Trátase dunha actividade aberta ao público en xeral interesado no empredemento.

Descarga o arquivo para ver o programa da xornada:

11, Maio 2023

Invito ós membros da corporación municipal a que saian do concello e baixen a pé pola rúa San Cibrao. E incrible a cantidade de lixo acumulado. Varre alguén?, e se o fai , cada canto tempo?. A imaxe que dá esta rúa, que vai dar a igrexa vella, é pésima. Mirade que estamos en eleccións e eu e máis xente subimos por aí a votar. Igual cambiamos o voto polo camiño.

10, Maio 2023

O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, puxo en valor o viño galego como principal elemento dinamizador dos territorios que compoñen as cinco denominacións de orixe vitivinícolas da nosa comunidade e, en concreto, referiuse ao que supón para a comarca a D.O. do Ribeiro.

"Temos un sector responsable e sostible coa súa contorna e coas persoas que nos rodean -engadiu- e ao seu arredor progresan moitos pobos e cidades pequenas da nosa xeografía, vertebra o territorio e ofrece emprego de calidade, aliñando esta ruta coa Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas impulsada pola Xunta en colaboración co sector, coas tres universidades galegas e cos axentes relevantes dos respectivos territorios para acadar a consolidación dos nosos viños nos diferentes mercados”.

Gabriel Alén referiuse deste xeito ao importante papel da viticultura nos territorios rurais nos que se produce, no acto de presentación da Primavera das Portas Abertas na Ruta do Viño do Ribeiro que se desenvolverá entre os días 12 e 14 de maio. “O enoturismo como un turismo dun alto valor engadido e unha potente ferramenta para o desenvolvemento dun tecido socioeconómico moderno, sustentable e con futuro, nunha contorna como é o Ribeiro”, subliñou o delegado territorial.

Diante do presidente da DO Ribeiro, Juan Casares, participante no acto, o delegado territorial lembrou iniciativas como a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, impulsada pola Xunta da man do sector. Esta folla de ruta persegue potenciar os ámbitos produtivo, industrial e distribuidor do sector e outros eidos vinculados a el, como son o turismo, o patrimonio ou a paisaxe.

O gran obxectivo da Estratexia é mellorar o posicionamento dos viños galegos, aumentar a súa competitividade en mercados nacionais e internacionais e transformar, de aquí a 2026, a capacidade de xeración de valor dos territorios nos que se produce. No seu desenvolvemento xogará un papel fundamental a futura Lei da calidade alimentaria, así como a Lei de recuperación da terra agraria, para garantir a rendibilidade do sector do viño e a súa sustentabilidade, así como a remuda xeracional. Nesa liña, entre instrumentos de recuperación e reestruturacións parcelarias, xa son arredor de 35.000 hectáreas as que que están a ser mobilizadas na comunidade desde 2020, moitas delas destinadas á plantación e cultivo de vide.

Así mesmo, o delegado salientou o peso do sector vinícola galego, que agrupa máis de 10.000 viticultores e case 450 adegas, cunha superficie que supera as 8.700 hectáreas de viñedos.

Xornadas de portas abertas

Durante toda a fin de semana, do 12 ao 14 de maio, a Ruta do Viño do Ribeiro, ten programada unha ampla oferta de actividades que abranguen visitas guiadas e de balde ás adegas participantes, catas comentadas, descontos en aloxamentos e restaurantes onde poderán degustarse dous menús concibidos especialmente para esta ocasión. Como en edicións anteriores, haberá un ‘Bus do viño’ que sairá desde as principais cidades de Galicia (A Coruña, Santiago, Ourense, Vigo e Pontevedra), o sábado e o domingo, con destino a diferentes puntos do patrimonio histórico e as adegas do Ribeiro, onde se desenvolverán actividades de enoturismo especialmente deseñadas para esta iniciativa.

Outras accións destacables son: o V roteiro de sendeirismo de ‘O Camiño do viño’, rememorando o roteiro que seguían os antigos arrieros; paseos en EcoBarco polo río Miño, a fusión de gastronomía e viño no ‘Ribeiro de tapeo’, e o concerto da banda ourensá ‘En mala hora’ na Praza Maior de Ribadavia. Coa finalidade de respectar os aforos previstos, as prazas son limitadas, e todas as actividades precisan de inscrición previa para participar nelas. As entradas para o Bus do viño e algunhas das actividades, están xa á venda na web Ataquilla.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS